Amosando publicacións coa etiqueta PDI 16-17. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PDI 16-17. Amosar todas as publicacións

04/05/2017

EMILIO PITA. HISTORIA VIVA DO GLOBO DE BETANZOS

Durante dúas semanas Emilio Pita, encargado de manter viva a tradición do globo de San Roque de Betanzos, veu a compartir cos nenos, nenas e profes de primaria a súa experiencia, coñecemento e historia.
Contounos as orixes do globo, como o seu avó, Claudino Pita, alá no 1875 fixo o primeiro globo de papel en honor a San Roque para cumplir unha promesa, como a tradición foi pasando de pais a fillos e desvelounos algúns segredos do globo.
Descubrimos como se fai, con que se pega, con que se pinta, onde se fai, quen o fai, as súas medida, o nome das súas partes...  Outra acepción para chourizos, chicho, cestillo, mazo e xuramento, e algunha nova palabra coma "pachuzos".
Moitas grazas pola paciencia e o tempo adicado!!



13/02/2017

AMOR

Nesta semana podedes desfrutar na entrada da biblioteca dunha pequena exposición de libros que falan de amor e descubrir como de escribe amor en chinés, árabe, inglés e portugués
Agardamos que a desfrutedes!!


29/11/2016

INFORMACIÓN SOBRE ALIMENTOS

Hoxe en todas as aulas de primaria recibimos unhas caixas que nos enviou Leo. 
Nos seu interior atopamos distintos productos típicos do país que estamos a traballar:
freixoas para 1º, repolos para 2º, piñas para 3º, laranxas para 4º, dátiles para 5º e patacas para 6º.


E tamén unha carta, na que Leo nos pedía axuda para investigar sobre o contido das caixas, e ver que comidas podíamos facer con eses alimentos para o menú da festa de Nadal que se achega.

Aquí vos deixamos unha pouquiña información sobre os alimentos de cada país.
Boa procura!!