22/12/2022

FELICES LECTURAS E BOAS FESTAS

 

 E por fin, despois de tanto esforzo, chegaron as merecidísimas vacacións de Nadal. De seguro que vos apetecerá ler un ratiño. Aquí tendes algúns dos últimos títulos que mercamos na biblioteca e que vos recomendamos para calquera momento do ano.

Felices festas !



RECOMENDACIÓNS NADAL 2022 de bibliotecavales

13/12/2022

VISITA DE LEDICIA COSTAS

 O día 12 de decembro tivemos a sorte de contar coa visita da escritora galega LEDICIA COSTAS.

 Foi unha visita breve, na que pasou pola nosa RADIO onde nenas e nenos de 4º a entrevistaron baixo a dirección técnica dunha compañeira de 6º.

Nunha sala de Usos Múltiples repleta, atendeu ás preguntas que os rapaces e rapazas de 4º lle fixeron sobre a súa profesión de escritora e o seu libro ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA.

GRAZAS POR COMPARTIR UN RATIÑO CON NÓS!!






06/12/2022

LECTURAS COMPARTIDAS

 Continúan as LECTURAS COMPARTIDAS diariamente na nosa biblioteca e, ás veces, traen sorpresas coma a que tiveron as rapazas e rapaces de 2ºE. Os seus padriños lectores de 6ºE lles prepararon a versión de CARAPUCHIÑA VERMELLA, de Cuentos en verso para niños perversos de Roald Dahl e un OBRADOIRO DE MARCAPÁXINAS. 

Parabéns pola vosa implicación e traballo!!!






04/12/2022

25 NOVEMBRO

 Para conmemorar o  DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER, no nosa escola realizáronse diversos traballos . A continuación podedes ver algúns.

25/11/2022

UNHA MASCOTA PARA CADA CULTURA

 

Ola de novo rapazada !

Mariña e máis eu tivemos moito traballo escollendo os debuxos das mascotas que nos  van acompañar durante a nosa viaxe polas culturas de tantos países diferentes pero, por fin, tomamos unha decisión! 

Queredes velo?

21/11/2022

CONCURSO DE CARTEIS DE NADAL

 Coma cada ano, ó achegarnos a estas datas, chega unha nova edición do CONCURSO DE CARTEIS DO NADAL do Concello de Betanzos.

Animádevos a participar e ser unha ESTRELA DO NADAL BETANCEIRO


14/11/2022

LECTURAS COMPARTIDAS

 Comezaron xa as LECTURAS COMPARTIDAS, actividade onde nenas e nenos de 1º e 2º son apadriñados polas rapazas e rapaces de 5º e 6º, respectivamente.

Cada quince días, xúntase na biblioteca para compartir lecturas, contos e intercambiar experiencias.

É, sen dúbida, unha das actividades máis enriquecedoras da biblioteca e que tiñamos moitas gañas de retomar tras estes dous anos.





11/11/2022

MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS

 

ESTAMOS DE NORABOA PORQUE CELEBRAMOS TODO UN MES DE CIENCIA NA BIBLIOTECA. É POR ISO QUE PODEDES VISITAR UNHA EXPOSICIÓN DE LIBROS COS QUE FACER EXPERIMENTOS OU OBTER DATOS CURIOSOS SOBRE OS ELEMENTOS DA NATUREZA, INDAGAR NA VIDA DAS CIENTÍFICAS E DOS CIENTÍCOS MÁIS IMPORTANTES  OU ATOPAR INFORMACIÓN SOBRE OS MELLORES INVENTOS DA HUMANIDADE.




SE QUEREDES SER CURIOSOS E INVESTIGAR SOBRE OS INVENTOS MÁIS SALIENTABLES DA CULTURA QUE ESTADES COÑECENDO A TRAVÉS DO PDI, PODEDES PEDIRLLE O MODELO DE RECOLLIDA DE DATOS AOS VOSOS MESTRES OU  DESCARGALO DIRECTAMENTE NESTES ENLACES: Modelo para E. Infantil e Modelo para Primaria

TAMÉN PODEDES VISITAR OS ENLACES QUE PREPAROU BIBLIOTECAS ESCOLARES, NOS QUE TEDES ACCESO A MOITOS RECURSOS ON LINE.  

https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog/?q=ciencia





Grazas pola vosa participación !

 

LEO E MARIÑA ESTÁN ENCANTADOS PORQUE XA RECIBIRON AS VOSAS PROPOSTAS DE CARA A ELEXIR UNHA MASCOTA OU LOGO DO PAÍS QUE ESTADES A INVESTIGAR. 




A PRÓXIMA SEMANA TOMARÁN UNHA DECISIÓN E DESPOIS PODEREDES USAR ESA IMAXE PARA TODOS OS TRABALLLOS DE INVESTIGACIÓN QUE FAGADES EN CADA NIVEL.



03/11/2022

Leo e Mariña celebran o DÍA DO LECTOR e mandan unha nova misiva

 

     As nosas mascotas andan moi activas últimamente e Leo e Mariña mandaron outra carta a todos os nenos e nenas do cole, nesta ocasión, para convidalos a visitar a biblioteca e deixar alí os seus debuxos e logos das mascotas dos países que estades a investigar.  Esta é a carta, que tamén podedes ler nas vosas clases.




 Animádevos a participar dende o día 7 ao 11 deste mes. 

Cales serán as elexidas? 


23/10/2022

CARTA DE LEO E MARIÑA : DÍA DAS BIBLIOTECAS E PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO

 Ola queridos nenos e nenas !
 Hoxe é un día moi especial para a fada Mariña e para min, xa sabedes, Leo , o rato da Biblioteca, porque celebramos o Día das Bibliotecas. 

Por iso recibíchedes nas vosas clases unha carta nosa na que vos pedimos axuda para investigar sobre as DIVERSAS CULTURAS que hai 
na Terra.

Por se todavía non chegou á vosa aula, Mariña e máis eu decidimos publicala tamén no blog e así a podedes ler as veces que vos apeteza.Teredes que estar atentos e atentas porque pensamos escribirvos a miudo.




LECTURAS TERRORÍFICAS NO DÍA DAS BIBLIOTECAS

Hoxe celebramos o DÍA DAS BIBLIOTECAS dun xeito moi divertido. Dispuxemos varias tendas de campaña polo cole para que podades reservar a vosa quenda e ler cos vosos amigos e amigas durante os recreos das próximas dúas semanas. 

Estamos seguros de que atoparedes moitas historias de medo, de bruxas e seres do inframundo...nas exposicións que hai na entrada e dentro da biblioteca. 


Purple Minimalist Happy Halloween Card Portrait de bibliotecavales

16/10/2022

DÍA DAS ESCRITORAS

Hoxe, 17 de outubro celebraremos este día baixo o lema:  

“ANTES, DURANTE E DESPOIS DAS GUERRAS”. 

Nos seus textos, as escritoras reflicten sentimentos  e desexos incumpridos en tempos de conflito bélico. As escritoras galegas participan de esta homenaxe. Queredes comprobalo? Animádevos a :

  • Ler fragmentos das súas obras.
  • Investigar sobre estas escritoras na biblioteca.
  • Ilustrar os seus textos.


Sabedes que na biblioteca tedes moitos libros escritos por mulleres. Fixádevos cantos son !!! Mais, só é unha pequena escolma porque, se nos visitas, atoparás moitísimos entre os andeis.


 
Os compañeiros de 6ºE quixeron sumarse á celebración deste día facéndolle a súa propia homenaxe a GLORIA FUERTES.




26/09/2022

Día Europeo das linguas

O Día europeo das Linguas celébrase dende o ano 2001 para promover a aprendizaxe de idiomas, o plurilingüismo e defender a diversidade cultural en todo o continente europeo, onde se falan máis de 225 idiomas!!!


          


 

11/09/2022

WONDER. LA LECCIÓN DE AUGUST

Ó segundo día de comezar este novo curso, as rapazas e rapaces de 6º E xa pasaron pola biblioteca e comezaron a ler a historia de AUGUST


Non dubidedes en vir á biblioteca a coñecer a este rapaz. 

Wonder. La lección de August de P.J Palacio



07/09/2022

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO : A DIVERSIDADE CULTURAL

COMEZAMOS CURSO E NOVO PROXECTO DE INVESTIGACIÓN PARA REAFIRMARNOS NA IDEA DA UNESCO :

 " A DIVERSIDADE CULTURAL É TAN NECESARIA PARA O XÉNERO HUMANO COMO A DIVERSIDADE BIOLÓXICA PARA OS ORGANISMOS VIVOS "

21/06/2022

LIBROS NA MALETA

E ASÍ, CASE SEN QUE NOS DERAMOS CONTA, ENTRE TANTAS ACTIVIDADES E EMOCIÓNS, CHEGAMOS A FIN DE CURSO. 

NON QUEREMOS QUE VOTEDES EN FALTA AS VOSAS LECTURAS FAVORITAS E, POR ISO, IGUAL QUE PREPARAMOS A ROUPA QUE QUEREMOS LEVAR CANDO MARCHAMOS DE VACACIÓNS, O EQUIPO DA BIBLIOTECA PREPAROUVOS UNHA MALETA CHEA DE LIBROS PARA QUE ESCOLLADES CALES PREFERIDES COLOCAR ENTRE OS IMPRESCINDIBLES PARA LEVAR. 

BO VERÁN E MELLORES LECTURAS !!!

Green Yellow and Pink Illustrative Travel Plans Planner Presentation de bibliotecavales

14/06/2022

ROBÓTICA 2021/2022

                                                              ROBÓTICA 2021/2022


Pincha na imaxe e verás os traballos de programación que fixemos este curso. Anímate a xogar e crear.



03/06/2022

AXENDA CULTURAL DO CONCELLO

A axenda cultural do Concello inclúe unha actividade feita polos compañeiros e compañeiras de terceiro enmarcada no traballo de investigación do PDI "A Terra" e que leva por título "O que o mar non quere levar"

Noraboa pola exposición e polo traballo! Animádevos a visitala e sacar as vosas propias conclusións.

 

01/06/2022

COÑECEMOS ESCRITORES : O HEMATOCRÍTICO , PAULA CARBALLEIRA E ANTÍA OTERO

 

No Vales andamos de sorte porque últimamente poidemos coñecer a varios escritores e escritoras que nos encantan , dos que aprendemos e lemos moito. 

Contáronnos como se iniciaron nisto de escribir, asináronnos as súas obras e se prestaron a que os alumnos voluntarios da biblioteca lles fixeran entrevistas para a nosa radio

26/05/2022

VENRES DE HISTORIAS. O OUTRO PAR

A historia real na que está inspirada, conta que GANDHI ía montarse nun tren cun amigo e coma non tiñan cartos ían subirse en marcha a un tren de mercadorías.

Ó arrancar o tren, GANDHI e o seu amigo correron para subir e, o saltar, GANDHI perdeu un dos zapatos.

O tren ía moi rápido para baixar e recuperar o zapato e entón decidiu tirar o outro. 

O seu amigo preguntoulle: Por que fixeches iso?

GANDHI contestou: A min un zapato só non me serve de nada. Cando cheguemos terei que conseguir outro par. Á persoa que atope ese zapato, non lle servirá de nada. Asi, alguén terá, polo menos un par de zapatos e lle serán útiles...

Dirección: Sarah Rozik
Guión: Mohammed Maher
Director de fotografía: Haitham Nasser
Montaxe: Eman Samir
Música e deseño de son : Mohamed Hassan Elhanafy
Director de arte: Hassan Elplisy
Produccción: Yasser Elfishawy
Actores : Ali Rozik y Omar Rozik

25/05/2022

COÑECEMOS ILUSTRADORES : SUSO CUBEIRO

HOXE TIVEMOS UN OBRADOIRO DE DEBUXO E APRENDEMOS MOITO DA MAN DO PINTOR E ILUSTRADOR SUSO CUBEIRO, QUE XA NOS VISITARA EN ANTERIORES OCASIÓNS. 

EL FAI QUE DEBUXAR PAREZA FÁCIL E CON POUCOS TRAZOS É QUEN DE TRANSMITIR MOITAS EMOCIÓNS. 

O OBRADOIRO "DEBUXANDO A NATUREZA" SERVIUNOS TAMÉN PARA APRENDER O NOME DE MOITOS PAXAROS QUE NON COÑECIAMOS.

22/05/2022

Programación da Aula CeMIT

 O Concello achegounos a programación de actividades da Aula CeMIT, así que podedes informar aos vosos familiares e amigos por se están interesados.




CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS 2022

 QUE BEN O PASAMOS ESTE ANO CELEBRANDO O NOSO DÍA, O DAS LETRAS GALEGAS !!!

TIVEMOS TEMPO DE ESCOITAR A VIDA DE FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN DA MAN DA POLIFACÉTICA ARTISTA RAQUEL QUEIZÁS, INVESTIGAMOS NA BIBLIOTECA SOBRE O ESCRITOR, PARTICIPAMOS NUNHA ROLDA DE PREGUNTAS, ESCRIBIMOS, EMITIMOS UN PODCAST E ATA BAILAMOS CON MOITA ILUSIÓN A CANCIÓN  "TERRA", DO GRUPO  TANXUGUEIRAS.

GOZAMOS COAS NOSAS LETRAS !!!




19/05/2022

VENRES DE HISTORIAS. A POUSADA

 Unha historia con truco...para este VENRES DE HISTORIAS, é a que nos traen Claudia e Ángel de 4º B.


Algunha maga ou mago máis polo Vales??

18/05/2022

LETRAS NA PRIMAVERA.

 AS NENAS E NENOS DE 1º ESTAN A TER UNHA PRIMAVERA CHEA DE LETRAS, PALABRAS, HISTORIAS E CONTOS.

MIRADE BEN!!





12/05/2022

VENRES DE HISTORIAS. DAS MÜESLI

Hoxe para coller folgos neste tramo final do curso, traémos esta curtametraxe, que en realidade é dun anuncio publicitario. Así que:
  • Subide o volume e escoitade a música.
  • Ampliade o tamaño da imaxe e..
DEIXÁDEVOS LEVAR!!!

DAS MÜESLI de  Dr Stutz

FELIZ DESCANSO!!

BIBLOFEIRA LETRAS GALEGAS 2022

Animádevos a vir á Biblioteca e levar calquera destes libros. Na exposición tendes moitos máis...



FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN de bibliotecavales FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN de bibliotecavales

06/05/2022

O espectáculo "As nosa letras" do Mago Teto este sábado 7 de maio na Aula de Cultura Xulio Cuns para público familiar

O Concello de Betanzos inicia o programa das Letras Galegas do ano 2022 co espectáculo de maxia "As nosas letras" do Mago Teto que terá lugar o vindeiro sábado 7 de maio ás 18:00 h na Aula Municipal de Cultura Xulio Cuns dentro do programa Lingua a escena da Rede cultural da Deputación da Coruña e programa das Letras Galegas.



O Mago Teto levará a escena a recomposición das cantigas de Afonso X, descubrirá unha incrible espada enmeigada de Merlín e Familia, o espírito do mestre Castelao fará aparecer un dos seus debuxos no espectáculo, e fará unha adiviñación semántica con obras de Risco, Rosalía e Blanco Amor.

O espectáculo está destinado para público familiar e a entrada é gratuíta por orde de chegada e ata completar a capacidade, a súa duración son 55 minutos e poden asistir ata dúas persoas adultas con cada neno ou nena.


05/05/2022

VENRES DE HISTORIAS. CAPERUCITA ROJA

 As nenas e nenos de 5º E achégannnos esta versión, escrita por ROALD DAHL, do conto clásico e coñecido por todas CAPERUCITA ROJA.

Moitas gracias pola vosa colaboración!!

O libro, CUENTOS EN VERSO PARA NIÑOS PERVERSOS, do gran autor ROALD DAHL, podédelo atopar na biblioteca.

28/04/2022

VENRES DE HISTORIAS. MI ABUELITA

 O vindeiro 1 de maio é o día da Nai e neste VENRES DE HISTORIAS queremos homenaxear a todas as nais das vosas nais e pais: AS AVOAS coa curtametraxe titulada "MI ABUELITA"  dirixida por Giselle Perez.

 Con elas, co seu apoio, traballo, compaña, coidados, sorisos, comidas... a vida é mais doada, divertida e saborosa. 

GRAZAS!!


23/04/2022

UN LIBRO É...

DESPOIS DE VISITAR A BIBLIOTECA E VER A BIBLOFEIRA QUE PREPARAMOS PARA CELEBRAR O DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTORÍA, MOITOS DE VÓS LEVÁCHEDES UN LIBRO E DESPOIS TIVÉCHEDES MOITO QUE DICIR SOBRE QUE É PARA CADA UN DE VÓS UN LIBRO.  











DISFRUTAMOS CON RAQUEL QUEIZÁS ADIANTÁNDONOS Á CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO

RAQUEL QUEIZÁS  MERGULLOUNOS NA VIDA DE FLORENCIO DELGADO GUARRIARÁN, AUTOR HOMENAXEADO ESTE ANO NAS LETRAS GALEGAS.


UNHAS MAÑÁS DELICIOSAS NAS QUE APRENDEMOS  TAMÉN SOBRE AS SÚAS OBRAS E AS CONDICIÓNS HISTÓRICAS NAS QUE AS ESCRIBIU.

        


GRAZAS RAQUEL !!!


             








21/04/2022

VENRES DE HISTORIAS. SKETCH TRAVEL

 Mañá, sábado 23 de abril, celébrase o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO polo que neste VENRES DE HISTORIAS, compartimos con todos vós esta fermosa historia.

Esta curta creouse coma parte dun proxecto de SKETCHTRAVEL, un proxecto benéfico internacional no que se distribuiu un caderno de bocetos vermello a 71 artistas de todo o mundo durante 4 anos e medio. O SKETCHBOOK orixinal vendeuse por 70.000 euros que se destinaron a construción de bibliotecas para apoiar a alfabetización de nenas e nenos.

NOTA: ver polo menos dúas veces!!

16/04/2022

CONCURSO DE REDACCIÓN "DÍA DA NAI"

 A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) convoca un concurso de redacción para escolares  

"Día da nai 2022"



Poderán participar os nenos e nenas de entre 6 e 12 anos e deberán entregar os seus escritos co lema        " HOXE ESCRIBO SOBRE A MIÑA NAI"

As redaccións deberán ser orixinais e escritas en galego. O prazo estará aberto ata o 22 de abril de 2022.

Podedes consultar as bases no seguinte enlace:

https://comerciodebetanzos.com/media/banner/bases-concurso-dia-da-nai_59418.pdf




BIBLOFEIRA : Día Internacional do Libro Infantil e Día Mundial do Libro e dos dereitos de Autoría.

 O mes de abril é moi especial porque nel se dan dúas celebracións . O día 2 foi o Día Internacional do Libro Infantil e o día 23 será o Día Mundial do Libro e dos dereitos de Autoría. 





Para celebralo, tendes á vosa disposición os libros que a  ANPA do cole mercou para a biblioteca. 





MOITÍSIMAS GRAZAS  FAMILIAS !

Lembrade que tamén celebramos o Día do libro e dos dereitos de autoría e que debemos respetalos. No seguinte vídeo volo explican brevemente. 



08/04/2022

VENRES DE HISTORIAS. A MANCHAS OU A RAIAS?


 Esta semana os rapaces de 4ºB comparten con todos a historia A MANCHAS OU A RAIAS? de Estefanía Palullés. 

Un relato moi actual e vixente que nos fai reflexionar onde poñer o noso FOCO

Vós onde o poñedes, no que vos une ós demáis ou nos que vos separa?




07/04/2022

RECICLAMOS PAPEL

En 5º A estiveron reciclando papel e co resultado fixeron uns marcapáxinas chulísimos, mirade!!



 

01/04/2022

BIBLOFEIRA DE TEATRO, MÚSICA E POESÍA

Comezamos mes amosándovos  as exposicións dos últimos días de marzo. Tendes unha chea de libros de teatro, música e poesía para escoller. Cal ides levar? 


Celebramos o Día da poesía de bibliotecavales

24/03/2022

VENRES DE HISTORIAS. MATINANDO

 Este VENRES DE HISTORIAS compartimos dúas curtas SEN PALABRAS, para que vós llas poñades. MATINADE, MATINADE... 

JE SUIS UN CAILLOU (EU SON UNHA PEDRA)


Creado por Mélanie BERTERAUT-PLATON, Yasmine BRESSON, Léo COULOMBIER, Nicolas GRONDIN, Maxime LE CHAPELAIN, Louise MASSÉ. Música: Sacha COULOMBIERr. Son: José VICENTE, Tristan Le BOZEC, Yoann PONCET


JOURNEYMEN

Creado por BERNADETTE PANTAZIS

17/03/2022

VENRES DE HISTORIAS. ÉRANSE DÚAS VECES A RATIÑA PRESUMIDA

Este VENRES DE HISTORIAS asomáremonos a unha nova versión do conto da Ratiña Presumida de Charles Perrault da man de Emna e Alejandra  de 6º E. Elas achégannos ÉRANSE DÚAS VECES A RATIÑA PRESUMIDA de Pablo Macías Alba, Belén Gaudes Terra, Nacho de Marcos Escriña (ilustrador) e ADAPTA (traductor).
PARABÉNS polo voso traballo e grazas porcompartir HISTORIAS con todos.





O libro agárdavos na  biblioteca!!


 

16/03/2022

BIBLOFEIRA PAI E FAMILIA

 A BIBLIOFEIRA deste 16 de marzo vai adicado a todas as FAMILIAS: diversas e únicas, cos seus problemas e as súas alegrías, pero que son o núcleo da nosa sociedade e, en especial, a unha figura que forma parte delas, dunha maneira ou otra, o PAI,



BIBLOFEIRA PAIS E FAMILIA de bibliotecavales

10/03/2022

VENRES DE HISTORIAS. UN PEQUENO PASO

 Este VENRES DE HISTORIAS vai adicado a todas. Tanto para as que soñan coma para as que, silandeiramente, axudan ás demáis a acadalos.

ONE SMALL STEP, 2018 de TAIKO ESTUDIOS

"Fai da túa vida un soño e do teu soño unha realidade" Antoine Saint- Exupery

09/03/2022

SEMANA DE CONTACONTOS NA BIBLIOTECA

 AS RAPAZAS E RAPACES DE INFANTIL TIVERON A SORTE DE CONTAR COA PRESENZA DE RAQUEL QUEIZÁS. ELA PRESENTOU O SEU ESPECTÁCULO "SOMOS IGUAIS. CONTOS POLA IGUALDADE".


As nenas e nenos de 1º gozaron coa narración da historia, escrita por HEMATOCRÍTICO, VAIA CABUXIÑO!, da man de BENJAMÍN, que ademáis os agasallou cunha ilustración personalizada.


Coma sempre, atoparedes o libro na nosa BIBLIOTECA!!


08/03/2022

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

HOXE ESTAMOS DE FESTA  PORQUE CELEBRAMOS O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.  EN REALIDADE, XA LEVAMOS VARIOS DÍAS FESTEXÁNDOO E, SE VOS ANIMADES, PODEDES USAR O PHOTOCALL QUE HAI NA ENTRADA DO COLEXIO.  DE SEGURO QUE VOS GUSTARÁ MOITO !!!

E NON SÓ O CELEBRAMOS NÓS! FAISE EN TODO O MUNDO E, DE FEITO, AQUÍ EN BETANZOS, XA HAI PROGRAMADAS UNHA CHEA DE ACTIVIDADES



NA BIBLIOTECA ,  DENDE PRINCIPIOS DE MES,  PODEDES CONSULTAR A BIBLOFEIRA: 

https://blogdeleo-valesvillamarin.blogspot.com/2022/03/biblofeira-dia-internacional-da-muller.html


ADEMAIS OS VOSOS COMPAÑEIROS DE 5º ESTREÁRONSE COMO VERDADEIROS LOCUTORES E TÉCNICOS DE RADIO ENTREVISTANDO Á ALCALDESA. CAL É A MULLER QUE MÁIS INFLUIU NELA? QUEREDES VELO? 

https://blogdeleo-valesvillamarin.blogspot.com/2022/03/entrevista-senora-alcaldesa-de-betanzos.html


E PARA  SEGUIR APRENDENDO SOBRE A CELEBRACIÓN DESTE DÍA, TAMÉN O PODEDES FACER  MEDIANTE ESTA UNIDADE DIDÁCTICA: 

https://drive.google.com/file/d/1XKiJ96p2W24z8u8plluD1sTx9FSURitL/view?usp=sharing

07/03/2022

ENTREVISTA Á SEÑORA ALCALDESA DE BETANZOS

Para conmemorar o 8 de marzo "Día Internacional da Muller" o alumnado de 5º realizou unha entrevista á señora alcaldesa de Betanzos María Barral.

 Comezamos así a aventura da nosa radio escolar.



 



CONCURSO DE REDACCIÓN " HOXE ESCRIBO SOBRE OMEU PAI"

 



 

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) convoca un concurso de redacción para nenos e nenas que teñan entre 6 e 12 anos.  Animádevos a participar e non esquezades remitir os vosos escritos co lema 

" Hoxe escribo sobre o meu pai".


Podedes consultar as bases no enlace: 

https://comerciodebetanzos.com/pages/acebe-cca-organiza-un-concurso-de-redaccion-con-motivo-del-dia-del-padre 



03/03/2022

VENRES DE HISTORIAS. PAZ

PAZ.

AMOR.

RESPECTO.

A TEMOS QUE VOLTAR A IMAXINAR

PORQUE XA NON É REAL.

ROUBÁRONNOS A PAZ.

TECE, TECE, TECE....

CON FÍOS DE AMOR E RESPECTO.

ESES, NON NOLOS PODEN QUITAR


IMAGINE. JOHN LENNON



TROIS PETIT POINTS de GOBELINS 



EL ABRAZO de MONKMUS




01/03/2022

BIBLOFEIRA : DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Cada 8 de marzo conmemórase o Día Internacional da Muller.  Leo e Mariña convídanvos a reflexionar acerca dos avances logrados e, por iso, preparamos unha Biblofeira cunha chea de libros que nos contan a historia de mulleres valentes que, coa súa determinación,  xogaron un papel clave na historia dos seus países e comunidades.

Día Internacional da muller traballadora de bibliotecavales


Moitas mulleres non viven unha vida digna, libre e  lonxe da violencia. Ter acceso á educación e a un traballo xustamente remunerado e en condicións de igualdade é unha ferramenta indispensable para avanzar cara ao éxito da sociedade.


24/02/2022

VENRES DE HISTORIAS. A QUE SABE A LÚA?

 Este VENRES DE HISTORIAS, SARA, INÉS E JULIA comparten  con todos nós a ben coñecida historia A QUE SABE A LUA? de Michael Grejniec.



Bo, traballo!!!
O libro está agardándovos na biblioteca.


20/02/2022

O DÍA DE ROSALÍA PASA A CELEBRARSE O 23 DE FEBREIRO

A Fundación Rosalía de Castro convocou  a diversas entidades culturais e educativas relacionadas co Día de Rosalía para acordaren que as celebracións deste aniversario pasen a ter lugar desde este 2022 o día 23 de febreiro e non o 24 como acontecía ata agora, logo do recente descubrimento por parte da investigadora Sagrario Abelleira que corrixiu a data de nacemento da autora. 

Escoitamos o poema de Rosalía "Algúns din: miña terra!"

Vídeo. Rosalía de Castro. "Algúns din: ¡miña terra!". Follas novas. Marina Mayoral. Biblioteca de autora Rosalía de Castro. Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes.


VISITA VIRTUAL Á CASA DE ROSALÍA 
                 
A visita virtual, que está operativa desde o 8 de xullo na páxina web da Casa de Rosalía, permite visitar a Casa-Museo e a Horta de Rosalía en 3D. Entramos ? 

https://my.mpskin.com/gl/tour/h9dhd67ww9


Se vos apetece xogar , acceder á biografía de Rosalía e facer algunha actividade relacionada con ela, non tendes máis que visitar o Blogue Non te cortes coa lingua , no seguinte enlace: 

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvalesvillamarin/aulavirtual/course/view.php?id=341&section=12