23/04/2026

VIAXA SEN SALIR DA BIBLIOTECA

Hoxe, 23 de abril, celebramos o Día do Libro, unha data moi especial para a nosa biblioteca e para todas as persoas que gozan coa lectura. Desde a nosa biblioteca queremos convidarvos a todos e a todas a formar parte desta festa de palabras, de historia e de imaxinación.

A biblioteca é un espazo aberto a todo o mundo, un lugar de encontro onde pequenos e maiores poden descubrir novos mundos, aprender cousas sorprendentes e deixar voar a súa imaxinación. Non só atoparás libros, senón tamén un lugar tranquilo para ler, aprender e compartir bos momentos con outras persoas. 

Que podes atopar na nosa biblioteca?

LIBROS DE AVENTURAS


LIBROS DE FANTASÍA


LIBROS DE MISTERIO


LIBROS DE HUMOR


LIBROS DE CIENCIA E NATUREZA

    

CONTOS CLÁSICOS



Achégate á biblioteca e comeza a túa próxima historia!

DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DO DEREITO DE AUTOR

Hoxe celebramos o Día Mundial do Libro e do Dereito  de Autor facendo nosas as palabras da xornalista e  escritora Eva Mejuto 

"... porque cando lemos 

todo é posible,

sobre todo o imposible".

Por iso,  queremos que vexades as "Artistadas" que fixeron os compañeiros de 4ºB sobre unha das coleccións que estiveron a ler na clase, Vinte mil leguas de viaxe submarino, e facémolo así porque, sen dúbida, o seu autor, Julio Verne, fainos crer sempre tanto no posible como no imposible.
Biblioteca de Leo e Mariña. Artistadas de 4ºB

07/04/2026

LECTURAS PARA UNHA VIDA SA

Hoxe é o Día Mundial da Saúde, unha data perfecta para lembrar que estar sans non é só non estar enfermos, senón sentirnos ben por dentro e por fóra. Comer ben, facer exercicio, descansar o suficiente e coidar as nosas emocións axúdanos a medrar sans e felices. 

Na biblioteca, temos varios exemplares para concienciar ao alumnado sobre a importancia de coidar a nosa saúde.



O doctor Guau é un can que actúa como médico dunha familia de malos hábitos, ensinando aos nenos e nenas consellos básicos de hixiene e coidado persoal, como lavar as mans, alimentarse ben... dun xeito divertido e con humor.


Berto é un neno que observa o que ocorre ao seu redor e comeza a tomar decisións máis saudables, como coidar o seu corpo, escoitar aos demais e adoptar bos hábitos. 



Pepiño Chispa vai descubrindo, coa axuda dos Bolechas,como comportarse mellor e como coidar aspectos importantes do seu día a día, como a saúde, a convivencia ou a educación. 


Non é unha historia como tal, senón unha guía con explicacións, exemplos e actividades sobre diferentes valores e hábitos, incluindo a hixiene e o coidado persoal.



Explica, dun xeito divertido e con moitos debuxos, como se lavaban as persoas en diferentes épocas da historia, que costumbres tiñan e como xurdiron inventos importantes como o retrete, o cepillo de dentes ou o xabón. Conciencia sobre a importancia de manter unha boa hixiene, pois é clave para ter unha boa saúde, para vivir mellor e para vivir máis tempo. Ademais, conta curiosidades sorprendentes!

06/04/2026

RECOMENDACIÓNS LECTORAS - ABRIL

Durante o mes de abril, coincidindo coa celebración do Día do Libro, o alumnado do Vales continuou compartindo as súas recomendacións lectoras a través da sección de lecturas do xornal ACEBE: Betanzos e a súa comarca. Unha vez máis, os nosos lectores e lectoras demostraron que os libros son unha fonte inesgotable de diversión, aprendizaxe e emocións.

Nesta ocasión, as recomendacións achegáronnos historias moi diferentes entre si, pero todas elas capaces de captar a atención dos lectores desde as primeiras páxinas.

Mara Alonso, de 5º E, recomendou Curriño o can influencer, unha divertida historia protagonizada por un can que se converte nun auténtico fenómeno das redes, chea de situacións sorprendentes e momentos entrañables. Pola súa banda, Carla Vázquez, de 3º C, escolleu A pantasma colorida, un libro ideal para os máis pequenos, cheo de humor e aventuras protagonizadas por unha pantasma moi especial. Completa esta selección Candela, de 5º E, coa súa recomendación de La muy catastrófica visita al zoo, unha novela chea de misterio, investigación e acontecementos inesperados que mantén a intriga ata o final.

Estas recomendacións amosan, unha vez máis, a variedade de lecturas que goza o noso alumnado e a súa capacidade para compartir con entusiasmo aqueles libros que máis lles gustaron.

Desde a biblioteca escolar queremos felicitar a Mara, Carla e Candela por participar nesta iniciativa e agradecer ao xornal ACEBE: Betanzos e a súa comarca o seu compromiso coa promoción da lectura e coa difusión das voces lectoras do noso alumnado.

Abril, mes dos libros e das historias compartidas, deixounos novas recomendacións para seguir gozando da lectura. Grazas ás nosas lectoras e lectores por seguir inspirándonos a abrir un libro e descubrir novos mundos!



Betanzos e a súa comarca. Abril 2026 (401)