lunes, 27 de mayo de 2013

A biblioteca nas II Xornadas de atención á diversidade


Nas recentes Xornadas de formación e sensibilización sobre a atención á diversidade que se celebraron en Betanzos, organizadas polo CFR de A Coruña, a Consellería de educación, as ANPA Brigantium e O Carregal e o CEIP Vales Villamarín, estivo presente a nosa biblioteca cunha mostra dos libros que ao longo do curso empregamos para traballar sobre a diversidade.


 
Na presentación das Xornadas, en colaboración coa biblioteca do CEIP de Oza dos Ríos, repasamos cos presentes todas as actividades desenvoltas ata aquel momento.


No hay comentarios:

Publicar un comentario