17/05/2026

UNHA LINGUA, MIL HISTORIAS: VIVA A LINGUA GALEGA!

Cada 17 de maio, a nosa biblioteca énchese de palabras, memoria e identidade para celebrar o Día das Letras Galegas, unha data moi especial que rende homenaxe á nosa lingua e ás persoas que a fixeron medrar a través da literatura.

É o día idóneo para lembrar a publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro en 1863, unha obra fundamental que marcou o rexurdimento da literatura en galego e que seque a emocionarnos coa súa defensa da cultura, da terra e da voz do pobo. Rosalía converteu o galego nunha lingua literaria chea de forza e beleza.


Neste 2026, a protagonista é Begoña Caamaño. Escritora, periodista e activista feminina galega, é unha persoa moi importante da cultura galega contemporánea. Porque ler en galego é manter viva a nosa historia e, cada páxina que abrimos, é unha nova forma de celebrala! Achégate á biblioteca e selecciona a historia que máis che guste, tes variedade para escoller!

Para 1º de primaria...

  
Para 2º de primaria...

Para 3º de primaria...


Para 4º de primaria...
 
 


Para 5º de primaria...

Para 6º de primaria...



FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

11/05/2026

RECOMENDACIÓNS LECTORAS - MAIO

Ao longo do mes de maio, o alumnado do Vales continuou colaborando coa sección de recomendacións lectoras do xornal ACEBE: Betanzos e a súa comarca, compartindo aqueles libros que máis lles gustaron e que consideran unha excelente opción para outros lectores e lectoras.

Nesta ocasión, as recomendacións achegáronnos historias cheas de humor, fantasía e personaxes inesquecibles.

Vega Ferreño, de 5º E, recomendou El club de las malas ideas. El peor primer día de clase, unha divertida novela protagonizada por un neno que, no seu novo colexio, se une a un peculiar club no que as malas ideas parecen multiplicarse. Pola súa banda, Gael Otero, de 3º D, escolleu ¡Llega el Sr. Flat!, unha historia chea de humor e aventuras na que un misterioso agasallo da biblioteca cambia a vida do protagonista. Finalmente, Brais Balcárcel, de 6º D, recomendou Apestoso tío Muffin, un libro orixinal e entretido que narra a peculiar relación entre unha nena e un home moi especial ao que intentarán axudar dun xeito sorprendente.

Estas recomendacións poñen de manifesto, unha vez máis, a riqueza e diversidade das lecturas que goza o noso alumnado, así como a súa capacidade para transmitir aos demais o entusiasmo polos libros.

Desde BiblioVales queremos agradecer a Vega, Gael e Brais a súa participación e felicitalos por compartir as súas experiencias lectoras. Tamén queremos agradecer ao xornal ACEBE: Betanzos e a súa comarca que continúe ofrecendo este espazo no que as voces das lectoras e lectores máis novos teñen un papel protagonista.

Con estas recomendacións despedimos un novo curso de colaboracións lectoras, cheo de historias, aventuras e descubrimentos. Grazas a todo o alumnado que participou ao longo do ano facendo medrar a nosa comunidade lectora!