Amosando publicacións coa etiqueta ENCONTROS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ENCONTROS. Amosar todas as publicacións

04/05/2017

EMILIO PITA. HISTORIA VIVA DO GLOBO DE BETANZOS

Durante dúas semanas Emilio Pita, encargado de manter viva a tradición do globo de San Roque de Betanzos, veu a compartir cos nenos, nenas e profes de primaria a súa experiencia, coñecemento e historia.
Contounos as orixes do globo, como o seu avó, Claudino Pita, alá no 1875 fixo o primeiro globo de papel en honor a San Roque para cumplir unha promesa, como a tradición foi pasando de pais a fillos e desvelounos algúns segredos do globo.
Descubrimos como se fai, con que se pega, con que se pinta, onde se fai, quen o fai, as súas medida, o nome das súas partes...  Outra acepción para chourizos, chicho, cestillo, mazo e xuramento, e algunha nova palabra coma "pachuzos".
Moitas grazas pola paciencia e o tempo adicado!!



14/05/2015

Roteiro con Alfredo Erias

Nenas e nenos de 4º foron de roteiro por Betanzos acompañados por Alfredo Erias, director do Museo de As Mariñas e da biblioteca municipal.
Alfredo é o autor do libro titulado En Betanzos, a súa lectura motivou esta actividade.
Así nolo contan:


Grazas a todos os que a fixeron posible: Concello e Protección Civil de Betanzos, parroquia de Sta. María, libraría Biblos e, por suposto, Alfredo Erias.

12/05/2014

Visita de Sabela Arias Castro

A ilustradora e pintora Sabela Arias Castro visitou a nosa biblioteca para mostrar ao alumnado de 4º outro aspecto dos libros: a ilustración.


11/05/2014

Visita de Tucho Calvo

O escritor, editor e libreiro Tucho Calvo visitou a nosa biblioteca para manter un encontro co alumnado de sexto curso. A conversa xirou arredor do mundo dos libros, que el coñece tan ben.

27/04/2014

Visita de Xesús Fraga

O periodista e escritor Xesús Fraga visitou a nosa biblioteca para manter un encontro co alumnado de quinto curso. A conversa desenvolveuse nun ambiente moi tranquilo e agradable. Contoulles as súas experiencias coa escrita, dende o comezo ata o de agora.


03/06/2013

Visita de Xosé Tomás

O ilustrador Xosé Tomás visitou a nosa biblioteca para encontrarse cos nenos e nenas de infantil.

31/05/2013

Visita de Xosé Neira Vilas

O pasado día 24 de maio foi un día especial para o noso colexio: recibimos a visita do escritor Xosé Neira Vilas. O autor de Memorias dun neno labrego e Espantallo amigo explicounos a súa vinculación con Betanzos, onde xa estivo varias veces. Contestou a todas as nosas preguntas de maneira que puidemos coñecer cal foi o proceso creador das dúas obras e ademais as súas opinións sobre temas que teñen que ver con rapaces e  rapazas.
Como agasallo pola súa amabilidade mostrámoslle parte do fruto do noso traballo en forma de obras de teatro e recitado de poemas da súa muller, Anisia Miranda.
Reproducimos nestes vídeos o que foi a xornada, non quixemos recortar nada.


Ao longo do curso foron moitas as actividades que se desenvolveron arredor da súa obra.

25/05/2013

Visita de Ricardo Gómez

O escritor Ricardo Gómez Gil, autor, entre outras obras de Ojo de Nube, visitou a nosa biblioteca.
O encontro co autor forma parte das actividades realizadas dentro do proxecto Escribir como lectores do Club Telémaco, patrocinado pola Fundación SM e coordinado e realizado pola Asociación Española de Lectura y Escritura (AELE).

 


08/05/2013

Tucho Calvo visítanos na biblioteca

Tucho Calvo, editor, periodista e escritor, visitounos para contarnos doutro xeito o libro Paxaro de mar e vento. Reuniuse co alumnado de 2º de E.P.


 
Tucho é, ademáis, autor dos libros para nenos A castaña que chegou a árbore e Gatipedro.

02/05/2013

Encontro con Xabier López

No curso 2011-2012 o escritor Xabier López López visitou a nosa bilioteca para falarnos da súa obra e do seu traballo. Naquel momento leunos, en primicia, un conto que acababa de escribir e ía entregar á editorial para que llo publicaran; agora, en marzo de 2013, o libro víu a luz e puidemos comprobar como se transformaron nun fermoso libro os folios que el nos mostrou.
Xabier acudíu de novo á biblioteca para contarnos como fora o proceso e falarnos do que está a facer.


 
Xabier López López é autor, entre outras obras, dos contos A vella quenlla perdeu os dentes e Son un can!