23/10/2022

CARTA DE LEO E MARIÑA : DÍA DAS BIBLIOTECAS E PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO

 Ola queridos nenos e nenas !
 Hoxe é un día moi especial para a fada Mariña e para min, xa sabedes, Leo , o rato da Biblioteca, porque celebramos o Día das Bibliotecas. 

Por iso recibíchedes nas vosas clases unha carta nosa na que vos pedimos axuda para investigar sobre as DIVERSAS CULTURAS que hai 
na Terra.

Por se todavía non chegou á vosa aula, Mariña e máis eu decidimos publicala tamén no blog e así a podedes ler as veces que vos apeteza.Teredes que estar atentos e atentas porque pensamos escribirvos a miudo.




LECTURAS TERRORÍFICAS NO DÍA DAS BIBLIOTECAS

Hoxe celebramos o DÍA DAS BIBLIOTECAS dun xeito moi divertido. Dispuxemos varias tendas de campaña polo cole para que podades reservar a vosa quenda e ler cos vosos amigos e amigas durante os recreos das próximas dúas semanas. 

Estamos seguros de que atoparedes moitas historias de medo, de bruxas e seres do inframundo...nas exposicións que hai na entrada e dentro da biblioteca. 


Purple Minimalist Happy Halloween Card Portrait de bibliotecavales

16/10/2022

DÍA DAS ESCRITORAS

Hoxe, 17 de outubro celebraremos este día baixo o lema:  

“ANTES, DURANTE E DESPOIS DAS GUERRAS”. 

Nos seus textos, as escritoras reflicten sentimentos  e desexos incumpridos en tempos de conflito bélico. As escritoras galegas participan de esta homenaxe. Queredes comprobalo? Animádevos a :

  • Ler fragmentos das súas obras.
  • Investigar sobre estas escritoras na biblioteca.
  • Ilustrar os seus textos.


Sabedes que na biblioteca tedes moitos libros escritos por mulleres. Fixádevos cantos son !!! Mais, só é unha pequena escolma porque, se nos visitas, atoparás moitísimos entre os andeis.


 
Os compañeiros de 6ºE quixeron sumarse á celebración deste día facéndolle a súa propia homenaxe a GLORIA FUERTES.