luns, 20 de marzo de 2023

DÍA INTERNACIONAL DA NARRACIÓN ORAL

 Hoxe estamos encantados de facer algo que realmente nos gusta, contar contos, historias, lendas, aventuras de personaxes de agora e de sempre que nos fan imaxinar historias fantásticas. 

É por iso polo que LEO e MARIÑA comparten con vós algúns dos seus contos favoritos, escollidos de entre aqueles que lles enviaron, alén dos mares, os seus amigos espallados polas bibliotecas do mundo.



CONTO DE ESTADOS UNIDOS

   

CONTO DE PAÍSES NÓRDICOS



CONTO DE AUSTRALIA  


CONTO  MUSICADO: CHINA



CONTO PORTUGUÉS


CONTO AFRICANO AMBIENTADO EN AMÉRICA DO SUR CONTO MEXICANO


CONTO DA INDIA


CONTO XAPONÉS

domingo, 19 de marzo de 2023

PDI: MODO DE VIDA

Este segundo trimestre estivo cheo de actividades e investigacións sobre o modo de vida nas distintas culturas e tamén nos deu tempo a divertirnos durante o Entroido coñecendo, máis polo miúdo, como é a vestimenta nestes países. 

Deixámovos agora un video que vos vai a encantar porque nel poderedes aprender moitas máis cousas sobre os nenos e nenas que teñen unha vida diferente ás vosas.



   

venres, 17 de marzo de 2023

DÍA DO COMIC

 


Sabiades que o pasado 11 de xullo de 2022 acordouse declarar o día de hoxe, 17 de marzo, DÍA DO COMIC E DO TEBEO, recoñecendo así o papel dos seus profesionais no mundo da cultura? 

Escolleuse esta data porque se considera que foi o inicio da revista de historietas TBO ,  todo un fenómeno da lectura de viñetas en España.

Leo e Mariña fixeron unha escolma dos mellores comics da Biblioteca e invítanvos a escoller un para levar e animarvos esta fin de semana.


                                         Alumnos de 3ºB creando no Día do comic



mércores, 15 de marzo de 2023

ADIANTÁMONOS AO DÍA MUNDIAL DAS PERSOAS CONSUMIDORAS : SEGURIDADE NO ENTROIDO

Este ano quixemos ser precavidos e antes de poñernos os nosos disfraces de Entroido, o alumnado de 3º e 4º aprendeu como deben ser as máscaras e complementos, que información debe vir reflexada nas etiquetas e que dereitos temos, como consumidores, se a nosa compra non resultou ser o que esperabamos. 

Pero hoxe queremos animarvos a cantar unha canción que fala dos produtos da terra. 


martes, 7 de marzo de 2023

SEMANA DA PRENSA: BOAS NOVAS AO REDOR DO PLANETA

   Ao longo de esta semana, Leo e Mariña invítanvos a buscar na prensa escrita, xa sexa en papel ou en dixitalBOAS NOVAS ao redor do planeta, especialmente das zonas que eles queren visitar no verán (EEUU, Norte de Europa, Australia, China, Portugal, África, América do Sur, México, India e Xapón...)


    Cando teñades esas BOAS NOVAS podedes traer o recorte ou a referencia da publicación e , entre todos e todas , encheremos o mapa colocado na entrada do colexio para descubrir cantas boas cousas suceden na Terra. Animádevos a participar!!!


   Pero a viaxe de Leo e Mariña non é só por visitar países, senón que están interesados en averiguar datos e información sobre que pasaba antes, cales eran as noticias máis habituais... e indagando , indagando, caeu nas súas mans unha publicación antiga na que aparece un artigo que ten que ver co noso colexio. Queres atopalo? Preme no enlace:

https://anuariobrigantino.betanzos.net/Ab1981PDF/1981%20220_234.pdf

Sabes se o noso colexio, que este ano cumple 50 anos, saíu máis veces na prensa? Se é así, podes levar á biblioteca esas noticias e deixalas na bandexa que estará colocada ao lado de Leo.









venres, 3 de marzo de 2023

CONCURSO NACIONAL DE “CONTOS DE NENOS PARA NENOS” CONVOCADO POLA AGRUPACIÓN CULTURAL O FACHO

 Recuperados en 2008 os premios literarios que desde os anos sesenta convocou O FACHO, realízase a convocatoria para 2023 do Concurso Literario de “Contos de Nenos para Nenos”.

 

 RESUMO DAS BASES DO CONCURSO

 PARTICIPANTES:

1. Poderán participar rapaces e raparigas que presenten as súas obras en Lingua galega en calquera das tres normas ortográficas (RAG, Eo-Naviego, Reintegrado, Lusófona).

CATEGORÍA ANenos e nenas de 9 a 12 anos
CATEGORÍA B: Rapaces e raparigas de 13 a 16 anos

2. Os traballos presentados deberán ser:
* orixinais e inéditos en toda a súa extensión
* non teren sido premiados en calquera outro concurso ou certame literario e
* os seus dereitos de publicación podan ser cedidos à Asociación Cultural O FACHO por período de cinco anos contados a partir do día do fallo do xurado.

 PRESENTACIÓN DOS CONTOS:
1. Poderá facerse individualmente ou por medio do centro onde curse os seus estudos, por:
2. Correo electrónico: ofacho@ofacho.com
3. Correo postal dirixido à: Asociación Cultural O FACHO, Apartado de Correos n.º 46, Oficina Principal.

Cada autor só poderá presentar unha obra atendose aos seguintes limites de extensión:

Categoría A: Un máximo de cinco folios
Categoría B: Un máximo de dez folios

4. As obras deben presentarse por triplicado, manuscritas ou mediante editores de texto, encadernadas ou grampadas e levarán por detrás do último folio os seguintes datos: Nome e apelidos do autor/a, enderezo e teléfono, correo electrónico, centro onde cursa os seus estudos e categoría na que participa.

PRAZO de Admisión:  finaliza o día 16 de Abril do 2023 ás doce da noite.


   
 
 

xoves, 23 de febreiro de 2023

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Celebramos a unha MULLER, a unha escritora sen igual da nosa literatura e a un referente tamén na loita contra as desigualdades.

ROSALÍA reivindicou  ÁS MULLERES , manifestou a súa ira CONTRA a PRECARIEDADE e soubo poñer diante dos lectores e lectoras a vida das máis vulnerables para darlles voz a través das protagonistas das súas obras: mozas, solteiras, vellas , e "viuvas de vivos", esas mulleres soas que decidiron deixar de agardar polo home que emigrou e non vai volver...

Pero hoxe, imos conmemorar este día lembrando o poema "Miña casiña, meu lar" de Follas Novas, no que unha muller pobre loita por sobrevivir. Ela chega a Padrón morta de fame e de frío e a pesares de que non ten case nada e de que os seus veciños lle negaron o que lles sobraba, consegue facer un humilde "Caldo de gloria" . Se queredes probar a facer este caldo, subide á Biblioteca e collede un marcapáxinas coa receita do andel do corredor.


Podedes ver a elaboración da receita neste enlace :

 https://youtu.be/oj06xiVi2Po  


Tamén podedes ver aos marabillosos artistas de 2ºB, que recitaron e ilustraron un poema de Rosalía, nesta ocasión da obra Cantares Gallegos








sábado, 11 de febreiro de 2023

DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

Este ano a celebración que propón a ONU céntrase no papel das mulleres e das nenas en relación aos Obxectivos de desenvolvemento sostible. O lema é : "Innovar. Demostrar. Elevar. Avanzar. Sostener (I.D.E.A.S.)". 

Sabemos que o papel da muller na ciencia , a través do paso do tempo, foi funfamental para atopar grandes descubrimentos na menciña, na física e na tecnoloxía... pero, en moitos casos, os seus traballos foron acreditados por homes , nun momento da historia no que a muller non era valorada nin considerada importante dentro da sociedade.

 Falta moito por facer, pero imos avanzando. Queredes coñecer a algunhas das mulleres máis importantes en Ciencia?


Mulleres científicas nas distintas culturas de bibliotecavales

luns, 30 de xaneiro de 2023

DÍA DA ILUSTRACIÓN

Cada 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao, celébrase o Día da Ilustración, unha data que serve para reivindicar o papel dos profesionais do mundo da ilustración homenaxeando a un ilustrador ou ilustradora histórico galego. Este ano a protagonista é a pintora galega María Antonia Dans.