Amosando publicacións coa etiqueta CURSO 26-27. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CURSO 26-27. Amosar todas as publicacións

28/09/2026

Capítulo 1: A Chamada do CITM

 

Comeza a aventura de Tesouros das Mariñas!

Leo, Mariña e Mero teñen unha nova misión para este curso: descubrir, investigar e compartir os Tesouros das Mariñas. 

Para poñer en marcha o noso Proxecto Documental Integrado, xa está dispoñible o capítulo 1, a primeira parada desta aventura.


Na Aula Virtual da Biblioteca atoparedes o capítulo e os materiais para comezar:

  • O Diploma do CITM.

  • O Correo do CITM, coa primeira misión oficial para cada nivel.

  • Os carteis que explican o método PISTA.

  • A ficha oficial de investigación do CITM.


Alí, tamén está dispoñible a Caixa de Ferramentas do CITM. Nela atoparedes eses recursos e, ademais, un modelo da carta oficial do CITM, os seus logos e imaxes de Leo, Mariña e Mero para incorporar ás diferentes actividades.

Abrimos o primeiro expediente?

Que tesouros descubriremos este curso nas Mariñas?

14/09/2026

Benvidas e benvidos a un novo curso!

Comezamos un novo curso cheo de historias por descubrir, lecturas para compartir e novas aventuras entre libros. Desde a BiblioVales queremos dar a benvida a toda a comunidade educativa e desexarvos un estupendo ano escolar. 

Informamos o profesorado de que xa se poden solicitar as nosas coleccións de lectura, formadas por varios exemplares dun mesmo título para traballar e gozar da lectura con todo o grupo.  Aquí podedes consultar os títulos dispoñibles e o número de exemplares cos que conta a biblioteca. 

Para reservar unha colección, só tedes que cubrir o formulario que atoparedes a continuación. As solicitudes atenderanse por orde de recepción no formulario. Cando a colección solicitada estea dispoñible para a súa recollida, unha persoa do Equipo de Biblioteca poñerase en contacto co docente que realizou a reserva. 


Agardamos que estas coleccións enchan as aulas de lecturas compartidas, conversas e bos momentos. Bo comezo de curso e felices lecturas!