01/04/2013

2 de abril. Día Internacional do libro infantil


Dende o ano 1967 vense conmemorando o Día Internacional do Libro Infantil, coincidindo coa data de nacemento do escritor danés HANS CHRISTIAN ANDERSEN, autor, entre outros contos, de O parruliño feo, A sireniña, A pequena vendedora de mixtos, O traxe novo do emperador.


Mensaxe do Día Internacional do Libro Infantil
 
Lemos xuntos, ti e eu.
Vemos que as letras forman palabras
e as palabras convértense en libros
que estreitamos nas nosas mans.

 
Oímos murmurios
e ríos buliciosos nas súas páxinas,
osos que cantan
graciosas melodías á lúa.

 
Entramos en misteriosos castelos
e das nosas mans soben ata as nubes
árbores florecidas. Vemos nenas valentes que voan
e nenos que atrapan as estrelas.

 
Lemos xuntos. Ti e eu, dando voltas e voltas,
percorrendo o mundo coa alegría nos libros.

 
Poema de Pat Mora
Tradución: Concha Blanco
 
 
Escoita esta bonita canción do grupo Mamá Cabra, que se titula Con só leres un libro.