Celebramos este día sendo moi reflexivos. Compartimos a visión sobre a igualdade que aparece nalgúns contos? Seguramente atopaches estereotipos que non se axustan á túa realidade habitual. Tes que ter en conta cando foron escritos e como eran as persoas ás que ían dirixidos. Aquí tendes algunhas opinións de nenas e nenos. Que opinas ti?
Os compañeiros de 5º E elexiron que personaxes querían ser!
Aquí tendes un conto ben coñecido ao que o algúns alumnos da Universidade de A Coruña lle deron unha volta e representaron "Érase dúas veces a bella durminte"
Non deixedes de ver estas curtas que tamén nos axudan a valorar ás nenas e as mulleres.
https://www.educarenigualdad.org/documento/?id=4778
Por último, queremos facervos unha doble invitación, a primeira, a visitar a biblioteca e ver a exposición que temos para celebrar o 25 de novembro e a segunda é a participar na convocatoria que nos fai a ONU. https://observatorioviolencia.org/pinta-el-mundo-de-naranja/