29/03/2019

EXPOSICIÓN SOBRE POESÍA

A UTILIDADE DO INÚTIL.
Dende hai xa uns días na biblioteca teñen un lugar preferente os libros de poesía. Poden ser unha boa fonte de inspiración para participar na actividade "Poesía no Comercio", organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua en colaboración co Concello de Betanzos ou simplemente para gozar dela.



18/03/2019

OBRADOIROS DE LIBROS

Séguense a desenvolver os obradoiros de libros na biblioteca. Nenas e nenos, coa axuda de profes, elaboran orixinais manualidades relacionadas cos seus libros favoritos.





17/03/2019

LAS TIJERAS DE MATISSE

Os alumnos máis maiores seguen a regalar contos polas aulas. Esta semana contaron o conto baseado na vida do pintor Matisse, "Las tijeras de Matisse" de Jeanette Winter.







16/03/2019

POESÍA

Para  animarvos e axudarvos  a facer as propostas de poesía, que se fixeron dende o Equipo de Dinamización Lingüística, recomendámosvos estes doce libros que podedes atopar na nosa Biblioteca.



VENRES DE HISTORIAS. 15 DE MARZO

Este venres desfrutamos de grandes historias grazas a dúas curtas imprescindibles.
En Infantil, a Fada Mariña trouxo a curta "A ovella pelada" de Pixar e, en Primaria, o rato Leo compartiu a conmovedora historia de "Cuerdas" de Pedro Solís.








12/03/2019

PARA LER XUNTOS. DÍA DOS PAIS

Á entrada da biblioteca podedes atopar uns libros para ler cos papás, pais, papis, papitos...



8 de MARZO. DÍA DA MULLER

A conmemoración do 8 do marzo exténdese no tempo. Comezamos estudando mulleres científicas, puxemos nomes de investigadoras galegas ós corredores, coñecemos a aviadoras,... e seguiremos... porque queda moito que acadar e coñecer.