29/10/2026

UN VENRES DE HISTORIAS DE MEDO !


Mañá, 30 de outubro, celebramos o Samaín no noso colexio e, como non podía ser doutro xeito, a Biblioteca de Leo e Mariña súmase á festa cun Venres de Historias moi especial, cheo de contos, música e un chisquiño de misterio!  
Fantasmas, historias e música para celebrar un Samaín inesquecible!








 

22/10/2026

Un novo Venres de Historias cheo de contos e música!

Este venres, 23 de outubro, a Biblioteca de Leo e Mariña volve abrir as súas portas no recreo para compartir un momento moi especial!

Anxa, Xana, Iris e Estela, de 4.º E farannos gozar coa historia de Cocorico, un conto cheo de tenrura e emoción.Vega, de 6.º E , sorprenderanos coa súa gaita interpretando a peza Meira. Dúas actuacións e moitas ganas de compartir historias, música e ilusión!

Animádevos a vir,  escoitar e gozar! E lembrade que podedes seguir anotándovos para participar nos próximos Venres de Historias. Agardámosvos na biblioteca!

15/10/2026

Celebramos o Día das Bibliotecas Escolares coa ANPA Brigantium !

      Achégase o 24 de outubro, Día das Bibliotecas, e a ANPA Brigantium convídanos a celebralo cunha iniciativa que nos encanta: un concurso de debuxo inspirado nos libros favoritos do noso alumnado!

    Familias, animade os vosos pequenos artistas a participar! Só precisan escoller un libro que lles apaixone e deixar voar a imaxinación. 

    Grazas, ANPA Brigantium, por axudarnos a facer medrar o amor polos libros!

Os venres teñen algo especial na nosa biblioteca !

 Na Biblioteca de Leo e Mariña seguimos abrindo as portas á imaxinación cos nosos queridos VENRES DE HISTORIAS, un espazo no que os libros cobran vida, as palabras emocionan e o talento do noso alumnado se converte no verdadeiro protagonista.

Este venres, 16 de outubro, Elsa e Pablo, de 6.º E, sorprenderannos coa lectura do conto De qué color es un beso?, de Rocío Bonilla. Pero iso non é todo! Tamén compartirán connosco dous poemas da súa propia creación: «Mar» e «A praia». 

E a música tamén terá o seu momento! Antía, de 5.º B, sentará ao piano para interpretar A historia interminable e encher a nosa biblioteca de melodías.

Pero sabedes que é o mellor dos Venres de Historias? Que vós tamén podedes ser protagonistas!

Gústache contar contos? Escribes poemas? Tocas algún instrumento? Tes unha historia que che encantaría compartir? Pois este é o teu momento! 

Leo e Mariña están desexando descubrir novos contadores e contadoras de historias, poetas, músicos e músicas. Non importa se é a primeira vez que participas: o importante é ter ilusión e ganas de compartir.

Anímate a participar nos próximos Venres de Historias!

E se prefires escoitar, tamén te necesitamos! Porque unha boa historia sempre merece un público con ganas de soñar.