09/11/2023

VENRES DE BIBLIO

Estimadas familias,
Dende a Biblioteca Vales queremos abrir as portas a toda a comunidade educativa creando un espazo de encontro entre familias e alumnado, onde poidades gozar da lectura, do xogo, a imaxinación e a convivencia. Queremos que a biblioteca sexa un lugar de aprendizaxe, diversión e afecto, onde as familias poidades compartir tempo de calidade e fomentar o hábito lector nos nenos e nenas.
Esperamos vervos os venres na biblioteca do edificio de primaria. 
Para calquera dúbida podedes contactar co equipo de biblioteca: bibliotecavales@gmail.com
Esperámosvos con moita ilusión.