lunes, 17 de diciembre de 2018

UN DÍA CALQUERA...

O equipo da Biblioteca quere dar as grazas a todas e todos os que acudides a nosa Biblioteca porque vós facedes que todo teña sentido.
Grazas!!








Todo isto sucedeu no recreo do venres 14 de decembro!!

jueves, 13 de diciembre de 2018

OBRADOIROS DE NADAL

Seguen, con moito éxito, os obradoiros de adornos de Nadal na Biblioteca. Están a facer cousas tan lindas coma estas.





RECOMENDACIÓNS NADAL

Nestas datas un bo libro sempre é un agasallo imprescindible para deixar voar a imaxinación.
nnn


O equipo da biblioteca vos desexa unhas felices festas!

lunes, 10 de diciembre de 2018

AS MENSAXES DAS NENAS E NENOS DE PRIMARIA

Ó longo da semana pasada, nenas e nenos de primaria escribiron as súas mensaxes e depositáronas na biblioteca, tras a lectura da historia de Wonder e moitas outras que se estiveron expostas.
Mensaxes nas que recollen as súas reflexións sobre a discapacidade e os seus desexos.




lunes, 3 de diciembre de 2018

3 DE DECEMBRO EN INFANTIL

AS NENAS E NENOS DE INFANTIL COÑECERON A HISTORIA DE WONDER E DEIXARON MENSAXES POSITIVAS NA CÁPSULA ESPACIAL QUE APARECEU NA SÚA BIBLIOTECA,  COA ILUSIÓN DE QUE CHEGUEN "ALTO, ALTO....ATA PLUTÓN" R.J PALACIO.

3 DE DECEMBRO. DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Para traballar nesta data dende o D.O do centro propúxose a lectura da historia de Wonder, ben na edición completa para os máis maiores, La lección de August ou ben na máis sinxela para os máis peques, Wonder. Todos somos únicos. Ambos de R.J Palacio
Agárdanvos na biblioteca!!






                                         

Outros libros que podedes atopar na nosa biblioteca: 








OBRADOIROS DE ADORNOS DE NADAL

Durante todo o mes de Nadal desenvolveranse na biblioteca uns obradoiros de elaboración de adornos de Nadal feitos con material de refugallo.
Os obradoiros organízanos as mestras Belén e Ana.
Están enmarcados dentro das actividades de Voz Natura e na idea, de facer da Biblioteca un espazo Maker e centro da vida do noso cole.

lunes, 26 de noviembre de 2018

jueves, 22 de noviembre de 2018

ESPAZO DE PARTICIPACIÓN E REFLEXIÓN

Con motivo da conmemoración do día contra a Violencia de Xénero e baixo o lema BO TRATO- MAL TRATO, a biblioteca creou un recuncho para mirar e reflexionar sobre distintas realidades da muller e invitou ós máis maiores a expresar a súa opinión.





lunes, 19 de noviembre de 2018

sábado, 17 de noviembre de 2018

25 de NOVEMBRO. BO TRATO- MAL TRATO

Dende os diferentes equipos do noso colexio propóñense diversas actividades para traballar pola igualdade de dereitos entre homes e mulleres baixo o lema BO TRATO-MAL TRATO.
Recoméndase a lectura e análise de dous libros:

  •  "Artur e Clementina" de Adela Turin e Nella Bosnia
  •  "Xela volveuse vampira" de Fina Casalderey e Noemi López
Pero a  biblioteca pon a disposición de toda a comunidade unha  nova e máis ampla selección de libros e recursos:

Así como recursos doutros anos: 


Todos estes libros espéranvos na biblioteca!!

LIBROS A EITO

As alumnas e alumnos de 6ºc están a disfrutar da lectura do libro "El asesinato del profesor de matemáticas" de Jordi Sierra I Fabra, grazas ó servizo que pon a Asesoría de Bibliotecas de Libros a Eito.
Os libros chegáronnos grazas a un intercambio coa biblioteca do CPI San Vicente da Baña .

viernes, 9 de noviembre de 2018

martes, 23 de octubre de 2018

Día das Bibliotecas



“Pregúntome se as estrelas se iluminan co fin de que cada un poida atopar a súa”


E se pasara o mesmo cos libros?
Cal é o libro que brila na nosa biblio para ti?                                                           
Durante a vindeira semana acode a biblioteca nos recreos e cóntanos cal é ese libro, tamén nos podes enviar a túa gravación de vídeo ó seguinte enderezo bibliotecavales@gmail.com ou a túa titora ou titor.

SAMAIN

Na biblioteca fixemos unha selección de libros relacionados coa temática do Samain. 
Nos recreos podedes vir disfrutalos e pasar un ratiño de medo léndoos ás escuras na "Casiña do Terror".



lunes, 22 de octubre de 2018

ARRANCA O NOVO CURSO

Comezamos un novo curso coas actividades da animación e fomento da lectura que vimos desenvolvendo, de forma sistemática e constante, na nosa biblioteca.

Lecturas Compartidas: actividade cunha periodicidade quincenal entre nenos de 1º e 5º , por unha banda, e 2º e 6º, pola outra.

Caixas viaxeiras: Xa están a pique de chagar a todas as aulas as 30 caixas viaxeiras cuns 30 libros cada unha. Uns 900 libros directos da biblioteca ás vosas aulas!

Mochilas viaxeiras: Xa están listas as 20 mochilas para viaxar ás familias  das alumnas e alumnos de 2º e 3º. Van cheas de libros de diferentes tipos, música, DVDs,...

Formación de usuarios: Inicíaronse esta semana as actividades de formación de usuarios,  que se desenvolverán ata o 31 de outubro. Participará todo o alumnado de Primaria e se lles fará entrega do carné deste ano.

viernes, 22 de junio de 2018

LECTURAS COMPARTIDAS 1ºB e 5ºC

Para rematar as Lecturas Compartidas, as nenas e nenos de 1ºB agasallaron aos seus compañeiros de 5º C coa lectura dramatizada do conto "¿Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa?" de Raquel Díaz Reguera.
Resultado de imagen de hay algo mas aburrido que ser una princesa rosa


RETO DE ROBÓTICA

As nenas e nenos de 1º tiveron que superar un reto  coa axuda dun Mboot para conseguir que Leo acadase descifrar unha frase medieval.



miércoles, 20 de junio de 2018

LECTURAS COMPARTIDAS

Seguen sucedéndose as actividades para pechar as Lecturas Compartidas. Nesta ocasión foron as alumnas e alumnos de 6ºB que despedíronse dos seus compañeiros de lectura de 2º B durante estes dous cursos .
Dramatizaron o conto " A min non me comas " de Margarita Mazo da editorial OQO.


martes, 12 de junio de 2018

FINALIZAN AS LECTURAS COMPARTIDAS

Rematou a actividade de Lecturas Compartidas dunha forma moi creativa e participativa por parte dalgúns cursos que fixeron actividades novas coma crear un Kamishibai, crear un conto e representalo con títeres, inventar unha historia por parellas, narrar a historia do Rei Arturo os peques de 1º... e algunhas máis que virán.

viernes, 4 de mayo de 2018

INTERCAMBIO DE LIBROS

O I Intercambio de libros do noso colexio desenvolveuse con éxito ó longo desta semana.
No seguinte vídeo podedes ver un resumo da experiencia. Agardamos poder seguir repetíndoa e mellorándoa.

lunes, 23 de abril de 2018

DÍA DO LIBRO CON RAQUEL QUEIZÁS

Para celebrar o día do Libro contamos coa visita de Raquel Queizás que, con Ruta Propia, achegounos a figura de Mª Victoria Moreno, autora homenaxeada este ano o día das Letras Galegas.
Un pracer, coma sempre, e un luxo a súa presenza na nosa biblioteca grazas o servicio de Normalización Lingüística do Concello de Betanzos.




miércoles, 18 de abril de 2018

DÍA DO LIBRO. I INTERCAMBIO DE LIBROS

Para conmemorar o día do Libro imos celebrar o I Intercambio de libros do CEIP Francisco Vales Villamarín.
Para participar na experiencia só hai que traer da casa un libro en bo estado  polo que se recibirá un VALE.



Os libros recolleranse do 23 ó 27 de abril  e iránse colocando na aula de Robótica clasificados por tres tramos de idades (6-7 anos, 8-9 anos e 10-12 anos).
Do 30 de abril ao 4 de maio os alumnos e alumnas acudirán coas titoras e titores a cambiar o vales por o libro que desexen.
Agardamos que desfrutedes da actividade.



FANTASÍA + MEMORIA = IMAXINACIÓN
Antonio Reigosa

martes, 20 de marzo de 2018

DEPENDE DE LOS 2

Mirade que bonito proxecto dos centros CRA Alto Gállego y CEIP Puente Sardas (Huesca), para traballar a coeducación.


jueves, 8 de marzo de 2018

ASÍ NOS IMAXINASTES

Así imaxinástes as persoas do xogo. Todas eran mulleres e hai algúns datos sorprendentes que se prestan a reflexionar.
PERSOA 1: o 62% debuxáchedela pensando que era un  home é o 39% muller
PERSOA 2: o 91% debuxáchedela coma home e o 9 % coma  muller
PERSOA 3: o 40% debuxáchedela coma home e o 60%coma muller
PERSOA 4: o 46% debuxáchedela coma home e o 54% coma muller

martes, 6 de marzo de 2018

SOLUCIÓN XOGO

Nesta entrada podedes descubrir quen son as persoas que tivemos que IMAXINAR. 
Acertástedes?
Agardábades que todas foran mulleres?


NOVIDADES MUSICAIS

DESCUBRINDO OS MBOTS


O noso colexio foi seleccionado para participar no programa de innovación educativa " Introdución á robótica educativa en primaria".
Así, tras a formación dos mestres, as alumnas e alumnos de 5º comezaron, no mes de febreiro, a descubrir os Mbots na biblioteca da man do profe Juan.
Nesta primeira sesión coñeceron as partes dos robots e fixeron unha aproximación o programa MBlock.
A partires de agora poderán practicar nos recreos, os martes e xoves, ou nas súas casas.
Iremos mostrando o que somos capaces de facer...





domingo, 4 de marzo de 2018

miércoles, 28 de febrero de 2018

MATERIAIS PARA TRABALLAR O DÍA DA MULLER

No seguintes posters interactivos podedes atopar libros e recursos para traballar no día Internacional da muller e, especialmente, tódolos días. 



OS MAIS PEQUENOS PODEREDES DESCUBRIR A HISTORIA DUNHA MULLER DA IDADE MEDIA,  "LA DAMA DE ARINTERO" A TRAVÉS DOS LUNNIS EN CLAN TV


lunes, 26 de febrero de 2018

XOGAMOS

O rato Leo enviou unha carta a todas as aulas de Primaria, animándo as nenas e nenos a descubrir a catro persoas que viviron na Idade Media.
A través dunha breve biografía teñen que IMAXINAR  como eran esas persoas e debuxalas. 
O 8 de marzo teremos as solucións!!

1 IMAXÍNAME:
Nacín en Armea (Coirós).
Os meus pais foron Pedro Eanes de Guimaráns e Azenda Pelaez.
Traballaba na Corte na época de Alfonso X “O Sabio” e tiña un soldo.
Tocaba varios instrumentos musicais, bailaba e cantaba.
Practicaba tiro con besta e sabía xogar ós dados.
Participei nunha das Cruzadas (Guerras medievais).
Nunca casei.
O meu nome aparece en varias cantigas.
Deixei desexo de que ó morrer me soterrasen no mosteiro de Sobrado dos Monxes.



2 IMAXÍNAME:
Nacín en Pobra do Brollón (Lugo) no século XIV.
Encabecei unha protesta contra o Obispo de Lugo, Pedro López de Aguiar, o 18 de xuño de 1386, polo abusivo dos seus  impostos, porque eran tan altos que a xente non os podía pagar.
Acusáronme da morte do seu maiordomo.
Tiven que dar as miñas posesións e 1000 maravedíes á Igrexia.

 
  
3 IMAXÍNAME:
Nacín en Salerno en 1110.
Estudei medicina na Universidade laica de Salerno.
Escribín o primeiro tratado sobre a saúde das mulleres durante o embarazo e o parto. O meu traballo de investigación foi tan importante que aínda se segue hoxe en día.
Moita xente dudou de que eu fora capaz de escribir os meus libros.
Traballei na Universidade dando clase de mediciña.
Morrín en Salerno en 1160.

 
4 IMAXÍNAME:
Nacín o 22 de abril de 1451 en Castela.
Os meus pais foron Isabel de Portugal e Juan II de Castela.
En 1474 comecei a reinar, pero tiven que gañar unha guerra civil contra os que non querían que reinara. Vencín na Batalla de Toro.
Durante o meu reinado alonxei ós nobres do poder, mellorei administración e contas. Quixen que todos se convertisen ó catolicismo, expulsei ós xudeos e expulsei ós árabes da Península.
Apoiei a Cristobal Colón na súa aventura.
Reinei durante 30 anos.
Morrín o 26 de novembro de 1504.

martes, 20 de febrero de 2018

NOVAS COLECCIÓNS

Na biblioteca xa tendes á vosa disposición 3 novas coleccións con 26 exemplares cada unha, para que as poidades ler todos xuntos nas vosas aulas.
Agardamos que as disfrutedes!
Vinde descubrilas!!

lunes, 19 de febrero de 2018

EN BUSCA DEL BESO

Os rapaces e rapazas de 6ºA sorprenderon ós seus compañeiros de 2ºC, coa representación do conto "En busca del beso"de David J. Melling
Así de ben o fixeron: