Durante dúas semanas Emilio Pita, encargado de manter viva a tradición do globo de San Roque de Betanzos, veu a compartir cos nenos, nenas e profes de primaria a súa experiencia, coñecemento e historia.
Contounos as orixes do globo, como o seu avó, Claudino Pita, alá no 1875 fixo o primeiro globo de papel en honor a San Roque para cumplir unha promesa, como a tradición foi pasando de pais a fillos e desvelounos algúns segredos do globo.
Descubrimos como se fai, con que se pega, con que se pinta, onde se fai, quen o fai, as súas medida, o nome das súas partes... Outra acepción para chourizos, chicho, cestillo, mazo e xuramento, e algunha nova palabra coma "pachuzos".
Moitas grazas pola paciencia e o tempo adicado!!