10/12/2014

3 de decembro. Día das Persoas con Discapacidade

Un ano máis, conmemoramos o Día das persoas con Discapacidade.
Este ano dúas obras centraron a nosa atención e nos axudaron a reflexionar: Las ciudades de colores e Cuerdas.
Ademais da labor de reflexión e creación arredor delas, decidimos realizar unha gran cadea que unira a todo o colexio, como símbolo de que cada un de nós é unha parte importante do entorno e que enlazados uns cos outros podemos mellorar o noso mundo.



Se premedes aquí podedes ver as cidades de cores que realizaron os nenos e as nenas de infantil.

28/11/2014

Nenos? Nenas? PERSOAS

No Vales sabemos que todos somos diferentes, temos distintos gustos, capacidades, costumes, ...
Estas diferencias son as que enriquecen a nosa sociedade e nos fan progresar.
Tamén sabemos que somos iguais, porque todos e todas somos persoas e todos/as temos os mesmos dereitos.
Estes últimos días estivemos lendo, pensando e reflexionando sobre homes e mulleres, nenas e nenos. Estas son algunhas das conclusións ás que chegamos:







24/11/2014

Premio Nacional de Educación no ensino non universitario

Ao noso colexio acaban de concederlle o "Premio Nacional a la Inclusión del Alumnado con Necesidades Educativas Especiales" co proxecto de Atención á diversidade a través da sensibilización e a formación permanente.
Sentímonos moi contentos por esta distinción porque é unha demostración de que Xuntos podemos como sinalaba o lema do Proxecto Documental Integrado que viñemos desenvolvendo nos dous últimos cursos.
Neste enlace podedes ver o proxecto completo.



21/11/2014

Novo recuncho de lectura. A biblioteca exténdese.

No colexio temos un novo recuncho para a lectura.
Está situado na entrada e pensado para que os adultos aproveiten calquera momento de espera para poder ler, porque, como di o lema das nosas mascotas: Ler é xogar, ler é disfrutar.


Ademais non debemos esquecer que os nosos nenos e nenas aprenden vendo o que nós facemos: Se ti les, eles len.

Animádevos a probalo, é cómodo e agradable.

31/10/2014

Xa temos os carnés novos

Outubro é o mes das Bibliotecas Escolares.
É un mes moi especial porque comezan as actividades na nosa biblioteca.
Nestes últimos días acudimos cos nosos compañeiros e os/as profes para que nos entregaran os carnés novos.
Tivemos que pasar varias probas para demostrar que somos uns bos usuarios da biblioteca. Superámolas todas!


24/10/2014

Poema sobre as bibliotecas

Este é un poema de Carmen Gil.
Lédeo e "xogade" con el.

LA BIBLIOTECA ESCOLAR
 
Nos encanta visitar
la biblioteca escolar:
tiene libros a montones
¡y magia por los rincones!
 
Pasean por todos lados
personajes encantados
y hay en sus estanterías
hechizos y brujerías.
 
Vive encima de la mesa
Filomena, la princesa,
que, hartita de ceremonia,
se ha ido a explorar la Amazonia.
 
Cerca del ordenador,
el pirata Nicanor
encuentra un libro precioso.
¿Hay tesoro más valioso?
 
En la pata de una silla
la bruja de pacotilla
convierte en sapo a un maestro
y encanta a diestro y siniestro.
 
Brinca y salta el hada Hilaria
junto a la bibliotecaria;
pero como es pequeñita,
no puede con la varita.
 
Un dragón hecho y derecho
baja volando del techo
y hace una pizza, feliz,
con llamas de su nariz.
 
En la biblio hay diversión,
aventura y emoción;
y, lectores y lectoras,
¡pasan volando las horas!

Día das Bibliotecas escolares

Mafalda acaba de cumprir 50 anos, tan de actualidade coma cando foi creada por Quino, que este ano recibiu o Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades.

 Esta é unha das súas reflexións:


A vos que vos parece?

17/10/2014

As mochilas vixeiras comenzan a súa andaina

Dende a biblioteca as mochilas viaxeiras chegaron ás aulas de 2º de E. Primaria para comezar a súa camiñata polas casas do noso alumnado.


As mochilas viaxeiras teñen como obxectivo fomentar a lectura en familia.
A actividade ten caracter voluntario entre as familias. Neste momento son 89 nenos e nenas os que están anotados para participar e 9 mochilas as que están de camiño.
Esperamos que disfruten dos materiais que van nelas e que o pasen moi ben escribindo ou debuxando nos cadernos dos que dispoñen para anotar opinións, comentarios, poemas, ilustracións,…



11/10/2014

As caixas viaxeiras chegan ás aulas

De novo as caixas viaxeiras chegan ás aulas.
30 caixas que conteñen 30 "tesouros" en forma de libros que a biblioteca pon a disposición de cada titoría para que nenas e nenos poidan disfrutar deles durante a Hora de Lectura.

As caixas son revisadas e actualizadas na biblioteca.


Chegan ás aulas, onde as reciben con alegría, desexando coñecer o seu contido.

Os libros saen das caixas para poder velos e lelos.


Sacádelle proveito a cada un dos tesouros!!

12/09/2014

Comeza un novo curso


En breve teredes nas aulas as Caixas viaxeiras, comezaremos as lecturas compartidas, recordaremos como se usa a biblioteca, haberá un carné novo e... algunha sorpresiña máis.

18/06/2014

Familias do mundo II

Publicamos máis traballos de investigación sobre os costumes familiares en diversos países do mundo.

Familias do mundo I

Despois de estudar como son as nosas familias preguntámonos como estarán organizadas as doutras partes do mundo e descubrimos cousas ben interesantes.
Nenas e nenos de 6º D achégannos a unha familia xaponesa e a outra rusa dun xeito moi orixinal.


(Preme nas imaxes e verás as gravacións)
 
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipvalesvillamarin/aulavirtual/mod/flashvideo/view.php?id=6956
 
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipvalesvillamarin/aulavirtual/mod/flashvideo/view.php?id=6957
 
 
Outro grupo non tivo tempo de gravar a presentación, pero deixounos un guión ben interesante sobre o pobo Tarahumara:


https://docs.google.com/viewer?a=v&pid=sites&srcid=ZGVmYXVsdGRvbWFpbnxiaWJsaW90ZWNhdmFsZXN8Z3g6MjRmNzUyM2U5ZTUyMmYxOQ

16/06/2014

Grazas, colaboradores

Os colaboradores da biblioteca posan coas súas novas camisetas, satisfeitos pola labor ben feita.

63 colaboradores, 63 soles

11/06/2014

Familias, familias, familias

Temos diferente o pelo, os ollos, o nariz, ... somos todos distintos.
Nuns lugares do mundo cómense unhas comidas e noutros outras diferentes.
E as nosas familias, son tamén diferentes?
Puxémonos a investigar e descubrimos que si, que cada unha é distinta á outra. Mirade, mirade...




10/06/2014

Alimentos do mundo

Continuamos investigando que é o que se come polo mundo adiante e aprendemos que os alimentos básicos dos diversos países son, nalgúns casos, semellantes e noutros ben diferentes.

02/06/2014

Para comer... no mundo

Presentámosvos unha recopilación de receitas de cociña de diversos países do mundo, descubrimos que o que se come no mundo é do máis diverso.
Animádevos a probar algunhas.

17/05/2014

Penélope. Xosé Mª Diaz Castro

Poema recitado por María, publicado a finais do curso pasado no blog A Maxia de aprender, administrado por 5º C:


12/05/2014

Visita de Sabela Arias Castro

A ilustradora e pintora Sabela Arias Castro visitou a nosa biblioteca para mostrar ao alumnado de 4º outro aspecto dos libros: a ilustración.


11/05/2014

Visita de Tucho Calvo

O escritor, editor e libreiro Tucho Calvo visitou a nosa biblioteca para manter un encontro co alumnado de sexto curso. A conversa xirou arredor do mundo dos libros, que el coñece tan ben.

27/04/2014

Visita de Xesús Fraga

O periodista e escritor Xesús Fraga visitou a nosa biblioteca para manter un encontro co alumnado de quinto curso. A conversa desenvolveuse nun ambiente moi tranquilo e agradable. Contoulles as súas experiencias coa escrita, dende o comezo ata o de agora.


26/04/2014

Lecturas compartidas

Os libros espalláronse por todos os recunchos do colexio para conmemorar o seu día. Compartimos lecturas porque ler en compañía gústanos moito.


20/04/2014

Día mundial do Libro

O Día 23 de abril conmemórase o Día Mundial do Libro.

E nós imos celebralo como mellor sabemos: lendo.
Lendo en compañía, que é unha maneira moi agradable de disfrutar dos libros.
Libros que van chegar a cada recuncho do colexio.

Imos comezar lendo o texto que o escritor Paco Martín quixo compartir con todos nós.

08/04/2014

E tamén... poesía para todos, todos

Nenas e nenos do CEIP Santo Paio de Abaixo (Redondela) recitan en lingua de signos o poema de Rosalía Adiós ríos, adiós fontes.


07/04/2014

Libros con pegada / libros con corazón

O día 2 de abril, Día internacional do Libro Infantil, enchemos o colexio de referencias aos nosos libros favoritos, aquí podedes ver algunha:

Libros con pegada on PhotoPeach

04/04/2014

Arrolos de salitre

O día 2, Día internacional do Libro Infantil, as nenas e os nenos de 6º de infantil acudiron á presentación do disco Arrolos de salitre, invitados pola libraría Biblos.


02/04/2014

¿Quieres conocerme? Autismo

 

Día internacional do Libro infantil

Dende o ano 1967 vense conmemorando o Día Internacional do Libro Infantil, coincidindo coa data de nacemento do escritor danés HANS CHRISTIAN ANDERSEN, autor, entre outros contos, de O parruliño feo, A sireniña, A pequena vendedora de mixtos, O traxe novo do emperador.
Celébrase para inspirar amor pola lectura e para chamar a atención sobre os libros para nenos.

http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/files/f_DILI_2014_gl.pdf

Preme na imaxe do cartel que realizou Niamh Sharkey e poderás ler a Carta aos nenos do mundo que escribiu Siobhán Parkinson.


Escoita a cantiga adicada ao LIBRO que se recolle no libro-disco Tic tac, de Pablo Díaz.

11/03/2014

Cancións para todos, todos

Escoitade e mirade a canción Todos somos capitáns.
Magín Blanco, o autor, está acompañado por nenas e nenos que a interpretan en linguaxe de signos. Unha das nenas é alumna do noso colexio.
Esta canción forma parte do libro de contos con música A nena e o grilo nun barquiño.

Recordade, XUNTOS PODEMOS.


08/03/2014

Xogos educativos

Imos levar a cabo unha recopilación de xogos educativos interesantes para ofrecerlla a todos aqueles que queiran aproveitar o tempo xogando cos ordenadores.

Fai unha selección tendo en conta:
 
1. Que se adapte á idade de 3 - 12 anos.
2. Que non sexan demasiado fáciles nin demasiado difíciles.
3. Que transmitan valores positivos: cooperación, respecto, tolerancia, igualdade, ...
4. Que potencien destrezas coma o vocabulario, a comprensión lectora, a agudeza visual, a capacidade de atención e concentración, conceptos matemáticos ou doutras materias, ...
 
Podes consultar cos teus pais e/ou cos teus profesores.
 
Fainola chegar á biblioteca, a través dos profesores, entregándoa na bilbioteca ou escribindo un comentario nesta entrada.
 
O equipo de biblioteca revisará os que propoñades e faraos públicos.
Esperamos a vosa participación.
 

 

28/02/2014

Rosalía pequeniña

Rosalía pequeniña
soñaba con ser pirata.
A pequena Rosalía
escribía na nosa fala.
A neniña silandeira
...
Así comeza a canción que interpreta Uxía no libro-disco Rosalía pequeniña e así a ilustraron os nenos e nenas de infantil.


24/02/2014

Día de Rosalía. 2014

O pasado 21 de febreiro conmemorouse en Betanzos o Día de Rosalía cun recital poético-musical organizado polo concello de Betanzos e a A.C. Eira Vella.
Dende a biblioteca colaboramos coa organización do acto e propiciamos a participación do noso alumnado, que recitou e cantou poemas de Rosalía.
Preme en cada título e verás o vídeo:

14/02/2014

Día de Rosalía

O 24 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía, coincidindo coa data na que naceu no ano 1837.
Mirade esta presentación para coñecer algo da vida e da obra da nosa gran escritora:



En datas recentes atopáronse tres poemas da autora que eran descoñecidos, neste podcast do programa de RNE1 Esto me suena podedes escoitar a Mª Jesús Lamas explicándoo:

Participamos na gala inaugural da radio da USC

O colexio creou un programa de radio que presentou ao Certame de radio escolar a prol da diversidade cultural, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela (USC).
Fomos seleccionados e o premio consistiu nunha visita á Facultade de Ciencias da Comunicación para participar na gala coa que inauguraron a radio da USC.

Visitamos a radio da USC on PhotoPeach

12/02/2014

Creamos circuitos eléctricos

Nenas e nenos de 6º explican como crearon circuitos eléctricos, utilizando a información que tiveron ao alcance e aplicando técnicas que aprenderon.
Aquí tedes unha mostra, para ver máis premede neste enlace.

10/02/2014

Que podemos facer nós pola PAZ?

Nenas e nenos, profesoras e profesores buscamos respostas a esta pregunta, aquí podedes ver algunha:

(prometemos cumplir o escrito)



Podedes ver os abecedarios pola PAZ no blogue Non te cortes coa lingua.

27/01/2014

2000 pombas e 14 cantigas pola PAZ

Esta é a proposta do colexio para conmemorar o Día da Paz e Non-Violencia.

2000 pombas.
Con elas confeccionaremos:
  • Un abecedario de palabras pola PAZ.
  • Comprometerémonos coa Paz e a convivencia no noso entorno reflexionando e respondendo á pregunta Que podemos facer nós pola PAZ?
14 cantigas.
Música variada e diversa, como somos nós. Para escoitar, ler, pensar e dialogar sobre o que hai de malo no mundo, e, sobre todo, o bo e maravilloso que temos e o que aínda podemos conquerir.
E, porque non, para botar un baile e disfrutar.
 
Se queredes escoitar algunas, ide ao blog Non te cortes coa Lingua.

E lembrade que tamén correremos a I Carreira Solidaria Vales  Villamarín.

13/01/2014

Os colaboradores entran en acción

63 nenas e nenos de  5º de E.P. forman o grupo de alumnos colaboradores da biblioteca, que, en parellas, desenvolven moi ben as súas tarefas:
  • Acompañar ao alumnado do 1º ciclo na travesía cara a biblioteca.
  • Axudar no cumprimento das normas.
  • Colaborar cos demais, especialmente co alumnado de 1º ciclo, a buscar libros apropiados á súa idade e gustos.
  • Colocar e axudar a colocar correctamente os libros nos andeis.
  • Retirar os libros deteriorados.
  • Participar no taller de reparación de libros deteriorados, denominado Hospital de libros.
Moitas grazas a todos.