Con motivo da conmemoración do día contra a Violencia de Xénero e baixo o lema BO TRATO- MAL TRATO, a biblioteca creou un recuncho para mirar e reflexionar sobre distintas realidades da muller e invitou ós máis maiores a expresar a súa opinión.
Dende os diferentes equipos do noso colexio propóñense diversas actividades para traballar pola igualdade de dereitos entre homes e mulleres baixo o lema BO TRATO-MAL TRATO. Recoméndase a lectura e análise de dous libros:
"Artur e Clementina" de Adela Turin e Nella Bosnia
"Xela volveuse vampira" de Fina Casalderey e Noemi López
Pero a biblioteca pon a disposición de toda a comunidade unha nova e máis ampla selección de libros e recursos:
Así como recursos doutros anos: Todos estes libros espéranvos na biblioteca!!
As alumnas e alumnos de 6ºc están a disfrutar da lectura do libro "El asesinato del profesor de matemáticas" de Jordi Sierra I Fabra, grazas ó servizo que pon a Asesoría de Bibliotecas de Libros a Eito.
Os libros chegáronnos grazas a un intercambio coa biblioteca do CPI San Vicente da Baña .