Amosando publicacións coa etiqueta VOLUNTARIADO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta VOLUNTARIADO. Amosar todas as publicacións

24/05/2017

RESOLUCIÓN VOLUNTARIADO DE LECTURA

O día 22 de maio saiu publicada a Resolución sobre a convocatoria de  Biblotecas Escolares Solidarias e a biblioteca do noso colexio foi  unha das 8  seleccionadas "en función do interese e calidade das actividades recollidas na memoria". Ditas actividades son As Lecturas Compartidas e os Colaboradores da Biblioteca levadas a cabo polos nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria.


LECTURAS COMPARTIDAS on PhotoPeach

Como agasallo, aparte de diploma e camiseta, contaremos cuns obradoiros a cargo de Xandobela o día 16 de xuño no colexio para os alumnos de 6º.
Parabéns a todos os alumnos de 5º e 6º e, por suposto, ós seus apadriñados e cómplices da actividade de Lecturas Compartidas, as alumnas e alumnos de 1º e 2º.
Todo non sería posible sen as súas titoras e titores .

29/06/2015

Lectura expresiva

Nas Xornadas de convivencia do Voluntariado de lectura os representantes dos colaboradores tiveron a oportunidade de aprender con Charo Pita uns cantos trucos para mellorar a lectura expresiva, estes son os apuntes que tomamos:

25/06/2015

Xornadas de convivencia do Voluntariado de lectura

Do 26 ao 29 de maio, o CRD da Coruña (Culleredo) acolleu ao alumnado de Voluntariado de Lectura-A de catro centros galegos. Un deles foi o noso, xunto co Ramón Falcón de Castro de Rei (Lugo), o Carlos Casares de Xinzo da Limia (Ourense) e Altamira de Salceda de Caselas (Pontevedra).
14 nenas e nenos representaron nestas xornadas aos 134 colaboradores que ten a nosa biblioteca.
Ao longo dos catro días desenvolveuse un programa intenso de actividades relacionados coa lectura, o traballo cooperativo e a educación en valores de voluntariado e solidariedade.


(Preme na imaxe se queres ler o diario que elaboramos)

08/04/2015

Novos colaboradores

Acaban de incorporarse os novos colaboradores da biblioteca. Trátase de 65 nenos e nenas de 5º.
Primeiro foi a formación: coñeceron as normas que deben observar e as tarefas que teñen que realizar.
Agora xa están colaborando nos recreos, xunto cos compañeiros de 6º.