O 14 de outubro, celebramos o Día das Escritoras, unha xornada dedicada a recoñecer e reivindicar o legado de tantas mulleres que ao longo da historia deron voz ao seu pensamento, á súa cultura e ás súas experiencias, especialmente desde os espazos periféricos e o mundo rural. Esta iniciativa, impulsada pola Biblioteca Nacional de España, FEDEPE e a Asociación Clásicas e Modernas, con apoio de ACE e CEDRO, chega á súa IX Edición baixo o lema "A periferia da periferia: Mulleres que miraron ao mundo rural", unha chamada a mirar e valorar as escritoras que documentaron e conservaron a vida, os sentimentos e a cultura do campo.
Para render homenaxe a escritoras como Rosalía de Castro, Concha Espina, Dolores Medio, Mariluz Escribano, Margarita Nelken, Gabriela Mistral, María Zambrano ou Santa Teresa de Jesús, e a tantas outras figuras anónimas que nunca tiveron a oportunidade de ver recoñecido o seu traballo, desde a nosa biblioteca escolar preparamos unha selección especial de obras de teatro escritas por mulleres que están dispoñibles para todas e todos vós.
Animamos a toda a comunidade educativa a leer tearto escrito por mulleres nesta celebración e a descubrir ou redescubrir as historias que moitas mulleres deixaron como legado.
Celebremos xuntos o talento feminino e fagamos que a voz das escritoras resoe, desde a periferia ata o corazón das nosas escolas.