20/12/2020

NOVIDADES. NADAL

 Aproveitando que imos gozar dunhas semanas especiais para descansar, queremos recomendarvos algún libro para acompañarvos neste tempo e sempre.

Todos os libros, que vos amosamos e recomendamos, foron chegando á nosa biblioteca ó longo deste trimestre (algúns á de Infantil e outros á de Primaria). Agárdavos na biblioteca!!!


18/12/2020

15/12/2020

BIBLIOFEIRA. 16 DE NADAL

 Esta última BIBLIOFEIRA ten o NADAL como tema. 

Agardamos que vos gusten.


Sobre o Nadal... de bibliotecavales

10/12/2020

VENRES DE HISTORIAS. CUENTOS EN VERSO PARA NIÑOS PERVERSOS

 Hoxe, da man das rapazas e rapaces de 6ºE, achegámonos  a unha versión de Carapuchiña Vermella, recollida en CUENTOS EN VERSO PARA NIÑOS PERVERSOS de Roald Dahl.

Moitas grazas pola vosa xenial interpretación, adaptada a tempos de COVID. 






02/12/2020

VENRES DE HISTORIAS. 4 DE NADAL

 Convidámosvos a un VENRES DE HISTORIAS distinto. 

O 3 de decembro de 2020, é o Día Internacional das persoas con Discapacidade e aproveitando esta data invitámosvos a ver dúas curtas tal e como as verían as persoas cegas; a través dunha AUDIO DESCRICIÓN. 

Apagade a pantalla, pechade os ollos e vede (con outra mirada) as curtas de hoxe: EL REGALO de Jacob Frey e PIP UNIVERSIDAD CANINA de Bruno Simoes.






VENRES DE HISTORIAS . NADAL

 Neste mes tan especial preparamos uns VENRES DE HISTORIAS que agardamos vos fagan pensar, rir, reflexionar, medrar e ser cada día mellores.



30/11/2020

BIBLIOFEIRA. 1 DE NADAL

 Nesta primeira BIBLIOFEIRA do mes de NADAL, fixemos unha selección de libros que nos axudan a descubrir a DIVERSIDADE, a coñecela e valorala coma unha fonte de riqueza e aprendizaxe.



Clica aquí para velo en grande día das persoas con discapacidade 2020 de bibliotecavales

25 NOVEMBRO .TRABALLOS

 Premendo na seguinte imaxe podedes acceder a algúns dos traballos feitos polos distintos cursos.






Copia de Rosa Colorido 3D Ilustrado Aprendizaje a Distancia Eventos e Interés Especial Presentación de bibliotecavales

VENRES DE HISTORIAS. EDUCACIÓN INFANTIL.

 Os VENRES DE HISTORIAS tamén continuaron na biblioteca de Educación Infantil ó longo do mes de novembro. 

Clicando na imaxe poderedes velo.



26/11/2020

VENRES DE HISTORIAS. CORRE, CORRE CABACIÑA

 Hoxe, da man de Diego de 6º B, chega ó VENRES DE HISTORIAS o conto " Corre, corre cabaciña" de Eva Mejuto. 

Gracias polo teu traballo!!

Sabedes que podedes atopar o conto na biblioteca.






23/11/2020

XEOGRAFÍAS LECTORAS

 Cando lemos contos, poesías, teatro, sempre imaxinamos onde sucede o que estamos a ler. Viaxamos coa imaxinación a ese lugares, a esas "Xeografías lectoras". Os nenos e nenas do cole así nolo demostran coas súas bonitas ilustracións en "Debúxame un conto" e "debúxame unha poesía".



Debúxame un conto de bibliotecavales

19/11/2020

VENRES DE HISTORIAS. PURL

Neste Venres de Historias, convidámosvos a pensar e reflexionar da man de PURL, curtametraxe escrita e dirixida por Kristen Lester

E tí.....

Quen serías?

Que farías?