Amosando publicacións coa etiqueta VH. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta VH. Amosar todas as publicacións

01/07/2025

VENRES DE HISTORIAS + VENRES MUSICAIS

Despedimos a sección de venres de historias e venres musicais deste ano no mes de xuño debido a alta participación de alumnado volutario que se ofreceu a contar e interpretar. Deixámosvos unha mostra das historias e interpretacións de dito mes e o ano que vén voltaremos con moito máis. Bo verán!
Brown and Beige Creative Illustration Book Club Presentation de Claudia

19/06/2025

VENRES DE HISTORIAS + VENRES MUSICAIS

O mes de maio estivo cheo de actuacións musicais e de contos. Moitos nenos e nenas pasáronse pola biblioteca para escoitar esas interpretacións e historias. A continuación vos deixamos unhas imaxes deses días.
Presentación Diapositivas Proyecto Creativo Garabatos Lila y Blanco de Claudia

24/05/2025

VENRES DE HISTORIAS + VENRES MUSICAIS

O mes de abril é moi especial, porque celebramos a semana do libro. Por iso, ao longo de dito mes, tivemos distintos tipos de historias e contos e algunha que outra actuación musical. Esperamos que desfrutedes das imaxes e dos vídeos deses días.

 

Presentación de Literatura Libros Papel Antiguo Ilustrado Beige Marrón de Claudia

24/04/2025

VENRES DE HISTORIAS + VENRES MUSICAIS

 As lecturas e actuacións do mes de marzo comezaron moi animadas, xa que os nosos lectores e intérpretes viñeron caracterizados debido á celebración do Entroido pequeno. Esa intensidade coa que empezou dito mes multiplicouse e todos os contos e interpretacións foron fascinantes e abraiantes. Deixamos a continuación as imaxes.



Pink and White Minimalist Dotted Abstract Musical Theatre Presentation de Claudia

02/04/2025

VENRES DE HISTORIAS + VENRES MUSICAIS

 No mes de febreiro todo o centro estivo inmerso no programa "21 días co galego e máis". Por iso, todas as lecturas e actuacións levadas a cabo durante dito mes foron en galego ou relacionadas coa nosa cultura galega. A continuación podedes ver e desfrutar dos contos e das cantigas e agardamos que vos guste tanto como nos encantou a nós.

Presentación Educativa Diapositivas Lectura Ilustrativa Creativa Naranja Lila de Claudia

12/03/2025

VENRES DE HISTORIAS + VENRES MUSICAIS

Á volta das vacacións de Nadal, a biblioteca volveuse encher de espectadores e espectadoras que escoitaron atentos e atentas os contos e actuacións musicais que vos deixamos a continuación na presentación.
Brown and Beige Minimalist Short Musical Drama Presentation de Claudia

11/02/2025

VENRES DE HISTORIAS + VENRES MUSICAIS

No mes de decembro houbo moi poucos venres de historia e música debido aos festivos. Mais nos dous recreos de dito mes contamos cuns marabillosos contos e tamén moita música. 

Ademais, na última sesión antes de Nadal os nenos e nenas viñeron caracterizados con accesorios desta época. Aquí van as imaxes e os vídeos. 


Brown and Beige Minimalist Modern illustrated Book Lover Presentation de Claudia

09/01/2025

VENRES DE HISTORIAS + VENRES MUSICAIS

 O mes de novembro estivo cheo de actuacións e contacontos cos que desfrutamos moito tanto os alumnos e alumnas como os mestres e mestras. Deixámosvos unhas imaxes e vídeos dos venres de dito mes.


Pink and Purple Illustrative Music Quiz Presentation de Claudia

29/11/2024

VENRES DE HISTORIAS + VENRES MUSICAIS

 O mes de outubro volvimos a encher de vida a biblioteca do colexio e, polo tanto, tamén voltaron os venres de contos e música. A continuación deixámosvos un resumo de todas as historias e pezas musicais que descubrimos, escoitamos e desfrutamos ao longo destas semanas.


Presentación Proyecto Literatura Libros Creativa Orgánica Colorida de Claudia

08/11/2024

Os venres de historias e música.

 Neste mes de novembro teremos a sorte de gozar  nos recreos de "Venres de Historias"  coa música e os contacontos  de...

Venres de Historias de bibliotecavales

20/06/2024

VENRES DE HISTORIAS + VENRES MUSICAIS

 O día 31 de maio foi o último día de venres de historias. Neste día contamos con Nahiara, Sarah e Daniela (de 4º C e E) que nos relataron O secreto de Mozart. Deixámosvos a continuación as imaxes.

Presentación de Proyecto Historia y Literatura Vintage Beige de Claudia

14/06/2024

VENRES DE HISTORIAS + VENRES MUSICAIS

O primeiro venres de maio tivemos a actuación de Julia Fernández e María Boado (de 6º B e 6º A) interpretando Titanic. Tamén tivemos o conto de O meu primeiro Principiño lido por Valeria Miranda, Antía Pérez, Paula García e Alba Andrade (de 4º D e 2º C). A continuación aparecen as imaxes e os vídeos dese día.
Presentación proyecto musical ilustrativa instrumentos naranja y turquesa de Claudia

13/06/2024

VENRES DE HISTORIAS VIRTUAL

Hoxe temos unha sorpresa para vós !!!.
O alumnado de 1ºD quixo despedir o último Venres de Historias do curso facendo a súa propia adaptación dun conto de Javíer Martín Ferrero.
 A Profe Cris e os nenos e nenas da súa clase narran como se crearon os planetas, coa axuda de Dona Gravidade e como esta decidiu o nome de cada un deles. 
 Se premedes no astronauta do cartel, poderedes acceder ao conto e desfrutar, tamén, das bonitas ilustracións que fixeron.
Venres de Historias 15 de xuño de Biblioteca Vales Villamarín

12/06/2024

VENRES DE HISTORIAS + VENRES MUSICAIS

O día 19 de abril contamos coa actuación de Carmen, Aroa e Naiara (de 6º E) que interpretaron a banda sonora do filme Titanic. A maiores Gustavo de 4º C relatounos A arca de Noé . Na segunte presentación aparecen as imaxes dese día.
Blue Green and Yellow Illustrated Musical Notes Brand Guidelines Presentation de Claudia

11/06/2024

VENRES DE HISTORIAS + VENRES MUSICAIS

O día 12 de abril tivemos a actuación do profe Pablo que tocou a trompa. Tamén Noa Martínez, Lola Mosquera e Lucía Varela (de 3º B) relatáronnos Hai algo máis aburrido que ser unha princesa rosa? A continuación mostramos as imaxes dese día.
Presentación Escuela de Música Proyecto Musical Instrumentos Ilustrada Infantil Morado y Verde de Claudia

06/06/2024

VENRES DE HISTORIAS + VENRES MUSICAIS

Á volta das vacacións de Semana Santa tivemos a actuación musical de Claudia e Aloia 6º D. Tamén tivemos a escenificación do conto Las diez gallinas da man de Martina e Saínza de 2º B. Por último, Candela, Águeda, Olivia e Alicia de 3º D e E contáronnos Brunilda y Bruno..
Presentación Música de Claudia

25/05/2024

LETRAS GALEGAS

 Para conmemorar a autora a que se lle adican as Letras galegas este ano, Luisa Villalta, realizamos diversas actividades como unha exposición sobre a autora e sobre os libros en galego. Tamén o día 15 de maio e o día 24 de maio tivemos, nos recreos de historias e música, diversas actuacións relacionadas co folclore galego e un conto titulado A princesa Sabela que nos relatou Juan de 4º E. A continuación deixámovos os vídeos e as imaxes.

LETRAS GALEGAS de Claudia