Cada 8 de marzo conmemórase o Día Internacional da Muller. Leo e Mariña convídanvos a reflexionar acerca dos avances logrados e, por iso, preparamos unha Biblofeira cunha chea de libros que nos contan a historia de mulleres valentes que, coa súa determinación, xogaron un papel clave na historia dos seus países e comunidades.
Día Internacional da muller traballadora de bibliotecavalesMoitas mulleres non viven unha vida digna, libre e lonxe da violencia. Ter acceso á educación e a un traballo xustamente remunerado e en condicións de igualdade é unha ferramenta indispensable para avanzar cara ao éxito da sociedade.