18/06/2023

AS PRINCESAS TAMÉN SE TIRAN PEIDOS

 Un grupo de rapazas de 5º prepararon no seu tempo de lecer unha adaptación do conto  AS PRINCESAS TAMÉN SE TIRAN PEIDOS, de Ilán Brenman e Ionit Ziberman. Tras moitos ensaios, representárono para os seus compañeiros de 2º de E.Primaria na biblioteca.

Parabéns polo voso traballo!!




14/06/2023

KAMISHIBAI

 Nenas e nenos de 2º prepararon uns KAMISHIBAIS de contos que todos coñecemos:

PONTE NO MEU LUGAR, de Susanna Isern e Milene Rigaudie


O MONSTRO DE CORES, de Anna LLenas

A VACA QUE PUXO UN OVO, de Andy Cutbill e Russell Ayto.


e outros completamente orixinais:
CORAZÓNS ROTOS, das nenas e nenos de 2ºE



A HISTORIA DE NON MENTIR, das nenas e nenos de 2ºA

 
O SOÑO DO DODO, das nenas e nenos de 2º A




08/06/2023

ENQUISAS AVALIACIÓN DA BIBLIOTECA

 

ENQUISA 

Xa vai rematando o curso e o Equipo de Biblioteca quere preguntarvos a vosa opinión sobre o funcionamento da mesma.

Moitísimas grazas pola vosa COLABORACIÓNÉ imprescindible para seguir avanzando.



                   

O profesorado de Infantil preme  neste enlace :


O profesorado de Primaria preme neste enlace: