27/03/2021

DÍA INTERNACIONAL DO TEATRO

 O Día Mundial do Teatro celébrase o 27 de marzo de cada ano e foi creado polo Instituto Internacional do Teatro (ITI) no ano 1961. O seu principal obxectivo é dar a coñecer o que representa o teatro para a cultura a nivel mundial.




Na Biblioteca tendes onde escoller. 
Anímádevos a ler e representar unha obra de teatro. 






25/03/2021

VENRES DE HISTORIAS. PASCUA

 As compañeiras e compañeiros de 6ºE preparáronnos esta representación do COELLO PETO, unha historia para irnos achegando cun soriso á PASCUA.

Grazas ás rapazas e rapaces de 6º E por seguir compartindo historias con todos nós.

Feliz e merecido descanso á todos.

Vémonos á volta da Pascua!!



 

21/03/2021

DÍA INTERNACIONAL DA NARRACIÓN ORAL

O Sábado, día 20 conmemorouse  o Día internacional da narración oral e a escritora Fina Casalderrey redactou un Manifesto que compartimos con vós. Convidámosvos a participar lendo o texto de Fina e contando historias nas vosas aulas.


16/03/2021

BIBLOFEIRA ADICADA Á POESÍA

O vindeiro 21 de Marzo celebramos o Día da Poesía. Seguro que xa líchedes moitos poemas e que incluso sabedes os vosos favoritos de memoria.  Deixámosvos unha mostra dalgúns libros de poesía que temos na Biblio e vos adiantamos  que este ano o Día das Letras Galegas estará adicado á poetisa Xela Arias.



Celebramos o Día da poesía de bibliotecavales

12/03/2021

SEMANA DA PRENSA

Os medios de comunicación son ferramentas  para informar  e comunicar contidos de forma masiva ás persoas. 

Hoxe temos varias formas de acceso á información de distinto tipo: social, cultural, deportiva, política, económica e esta información pode tamén referirse a un contexto local , comunitario, nacional ou incluso mundial.

A prensa, o xornal, é un destes medios masivos de comunicación e, ademáis ten máis seguidores debido a que ten soporte dixital en Internet . De seguro que tedes lido moitas novas a través do teléfono móbil ou das tablets. Máis, a que tamén é estupendo pasar as páxinas do xornal ? 


Na Biblioteca contamos co xornal mensual O papagaio en formato papel e vos deixamos o enlace á súa versión dixital.



https://www.opapagaio.gal/o-papagaio-dixital


CRECER LENDO COMIGO

O Centro Nacional de Innovación e Investigación Educativa proponnos, a través de  Leer.es, unha serie de recursos de fomento da lectura destinados ás familias e aos docentes.

Realmente é moi interesante porque o proxecto presenta  catro recursos organizados por grupos de idade (ata 3 anos, de 4 a 7 e de 8 a 11 ou máis) . Neles se ofrece información sobres as características dos nenos e nenas a esas idades , así como as distintas estratexias que poden empregar os adultos para xerar o gusto pola lectura.


Aquí tendes o enlace: https://leer.es/proyectos/crece-leyendo-conmigo


11/03/2021

VENRES DE HISTORIAS. A VACA QUE PUXO UN OVO

 Hoxe, da man de Álvaro Segade Martínez de 6ºA, imos pasar un bo rato escoitando "A VACA QUE PUXO UN OVO" de Andy Cutbill e Russel Ayto. Este libro podédelo atopar na biblioteca.

Moitas grazas polo teu traballo, Álvaro.




08/03/2021

IGUAIS E LIBRES : EDUCACIÓN RESPONSABLE

OS CONTOS TRANSMITEN VALORES E EMOCIÓNS. EN TERCEIRO TRABALLARON A OBRA "ARTURO E CLEMENTINA", UNHA HISTORIA DE SUPERACIÓN DO MALTRATO PSICOLÓXICO NA QUE A PROTAGONISTA TEN UNHAS CUALIDADES QUE A ALONXAN DAS CARACTERÍSTICAS DAS PERSONAXES FEMININAS DA LITERATURA CLÁSICA INFANTIL.
  
      





DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Como sabedes, celebramos unha data moi especial, máis dende a Biblio xa o levamos celebrando dende  o día 1 (Bibliofeira ) e máis co pasado "Venres de Historias" e as súas interesantes propostas.

Hoxe, traemos ao noso Blog a Declaración da Directora Executiva da ONU sobre o Día Internacional da Muller 2021. Nela denuncia que durante a pandemia estase a producir un aumento da violencia contra as mulleres e as nenas insostible. 

Con todo, existen algúns logros que son motivo de celebración, aínda que sigan a ser claramente unha excepción. Son as mulleres que teñen chegado ao máis alto de entidades como á Organización Mundial do Comercio, ao Fondo Monetario Internacional ou ao Banco Central Europeo e esperamos que se produzan máis nomeamentos deste tipo.



04/03/2021

VENRES DE HISTORIAS. DÍA DA MULLER

Non deixamos pasar a data do 8 de Marzo, Día Internacional da Muller, nestes Venres de Historias.

Invitámosvos nesta ocasión a ver varias curtas, tendes donde escoller.

Agardamos que vos gusten e vos fagan reflexionar, aprender e nos axuden a todos a avanzar cara unha mellor  sociedade.

DRAGON BOY de Lisa Allen, Bernardo Warman e Shaofu Zhang


¿QUÉ SIGNIFICA HACER ALGO "COMO UNA NIÑA"?

¿POR QUÉ DÍA DE LA MUJER?








01/03/2021

BIBLOFEIRA ADICADA AO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Para celebrar este día temos a sorte de contar na nosa biblioteca cunha boa chea de libros que nos falan  sobre mulleres que traballaron para que outras poidesen ter máis dereitos ou simplemente empezasen a crer que a igualdade é unha necesidade. Aquí tedes unha escolma de libros que salientan a dignidade e  a valía das mulleres, en todos os ámbitos e ao longo da historia.
Día Internacional da muller traballadora de bibliotecavales