Amosando publicacións coa etiqueta Venres de Historias 16-10-2026. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Venres de Historias 16-10-2026. Amosar todas as publicacións

15/10/2026

Os venres teñen algo especial na nosa biblioteca !

 Na Biblioteca de Leo e Mariña seguimos abrindo as portas á imaxinación cos nosos queridos VENRES DE HISTORIAS, un espazo no que os libros cobran vida, as palabras emocionan e o talento do noso alumnado se converte no verdadeiro protagonista.

Este venres, 16 de outubro, Elsa e Pablo, de 6.º E, sorprenderannos coa lectura do conto De qué color es un beso?, de Rocío Bonilla. Pero iso non é todo! Tamén compartirán connosco dous poemas da súa propia creación: «Mar» e «A praia». 

E a música tamén terá o seu momento! Antía, de 5.º B, sentará ao piano para interpretar A historia interminable e encher a nosa biblioteca de melodías.

Pero sabedes que é o mellor dos Venres de Historias? Que vós tamén podedes ser protagonistas!

Gústache contar contos? Escribes poemas? Tocas algún instrumento? Tes unha historia que che encantaría compartir? Pois este é o teu momento! 

Leo e Mariña están desexando descubrir novos contadores e contadoras de historias, poetas, músicos e músicas. Non importa se é a primeira vez que participas: o importante é ter ilusión e ganas de compartir.

Anímate a participar nos próximos Venres de Historias!

E se prefires escoitar, tamén te necesitamos! Porque unha boa historia sempre merece un público con ganas de soñar.