domingo, 20 de decembro de 2020

NOVIDADES. NADAL

 Aproveitando que imos gozar dunhas semanas especiais para descansar, queremos recomendarvos algún libro para acompañarvos neste tempo e sempre.

Todos os libros, que vos amosamos e recomendamos, foron chegando á nosa biblioteca ó longo deste trimestre (algúns á de Infantil e outros á de Primaria). Agárdavos na biblioteca!!!


venres, 18 de decembro de 2020

martes, 15 de decembro de 2020

xoves, 10 de decembro de 2020

VENRES DE HISTORIAS. CUENTOS EN VERSO PARA NIÑOS PERVERSOS

 Hoxe, da man das rapazas e rapaces de 6ºE, achegámonos  a unha versión de Carapuchiña Vermella, recollida en CUENTOS EN VERSO PARA NIÑOS PERVERSOS de Roald Dahl.

Moitas grazas pola vosa xenial interpretación, adaptada a tempos de COVID. 






mércores, 2 de decembro de 2020

VENRES DE HISTORIAS. 4 DE NADAL

 Convidámosvos a un VENRES DE HISTORIAS distinto. 

O 3 de decembro de 2020, é o Día Internacional das persoas con Discapacidade e aproveitando esta data invitámosvos a ver dúas curtas tal e como as verían as persoas cegas; a través dunha AUDIO DESCRICIÓN. 

Apagade a pantalla, pechade os ollos e vede (con outra mirada) as curtas de hoxe: EL REGALO de Jacob Frey e PIP UNIVERSIDAD CANINA de Bruno Simoes.






VENRES DE HISTORIAS . NADAL

 Neste mes tan especial preparamos uns VENRES DE HISTORIAS que agardamos vos fagan pensar, rir, reflexionar, medrar e ser cada día mellores.