31/05/2013

Visita de Xosé Neira Vilas

O pasado día 24 de maio foi un día especial para o noso colexio: recibimos a visita do escritor Xosé Neira Vilas. O autor de Memorias dun neno labrego e Espantallo amigo explicounos a súa vinculación con Betanzos, onde xa estivo varias veces. Contestou a todas as nosas preguntas de maneira que puidemos coñecer cal foi o proceso creador das dúas obras e ademais as súas opinións sobre temas que teñen que ver con rapaces e  rapazas.
Como agasallo pola súa amabilidade mostrámoslle parte do fruto do noso traballo en forma de obras de teatro e recitado de poemas da súa muller, Anisia Miranda.
Reproducimos nestes vídeos o que foi a xornada, non quixemos recortar nada.


Ao longo do curso foron moitas as actividades que se desenvolveron arredor da súa obra.