14/05/2015

Roteiro con Alfredo Erias

Nenas e nenos de 4º foron de roteiro por Betanzos acompañados por Alfredo Erias, director do Museo de As Mariñas e da biblioteca municipal.
Alfredo é o autor do libro titulado En Betanzos, a súa lectura motivou esta actividade.
Así nolo contan:


Grazas a todos os que a fixeron posible: Concello e Protección Civil de Betanzos, parroquia de Sta. María, libraría Biblos e, por suposto, Alfredo Erias.

03/05/2015

Lecturas compartidas en infantil

Nas datas próximas ao Día do Libro os colaboradores da biblioteca acudiron á sala de infantil para acompañar aos máis pequenos no descubrimento da súa nova biblioteca e compartir libros. 


Anímate a ler

Se aínda non te deches conta do divertido e interesante que é ler, mira o que din os nenos e nenas de 4º A:

e os de 2º D:

02/05/2015

Encontro con Tucho Calvo

Para celebrar o Día do Libro, Tucho Calvo visitounos e mantivo un encontro moi interesante co alumnado de 3º.