28/02/2014

Rosalía pequeniña

Rosalía pequeniña
soñaba con ser pirata.
A pequena Rosalía
escribía na nosa fala.
A neniña silandeira
...
Así comeza a canción que interpreta Uxía no libro-disco Rosalía pequeniña e así a ilustraron os nenos e nenas de infantil.


24/02/2014

Día de Rosalía. 2014

O pasado 21 de febreiro conmemorouse en Betanzos o Día de Rosalía cun recital poético-musical organizado polo concello de Betanzos e a A.C. Eira Vella.
Dende a biblioteca colaboramos coa organización do acto e propiciamos a participación do noso alumnado, que recitou e cantou poemas de Rosalía.
Preme en cada título e verás o vídeo:

14/02/2014

Día de Rosalía

O 24 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía, coincidindo coa data na que naceu no ano 1837.
Mirade esta presentación para coñecer algo da vida e da obra da nosa gran escritora:



En datas recentes atopáronse tres poemas da autora que eran descoñecidos, neste podcast do programa de RNE1 Esto me suena podedes escoitar a Mª Jesús Lamas explicándoo:

Participamos na gala inaugural da radio da USC

O colexio creou un programa de radio que presentou ao Certame de radio escolar a prol da diversidade cultural, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela (USC).
Fomos seleccionados e o premio consistiu nunha visita á Facultade de Ciencias da Comunicación para participar na gala coa que inauguraron a radio da USC.

Visitamos a radio da USC on PhotoPeach

12/02/2014

Creamos circuitos eléctricos

Nenas e nenos de 6º explican como crearon circuitos eléctricos, utilizando a información que tiveron ao alcance e aplicando técnicas que aprenderon.
Aquí tedes unha mostra, para ver máis premede neste enlace.

10/02/2014

Que podemos facer nós pola PAZ?

Nenas e nenos, profesoras e profesores buscamos respostas a esta pregunta, aquí podedes ver algunha:

(prometemos cumplir o escrito)



Podedes ver os abecedarios pola PAZ no blogue Non te cortes coa lingua.