24/05/2017

RESOLUCIÓN VOLUNTARIADO DE LECTURA

O día 22 de maio saiu publicada a Resolución sobre a convocatoria de  Biblotecas Escolares Solidarias e a biblioteca do noso colexio foi  unha das 8  seleccionadas "en función do interese e calidade das actividades recollidas na memoria". Ditas actividades son As Lecturas Compartidas e os Colaboradores da Biblioteca levadas a cabo polos nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria.


LECTURAS COMPARTIDAS on PhotoPeach

Como agasallo, aparte de diploma e camiseta, contaremos cuns obradoiros a cargo de Xandobela o día 16 de xuño no colexio para os alumnos de 6º.
Parabéns a todos os alumnos de 5º e 6º e, por suposto, ós seus apadriñados e cómplices da actividade de Lecturas Compartidas, as alumnas e alumnos de 1º e 2º.
Todo non sería posible sen as súas titoras e titores .

22/05/2017

EXPOSICIÓN DESCUBRINDO AS CORES DO MUNDO. UNHA VIAXE EN GLOBO

A vindeira semana dará comezo a exposición "Descubrindo as cores do mundo. Unha viaxe en globo" na que participarán todo o alumnado de Educación Infantil e Primaria do Colexio e das unitarias adscritas de Coirós. Máis de 1000 nenos e nenas que, ó longo dunha semana, irán descubrindo o traballo feito polos compañeiros sobre Nubaris, Exipto, Italia, Brasil, Betanzos, Venezuela, China, Marrocos, Perú e EEUU para  axudar a Leo a preparar a súa viaxe en globo por todos eses lugares do mundo.
Ó longo de todo o curso investigaron sobre os países e toda esa información plasmarase nos corredores de cada nivel e resumirase nun tríptico.
Todas os cursos visitarán todos os países e  serán guiados polos alumnos do nivel correspondente.
Esta actividade desenvolveráse ó longo de 5 días da seguinte forma:

Día – cursos que guían
9:15 a 10:45
Luns – E
29 de maio
Xoves – D
1 de xuño
Venres– B
2 de xuño
Luns – A
5 de xuño
Martes – C
6 de xuño
Cursos que visitan
1ºB
1ºA
1ºC
1ºD
1ºE
Cursos que visitan
2ºB             
2ºA
2ºC
2ºD
2ºE
Cursos que visitan
3ºB
3ºA
3ºC
3ºD
3ºE
Cursos que visitan
4ºB
4ºA
4ºC
4ºD
4ºE
Cursos que visitan
5ºB
5ºA
5ºC
5ºD
5ºE
Cursos que visitan
6ºB
6ºA
6ºC
6ºD
6ºE
Cursos que visitan
5 ANOS
5 ANOS
5 ANOS
5 ANOS
4 ANOS
Cursos que visitan
4 ANOS
4 ANOS
4 ANOS
5 ANOS
COIROS
Cursos que visitan
3 ANOS
3 ANOS
3 ANOS
3 ANOS

17/05/2017

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Carlos Casares é o autor homenaxeado neste ano.
Toda a información sobre el e as súas obras, recursos, actividades podédela atopar no blogue do Equipo de Dinamización e Normalización lingüística  Non te cortes coa lingua.

08/05/2017

BALLET, "CHARLIE E A FÁBRICA DE CHOCOLATE"

O venres 28 tivemos o pracer de desfrutar da representación de varios capítulos da obra de Roald Dahl, gracias a Danzarte que, un ano máis, nos agasallaron coa interpretación en forma de ballet desta obra.



Descubrimos  as películas, a música e a danza que inspiraron o libro de Roal Dahl.

PINOCHO

 O pasado xoves 27 asistimos a un marabilloso concerto no Conservatorio Superior Da Coruña, onde escoitamos a obra sinfónica Pinocho de Ferrer Ferrán, basada no libro de Carlo Collodi. 



Descubrimos que os libros inspiran cine e tamén Música.

LEOTOLDA

Despois de ler o conto de Olga de Dios, LEOTOLDA
 as nenas e nenos da nosa escola imaxinaron así á protagonista : 



05/05/2017

SEGUEN AS LECTURAS COMPARTIDAS

Pasado xa o ecuador do curso, aprézase unha gran diferenza nas relacións feitas entre os nenos e nenas nas lecturas compartidas.
Unha actividade que medra cada día!

SEGUEN AS LECTURAS COMPARTIDAS on PhotoPeach

04/05/2017

EMILIO PITA. HISTORIA VIVA DO GLOBO DE BETANZOS

Durante dúas semanas Emilio Pita, encargado de manter viva a tradición do globo de San Roque de Betanzos, veu a compartir cos nenos, nenas e profes de primaria a súa experiencia, coñecemento e historia.
Contounos as orixes do globo, como o seu avó, Claudino Pita, alá no 1875 fixo o primeiro globo de papel en honor a San Roque para cumplir unha promesa, como a tradición foi pasando de pais a fillos e desvelounos algúns segredos do globo.
Descubrimos como se fai, con que se pega, con que se pinta, onde se fai, quen o fai, as súas medida, o nome das súas partes...  Outra acepción para chourizos, chicho, cestillo, mazo e xuramento, e algunha nova palabra coma "pachuzos".
Moitas grazas pola paciencia e o tempo adicado!!



03/05/2017

BIBLIOPATIO

Dende hoxe, 3 de maio, e grazas a un acordo entre Leo e Mero, todos poderedes disfrutar dun recuncho de lectura no patio de primaria.
Neste recuncho atoparedes unha caixa chea de libros e revistas para disfrutar do pracer de ler ó aire libre. Os libros non están dispoñibles en préstamo e hai que devolvelos á caixa o remate do recreo. Todos levan un debuxo de Mero e Leo para que sexan doados de identificar.
Animádeos a descubrilo!!