16/12/2021

BIBLOFEIRA "UN NADAL DE NOVIDADES"

DE SEGURO QUE TEDES MOITÍSIMAS GANAS DE QUE CHEGUEN AS VACACIÓNS DE NADAL, NON SI? ADEMAIS É UN MOMENTO ESTUPENDO PARA DISFRUTAR DA COMPAÑA DA FAMILIA, DOS AMIGOS E DOS LIBROS. 

QUE LIBRO ESCOLLER? DEPENDE, SOBRETODO, DE ATOPAR UN LIBRO OU UN AUTOR QUE VOS FAGA PASALO BEN MENTRES O LEDES, QUE VOS FAGA SENTIR E IMAXINAR, QUE VOS GUSTE TANTO QUE LLO TEÑADES QUE CONTAR A ALGUÉN. 

PERO...POR SE NON VOS OCORRE NADA, O EQUIPO DE BIBLIOTECA MERCOU UNHA CHEA DE LIBROS NOVOS. QUE VOS PARECEN ?

Recomendacións de Nadal de bibliotecavales

15/12/2021

CONCURSO DE CARTAS DE NADAL

O Concello de Betanzos organiza por cuarto ano este IV Concurso de cartas aos Reis Magos 

As cartas poderán depositarse entre o 1 e o 20 de decembro nas caixas de correo real que estarán na entrada do colexio e os Reis Magos responderanlles a todos os nenos e nenas que depositen a carta con todos os datos postais. 





As bases completas do IV Concurso de cartas aos Reis Magos poden consultarse na páxina web, www.betanzos.gal, na sede electrónica, https://sede.betanzos.es, e no taboleiro de anuncios das Oficinas Xerais do Edificio Arquivo. Tamén se pode solicitar máis información do concurso no Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Betanzos, no teléfono 981 770 100 ou no enderezo electrónico normalizacion@betanzos.net.

13/12/2021

CONTO "O GALO TRAGANOCES"

 Gracias á rapazada de 1ºB podedes escoitar e ver unha adaptación con pictogramas do conto  O galo traganoces , de Roberto Mezquita e Bernardo Carvalho. De seguro que vos vai a encantar !




 


09/12/2021

VENRES DE HISTORIAS. OS SETE CABRITOS

Hoxe, no VENRES DE HISTORIAS, imos pasar un bo rato cunha curtametraxe titulada OS SETE CABRITOS, que forma parte dos CONTOS DO CAMIÑO da editorial OQO.



02/12/2021

VENRES DE HISTORIAS. O OSO E O PIANO

 Continúan os VENRES DE HISTORIAS cunha fermosa historia de AMIZADE titulada O OSO E O PIANO de David Litchfield.


Claudia e Moisés de 4º B así o comparten con todo nós.

Moitas grazas, polo voso traballo, esforzo e ilusión !!






01/12/2021

BIBLOFEIRA ESPECIAL 3 DE DECEMBRO, DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE


 A nosa vida é mellor cando a compartimos e disfrutamos respectando á diversidade. Na biblioteca atoparedes moitos libros que nos falan das distintas capacidades que temos as persoas e de como superar as dificultades que nos van xurdindo.







día das persoas con discapacidade 2020 de bibliotecavales día das persoas con discapacidade 2020 de bibliotecavales 

 Preferides animarvos a cantar unha canción? Nesta nos contan como Vera, Alberto e Víctor, que teñen discapacidade intelectual, disfrutan de experiencia reais de inclusión no ámbito educativo, laboral e de tempo de lecer.Día das persoas con discapacidade 2020 de bibliotecavales

Os profes e as familias tendes no seguinte enlace unha chea de recursos para visitar e empregar.


25/11/2021

VENRES DE HISTORIAS. TOUPICIENCIA

 Hoxe, compartimos con vós non unha curta, se non toda unha serie de 8 curtametraxes de divulgación científica: TOUPICIENCIA. A XANELA DO MAXÍN.

Nelas aprenderedes sobre a rotación da Terra, os átomos, os sentidos... e moitas cousas máis

Clicade na imaxe para acceder a elas



Contacontos-concerto virtual a prol da non violencia contra as mulleres


Para celebrar o 25 de novembro, O Concello achegounos unha proposta musical avalada pola Deputación Provincial .

Sabela King á voz e ao ukelele e Carlos Gil ao piano interpretan composicións de produción propia que achegan á rapazada ritmos brasileiros, blues ou rock&roll ao tempo que nos falan de relacións afectivas sas, de igualdade ou da importancia de rachar cos estereotipos sexistas .






 

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES


Celebramos este día sendo moi reflexivos. Compartimos a visión sobre a igualdade que aparece nalgúns contos? Seguramente atopaches estereotipos que non se axustan á túa realidade habitual. Tes que ter en conta cando foron escritos e como eran as persoas ás que ían dirixidos. Aquí tendes algunhas opinións de nenas e nenos. Que opinas ti? 


                                   
                               

Os compañeiros de 5º E elexiron que personaxes querían ser!





Aquí tendes un conto ben coñecido ao que o algúns alumnos da Universidade de A  Coruña lle deron unha volta e representaron "Érase dúas veces a bella durminte"



Non deixedes de ver estas curtas que tamén nos axudan a valorar ás nenas e as mulleres.


                             

                              https://www.educarenigualdad.org/documento/?id=4778

Por último, queremos facervos unha doble invitación, a primeira, a visitar a biblioteca e ver a exposición que temos para celebrar o 25 de novembro e a segunda é a participar na convocatoria que nos fai a ONU.  https://observatorioviolencia.org/pinta-el-mundo-de-naranja/                                                                             

                                                         



18/11/2021

VENRES DE HISTORIAS. TIO LOBO

 Están de volta os VENRES DE HISTORIAS!! 

Por riba de virus, grupos burbulla, normas, distancias e protocolos están as gañas de estar xuntos e compartir contos e historias.

Comezamos coa adaptación que XOSÉ BALLETEROS fixo do conto italiano  TIO LOBO,  que está publicado pola editorial KALANDRAKA e podedes atopar na biblioteca. 

ADRIANA E LOLA de 6ºB fan, para todos nós, unha fantástica e nova interpretación.

Grazas polo voso traballo!!!














15/11/2021

BIBLOFEIRA ESPECIAL CIENCIA EN GALEGO

Realizamos a Biblofeira celebrando od Mes da Ciencia en galego nas bibliotecas da man de Amparo Alonso Betanzos, profesora, enxeñeira química e investigadora en intelixencia artificial. 
A autora salienta que "... a ciencia é o piar do benestar social e económico, o coñecemento xera persoas e sociedades máis libres e críticas e as bibliotecas son, en parte, as gardas dese coñecemento. Que máis necesitamos para gozalas?." 

Aquí tendes  unha excusa perfecta para ir á nosa Biblioteca Vales de Leo e Mariña. Mirade que Biblofeira !!!
Mes da ciencia de bibliotecavales

Ademais, podedes acceder a moitísimos máis recursos premendo nos seguintes enlaces: https://www.pinterest.es/bescolaresgal/ciencia-en-galego-libro-informativo/ https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog/?q=ciencia
 
E se que o que queredes é visitar Museos Científicos, premede no enlace de debaixo da foto e veredes como podedes facelo. Animádevos !!!



https://www.coruna.gal/mc2/gl/detalle/semana-da-ciencia-nos-museos-cientificos-coruneses/suceso/1453780056611

14/11/2021

NO SAMAÍN COCIÑAMOS DE MEDO !

O ALUMNADO DE 5ºE INSPIROUSE EN "ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA" PARA PREPARAR UNS PRATOS BEN SABOROSOS !!!
Escarlatina, a cociñeira defunta de Bibliotecavales

XESÚS FRAGA XA É PREMIO NACIONAL DE NARRATIVA. PARABÉNS!!!

Xesús Fraga, exalumno do noso cole, gañou o Premio Nacional de Narrativa coa súa obra  " Virtudes  (e misterios )" , unha novela escrita en galego. Nela conta a historia da súa familia, otorgango un papel protagonista ás mulleres, especialmente á súa avoa e á súa nai. 

A temática da emigración é esencial no libro e nos fai reflexionar non só sobre a súa vertente socioeconómica, senón tamén no relativo ao que supón de enriquecemento persoal.



Nós tivemos a sorte de contar, hai xa algún tempo, coa presenza de Xesús na nosa Biblioteca e contounos que foi precisamente no noso cole onde se deu conta de que alguén tiña que escribir esas historias que lle gustaba tanto ler. 

Aquí tamén escribiu a súa primeira historia, na clase de galego, titulada " O meu primeiro suspenso", un relato que contou con tanto realismo que o mestre pensou que se trataba dunha vivenza persoal.

Xesús  tamén nos dixo que as historias xurden da vida e que por iso sempre leva unha libretiña onde apuntar as que se lle ocorren. De seguro que xa ten novas anotacións que darán lugar a outra obra estupenda. Parabéns !!!











SABADOS MIÚDOS : "CONTOS DO CHUPETE"

 Este sábado 20 de novembro de 2021 ás 12:00 h na Aula de Usos Múltiples terá lugar o contacontos “Contos do chupete” por conta de Migallas Teatro dentro do programa de dinamización lingüística para público infantil Sábados Miúdos do Concello de Betanzos.

O contacontos está destinado a nenos e nenas de ata 4 anos e as súas familias e ten unha duración de 35 minutos. A actividade ten 15 prazas, con preferencia para os nenos e as nenas empadroadas, que poderán asistir acompañadas dun máximo de 2 persoas adultas.

 O prazo de inscrición para o espectáculo estará aberto en www.betanzos.gal (novas>sábados miúdos) desde as 10:00 h desde o 15 ao 18 de novembro de 2021 e ata cubrir as prazas. A confirmación da praza realizarase antes da actividade no enderezo electrónico facilitado no momento da inscrición.





03/11/2021

DÍA DO LECTOR EN HOMENAXE A XOSÉ NEIRA VILAS

No Calendario do Libro e a Lectura 2021 aparece, por primeira vez, o 3 de novembro como Día do Lector/a, coincidindo co nacemento de Neira Vilas.

O noso cole tivo a grandísima sorte de contar coa presencia do autor antes de que el morrese e queremos celebrar este día recuperando esta visita inesquecible. 


Se queres ver os vídeos preme no seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvalesvillamarin/aulavirtual/course/view.php?id=49







24/10/2021

24 DE OUTUBRO : DÍA DAS BIBLIOTECAS

Baixo o lema “Bibliotecas: ler, aprender, descubrir” celebramos o papel das bibliotecas como espazos libres, diversos e abertos para o acceso á cultura e o coñecemento. Nós , dende a "Biblioteca Vales de Leo e Mariña" queremos render unha merecidísima homenaxe a unha mestra do colexio que fixo moito porque agora teñamos a nosa biblioteca e que pensemos nela como un espacio vivo de aprendizaxe e lecer. Grazas Carmen!
Copia de OS FANTÁSTICOS LIBROS VOADORES DA SRA. CARMEN BELLO de bibliotecavales

19/10/2021

EXPOSICIÓN SOBRE RICARDO CARVALHO CALERO EN BETANZOS

 

A Deputación da Coruña e o Concello de Betanzos organizan esta exposición ao aire libre para difundir a figura de Ricardo Carvalho Calero logo de que no pasado ano 2020 non se puidesen levar a cabo todas as actividades previstas para a celebración das Letras Galegas pola situación da pandemia.


A mostra, que consta de 13 paneis, percorre a vida e a traxectoria de Ricardo Carvalho Calero , desde o punto de vista vital e profesional do autor, desde o seu nacemento en Ferrol ata o peche co titulado "Mestre de Compromisos".


16/10/2021

BIBLOFEIRA. ESPECIAL PDI " A TERRA"

Animados a ler, indagar, investigar sobre A Terra ? Aquí tedes unha escolma de libros que vos axudarán a entender mellor como é a vida no noso planeta. De seguro que vos sorprenderán !
Biblofeira 16 outubro. PDI A Terra de bibliotecavales

12/10/2021

DÍA DAS ESCRITORAS

O Día das Escritoras reivindica o labor e o legado das escritoras a través da historia. Este ano,  celébrase o día 15 de outubro baixo o lema :

"Ler as idades da vida"


           
                                               
Dende a Biblio queremos aproveitar esta data para homenaxear a Emilia Pardo Bazán, posto que o pasado 12 de maio cumpríronse 100 anos da morte desta escritora galega , considerada por moitos como a mellor novelista española do século XIX.

Debaixo tedes o vídeo dun conto escrito por ela, "La moneda del mundo". Escoitádeo e animádevos a escribir.



Gustouvos o conto? De seguro que si. Se queredes ler máis textos de escritoras galegas, non tedes máis que premer non enlace de abaixo. 



E se queredes, tamén podedes ver neste video a unha das vosas escritoras favoritas! Aquí tedes a Ledicia Costas.



03/10/2021

CREATIVIDADE NA BIBLIOTECA

 

Xa tivemos visita á biblioteca e a clase de 5º E disfrutou facendo papiroflexia. Mirade que ben lles quedaron as súas creacións !!!




ABRIMOS A BIBLIOTECA DE LEO E MARIÑA

Que ganas tiñamos de poder abrir as portas da biblioteca de Leo e Mariña !!!  Ese momento xa chegou e os vosos profes poden reservar quenda para visitala. Veredes que está moi bonita  e que é moi agradable estar nela. 

Cando veñades, tedes que seguir o Protocolo COVID e só vos queda disfrutar da lectura, da escritura e da vosa creatividade. Se aínda non estades animados, escoitade aos vosos compañeiros e compañeiras de 5ºE.






08/09/2021

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO "A TERRA"

COMEZAMOS CURSO ! AQUÍ ESTAMOS, CON NOVOS ÁNIMOS E MOITAS GANAS DE DIVERTIRNOS APRENDENDO E INVESTIGANDO.ESTE ANO QUEREMOS SABER MÁIS SOBRE A TERRA E POR ISO IMOS DESENVOLVER UN PDI SOBRE ELA.

18/06/2021

RECOMENDACIÓNS PARA PASAR UN BO VERÁN

QUERIDOS NENOS E NENAS, CHEGAMOS AO FINAL DE CURSO TENDO NA NOSA MENTE E NO NOSO CORAZÓN UN MONTÓN DE FERMOSOS LIBROS, AVENTURAS E PERSONAXES QUE NOS FIXERON SOÑAR E COÑECER OUTROS MUNDOS E EMOCIÓNS.

recomendación s de bibliotecavales 

O EQUIPO DA BIBLIOTECA DESÉXAVOS UN MAGNIFÍCO VERÁN, QUE DE SEGURO IDES APROVEITAR, E NO QUE RECORREREDES DISTINTAS XEOGRAFÍAS LECTORAS. CONTÁDENOLO EN SETEMBRO ?      

VÉMONOS AXIÑA NA BIBLIOTECA DE LEO E MARIÑA !

17/06/2021

VENRES DE HISTORIAS BAIXA O TELÓN

 Baixa o telón os VENRES HISTORIAS e faino por todo o alto, con dúas historias:

BERENGUELA, de Manuel María, interpretada polas compañeiras e compañeiros de 4ºA 

e

THE GINGERBREAD MAN contado polos rapaces e rapazas de 6ºE


Grazas a todos os que fixestes posible seguir compartindo HISTORIAS na distancia.
FELIZ VERÁN!!!


03/06/2021

VENRES DE HISTORIAS: NON HAI PLANETA B

 Dende os VENRES DE HISTORIAS sumámonos á importante conmemoración  que se celebra mañá, 5 de xuño: O DÍA INTERNACIONAL DO MEDIO AMBIENTE.

Compartimos dúas curtametraxes para pensar e reflexionar: 

DE HOMO CONSUMUS A HOMO RESPONSABILIS de Pablo Llorents.



SOCIEDAD DE CONSUMO E OBSOLECENCIA PROGRAMADA de Steve Cutts. 

Se non sabes o que é a OBSOLESCENCIA PROGRAMADA anímate a investigalo!!



01/06/2021

BIBLOFEIRA EN PROL DO MEDIOAMBIENTE

O PRÓXIMO 5 DE XUÑO É UNHA DATA MOI ESPECIAL PARA TODOS OS QUE AMAMOS A NATUREZA E RESPECTAMOS E COIDAMOS O MEDIOAMBIENTE. 

NA BIBLIOTECA TEMOS UNS LIBROS FANTÁSTICOS QUE NOS AXUDAN A CELEBRAR O DÍA MUNDIAL DO MEDIOAMBIENTE. CAL QUERES LER?



 

31/05/2021

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO

TODO O COLEXIO CELEBROU DURANTE VARIOS DÍAS ESTA DATA TAN SINALADA. MIRADE QUE BEN QUEDARON OS VOSOS TRABALLOS !

DÍA DO LIBRO de bibliotecavales

 O alumnado de  celebrou o Día do libro decorando as súas fiestras cun gran mural para que todos o vexamos no patio.

Como bos escritores e escritoras que son, os rapaces e rapazas de 2º comparten con nós os seus contos. Todos eles suceden, sucederon ou poden suceder en Betanzos. Lede e veredes !



O alumnado de tamén nos agosallou cos seus contos. Todos os personaxes viven nas augas do Mandeo e da Terra das Mariñas.




O alumnado de festexou o Día do Libro infantil e o Día do Libro con actividades variadas encamiñadas a recoñecer e resaltar a importancia que os libros teñen na nosa vida.

Deixámosvos aquí algunhas delas:






O alumnado de tamén nos fixo unha achega animándonos a todos a ler. Mirade!
O alumnado de sexto fanvos as seguintes suxestións de libros ben interesantes.Convertíronse en INFLUEN-LER!

28/05/2021

Robótica 2020-2021

 O alumnado de 5º e 6º achéganos os programas que estiveron a desenvolver ao longo deste curso:


27/05/2021

VENRES DE HISTORIAS.

 As rapazas e rapaces de 4º E comparten, con todos nós, o segundo acto da súa representación da adaptación do conto da RATIÑA PRESUMIDA.





26/05/2021

DÍA DO LIBRO. 2º

 Coma  bos escritores e escritoras que son, as rapazas e rapaces de 2º tardaron un pouquiño en compartir con todos nós os seus contos pero aquí os tendes. 

Todos os contos suceden, sucederon ou poden suceder en Betanzos...lede e veredes!!



25/05/2021

AVALIACIÓN : ENQUISA AO PROFESORADO

ENQUISA 

Xa vai rematando o curso e o Equipo de Biblioteca quere preguntarvos a vosa opinión sobre o funcionamento da mesma. 

Moitísimas grazas pola vosa COLABORACIÓN !      É imprescindible para seguir avanzando.




                                    


Por favor, preme no enlace para participar DENDE A SECCIÓN DE PRIMARIA:



GRAZAS !

20/05/2021

VENRES DE HISTORIAS. EU SON GALICIA

 Achegámonos ó 5 de xuño, DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE.

Nesta curtametraxe, elaborada polo proxecto Galego XEOCLIP, querémovos lembrar, a través das súas fermosas imaxes, como é Galicia: fermosa, brava, feble, agarimosa... e única.

Na nosa man está conservala.



16/05/2021

BIBLOFEIRA EN GALEGO

HOXE ADICAMOS A BIBLOFEIRA A TODAS AQUELAS NOVIDADES QUE MERCAMOS DURANTE O CURSO E QUE ESCOLLEMOS MERCAR NA NOSA LINGUA. LER EN GALEGO É PENSAR EN GALEGO.


13/05/2021

VENRES DE HISTORIAS.

 Neste VENRES DE HISTORIAS, compartimos con vós o primeiro acto dunha obra de teatro, baseada no conto da RATIÑA PRESUMIDA, interpretada polas rapazas e rapaces de 4º F.



06/05/2021

VENRES DE HISTORIAS. 7 DE MAIO. XELA ARIAS

 Estamos a achegarnos a unha das datas máis importantes do ano, o 17 de maio, o día DAS LETRAS GALEGAS que este ano está adicado a XELA ARIAS.

Ilustración : Tania Solla

Neste VENRES DE HISTORIAS, compartimos con todos o traballo das rapazas e rapaces de 5º de Primaria do Colexio San Pío X de Ourense. Unha curta onde podedes achegarvos, un pouquiño máis, á figura de XELA ARIAS.




29/04/2021

VENRES DE HISTORIAS.

Neste último venres do mes de abril contamos, nos VENRES DE HISTORIAS, coa colaboración de José Alonso de 6º A.
Prestade moita atención á lectura que fai de  "UN POCO VALIENTE" de Nicola Kinnear, publicado por SM.



MOITAS GRAZAS POR COMPARTIR!!

 

22/04/2021

VENRES DE HISTORIAS. 23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

 Nesta data tan especial, as curtas deste VENRES DE HISTORIAS, coma non pode ser doutra forma, están adicadas ós LIBROS.

O LIBRO é, segundo a Real Academia Galega, " un conxunto de follas escritas ou impresas, cosidas ou pegadas entre si e encadernadas" pero, todos os que AMAMOS os LIBROS, sabemos que son MOITO MÁIS, non sí?

Unha aventura tras outra...


Alimento para a alma...
....................
FELIZ DÍA DO LIBRO!!




15/04/2021

BIBLOFEIRA " DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO "

Como sabedes, a vindeira semana celebramos o Día do libro. Na presentación podedes ver que na Biblio temos libros que falan de libros, de letras, do gusto pola lectura, da importancia que teñen as nosas propias "Xeografías lectoras" para desenvolvernos como persoas. 




Green and Blue Playful Visual Arts Class Education Presentation de bibliotecavales

VENRES DE HISTORIAS. EL PEZ ARCOIRIS

Neste VENRES DE HISTORIAS Eloy, de 6ºA, cóntanos as aventuras do "PEZ ARCOIRIS" de Marcus Pfister.
Esta e outras aventuras del podédelas atopar na biblioteca.
Moitas grazas polo teu traballo!!



 

08/04/2021

VENRES DE HISTORIAS. CUERDAS

 Este VENRES DE HISTORIAS está adicado á memoria de Nicolás Solís, o neno que inspirou CUERDAS, curtametraxe española dirixida por Pedro Solís, o seu pai, en 2013.

Nicolás morreu a pasada semana ós 16 anos.

Non o esquezades e sede sempre coma MARÍA!!

 


Na biblioteca tendes varios exemplares do libro e DVD.






07/04/2021

CELEBRAMOS O DÍA DA POESÍA

 O pasado 21 de abril celebramos o Día da poesía no noso colexio. Mirade que ben quedaron os vosos traballos e como se nota que vos gustou ler, escribir e ilustrar poemas.


Os compañeiros de 1º A disfrutaron co poema O arco da vella de Manuel María


O alumnado de 2º enviounos este vídeo tan chulo!


En 3º B pensaron en ilustrar unha "Besta poética"




Mirade que acrósticos fixeron en 4º A




En 5º disfrutaron moito da visita da poeta Antía Otero 




O alumnado de 6º A  enviou unha presentación de acrósticos estupenda!. En 6º E animáronse a recitar e incluso cantar a obra de Rosalía Cantares Galegos