Os nosos estantes están a encherse de historias novas, aventuras por descubrir e libros que estamos seguras de que vos van encantar.
Agardámoste na biblioteca para seguir voando xuntas e xuntos coa lectura!
Os nosos estantes están a encherse de historias novas, aventuras por descubrir e libros que estamos seguras de que vos van encantar.
Os nosos estantes están a encherse de historias novas, aventuras por descubrir e libros que estamos seguras de que vos van encantar.
Ola, amigas e amigos!
Hoxe Leo e Mariña veñen moi emocionados porque queren contarvos algo moi especial…
Sabíades que o 21 de decembro é o día máis curto do ano?
Pois ademais de comezar o inverno ❄️, ese día celébrase a 13ª edición de El Día Más Corto [ED+C], unha gran festa do cinema en formato curto 🎥
Leo descubriuno mentres ordenaba uns libros de cine na biblioteca:
—«Mariña, sabías que hai películas moi curtiñas que contan historias incríbles en poucos minutos?»
Mariña sorriu e respondeu:
—«Si! Chámanse curtametraxes, e son perfectas para soñar, rir, pensar e emocionarnos, aínda que duren moi pouco.»
Que é "El Día Más Corto" [ED+C]?
É un día no que persoas de todo o mundo ven e comparten curtametraxes en escolas, bibliotecas e centros culturais. Hai historias divertidas, emocionantes, sorprendentes… ¡e para todas as idades!
A Leo e Mariña gústalles esta celebración porque:
As historias son breves pero moi intensas.
Axúdannos a imaxinar e crear.
Permiten falar do que sentimos e pensamos.
Demostran que non fai falta moito tempo para contar algo importante.
Desde a nosa biblioteca, Leo e Mariña anímannos a descubrir o mundo das curtametraxes, a comentalas cos compañeiros e compañeiras… e incluso a inventar as nosas propias historias curtas!
Tedes máis información sobre este proxecto no seguinte enlace: El día más corto - [ED+C] 2025Co remate do primeiro trimestre e a chegada das vacacións de Nadal, o alumnado do Vales continuou compartindo as súas lecturas favoritas a través da sección de recomendacións lectoras do xornal ACEBE: Betanzos e a súa comarca.
Neste mes de decembro, as propostas abranguen diferentes xéneros e temáticas, demostrando unha vez máis a variedade de intereses e gustos lectores do noso alumnado.
Daniela Pita, de 6º A, recomendou Puffy e Brunilda. Unha pinga de maxia, unha divertida historia chea de maxia, aventuras e personaxes entrañables. Pola súa banda, Simón Gilsanz, tamén de 6º A, escolleu Invisible, unha novela emocionante que invita á reflexión sobre a empatía, os sentimentos e as situacións que moitas veces pasan desapercibidas aos ollos dos demais. Finalmente, Iria Ruíz, de 5º C, presentounos Misterios a domicilio. Una estrella estrellada, unha aventura chea de misterio e humor protagonizada por un grupo de amigos que non dubidan en axudarse mutuamente.
Estas recomendacións son unha mostra do importante papel que desempeña a lectura no noso centro, non só como ferramenta de aprendizaxe, senón tamén como fonte de diversión, emocións e reflexións compartidas.
Desde a biblioteca escolar queremos agradecer a Daniela, Simón e Iria a súa participación e felicitalos por animar a outros lectores e lectoras a descubrir novas historias.
Despedimos o ano entre libros, aventuras e moita imaxinación. Grazas ás nosas lectoras e lectores por seguir compartindo as súas recomendacións e facendo medrar a nosa comunidade lectora.
Os nosos estantes están a encherse de historias novas, aventuras por descubrir e libros que estamos seguras de que vos van encantar.
Hoxe conmemoramos o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, unha ocasión perfecta para aprender, reflexionar e cultivar a empatía. Dende a nosa biblioteca queremos acercar a toda a comunidade educativa a historias que mostran que todas as persoas, coas súas capacidades e diferenzas, poden aportar algo valioso ao mundo.
A literatura é unha ventá marabillosa para comprender mellor a diversidade e fomentar o respecto hacia todas as persoas dende a infancia.