25/02/2020

RAQUEL QUEIZÁS NA BIBLIOTECA

Co gallo da celebración do Día Internacional da Lingua materna visitounos Raquel Queizás cun espectáculo cheo de imaxinación, divertido e educativo.
Contounos varias lendas galegas, con mouros, mouras, nubeiros e uns cantos seres máxicos da nosa terra. Falounos dos petróglifos, da nosa lingua e outros tesouros que son de todos/as os/as galegos/as e, sobre todo, de IGUALDADE.
Coma sempre, magnífica, Raquel, grazas.

16/02/2020

VENRES DE HISTORIAS E MÁIS

Este venres, 14 de febreiro, tocou o visionado dunha curtametraxe en Primaria e nada mellor que declarar o noso amor polos libros, coma sucede  en "Os fantásticos libro voladores do Señor Morris Lessmore" de William Joyce.


En Infantil leron e desfrutaron con "Negros e brancos" de David Mckee.



Así mesmo desfrutaron da lectura, os máis pequenos do cole, do libro "O xigante segredo do avó" da man de Amaya e José Alonso, coma xa nos fixeron desfrutar en Primaria a semana anterior.

13/02/2020

CONTACONTOS

O MÉRCORES 12 DE FEBREIRO AS RAPAZAS E RAPACES DE 6º DE INFANTIL DESFRUTARON CON CELTIA FIGUEIRAS DO CONTO U-LA LÚA?.




12/02/2020

VENRES DE HISTORIAS. O XIGANTE SEGREDO DO AVÓ

O pasado venres 7 de febreiro comezaron, de novo, os VENRES DE HISTORIAS, desta vez con José Alonso e Amaya de 5ºA que nos contaron O XIGANTE SEGREDO DO AVÓ de David Litchfield, publicado por Hércules Edicións.
Fixérono fenomenal!!

11/02/2020

NAMORADOS DE GALICIA



DENDE A BIBLIOTECA DO VALES DECLARÁMONOS NAMORADOS DE GALICIA. PARA CELEBRALO , LEO E MARIÑA AGASALLAN AOS LECTORES QUE NOS VISITAN ESTA SEMANA. 







NA ENTRADA DA BIBLIO TEDES UNHA SELECCIÓN DE LIBROS DE AMOR E AMIZADE.







05/02/2020

VENRES DE HISTORIAS

Voltan os Venres de Historias á biblioteca de Primaria. 
Agardamos que os disfrutedes e moitas grazas a todas as nenas e nenos, que xunto os seus titores, os fan posibles.

02/02/2020