venres, 29 de outubro de 2021
domingo, 24 de outubro de 2021
24 DE OUTUBRO : DÍA DAS BIBLIOTECAS
martes, 19 de outubro de 2021
EXPOSICIÓN SOBRE RICARDO CARVALHO CALERO EN BETANZOS
A Deputación da Coruña e o Concello de Betanzos organizan esta exposición ao aire libre para difundir a figura de Ricardo Carvalho Calero logo de que no pasado ano 2020 non se puidesen levar a cabo todas as actividades previstas para a celebración das Letras Galegas pola situación da pandemia.
A mostra, que consta de 13 paneis, percorre a vida e a traxectoria de Ricardo Carvalho Calero , desde o punto de vista vital e profesional do autor, desde o seu nacemento en Ferrol ata o peche co titulado "Mestre de Compromisos".
sábado, 16 de outubro de 2021
BIBLOFEIRA. ESPECIAL PDI " A TERRA"
martes, 12 de outubro de 2021
DÍA DAS ESCRITORAS
O Día das Escritoras reivindica o labor e o legado das escritoras a través da historia. Este ano, celébrase o día 15 de outubro baixo o lema :
"Ler as idades da vida"
Gustouvos o conto? De seguro que si. Se queredes ler máis textos de escritoras galegas, non tedes máis que premer non enlace de abaixo.
domingo, 3 de outubro de 2021
CREATIVIDADE NA BIBLIOTECA
Xa tivemos visita á biblioteca e a clase de 5º E disfrutou facendo papiroflexia. Mirade que ben lles quedaron as súas creacións !!!
ABRIMOS A BIBLIOTECA DE LEO E MARIÑA
Que ganas tiñamos de poder abrir as portas da biblioteca de Leo e Mariña !!! Ese momento xa chegou e os vosos profes poden reservar quenda para visitala. Veredes que está moi bonita e que é moi agradable estar nela.
Cando veñades, tedes que seguir o Protocolo COVID e só vos queda disfrutar da lectura, da escritura e da vosa creatividade. Se aínda non estades animados, escoitade aos vosos compañeiros e compañeiras de 5ºE.