Amosando publicacións coa etiqueta CIENCIA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CIENCIA. Amosar todas as publicacións

03/11/2025

MES DA CIENCIA EN GALEGO NA BIBLIOTECA

 Ola, amiguiñas e amiguiños!

Somos Leo e Mariña e queremos contarvos un segredo…
Este mes a nosa biblioteca está chea de ciencia en galego e de cousas sorprendentes por descubrir.

Nós xa estivemos investigando polos andeis e atopamos libros que falan do espazo, dos animais, do corpo humano, dos inventos, da natureza e de experimentos moi curiosos. Algúns fan rir, outros fan pensar… e todos nos axudan a aprender algo novo.

Sabíades que a ciencia tamén se pode ler?

Cada libro agocha preguntas interesantes:

  • Por que brillan as estrelas?

  • Como funciona o noso corpo?

  • Que inventos cambiaron o mundo?

  • Que segredos esconde a natureza?

Durante o Mes da Ciencia en Galego queremos convidarvos a vir á biblioteca, coller un libro de ciencia e deixar voar a vosa curiosidade. Non importa a idade: sempre hai algo novo por descubrir.

✨ Ler ciencia en galego axúdanos a aprender, a pensar e a facer preguntas.
✨ A biblioteca é o mellor laboratorio para investigar con calma.
✨ E a curiosidade… é o mellor motor para aprender!

Esperámosvos na biblioteca para investigar xuntos/as e descubrir moitas cousas novas! 

14/03/2016

DINOSAURIOS

Esta semana levaranse a cabo no colexio unhas actividades sobre os dinosaurios nas que participarán os alumnos e alumnas de 1º, 2º e 4º.
Á entrada da biblioteca poderedes atopar unha pequena recompilación de todo o que temos sobre eses animais tan interesantes. 
Agardamos que a disfrutedes!!



12/02/2014

Creamos circuitos eléctricos

Nenas e nenos de 6º explican como crearon circuitos eléctricos, utilizando a información que tiveron ao alcance e aplicando técnicas que aprenderon.
Aquí tedes unha mostra, para ver máis premede neste enlace.