Amosando publicacións coa etiqueta LITERATURA INFANTIL E XUVENIL. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta LITERATURA INFANTIL E XUVENIL. Amosar todas as publicacións

08/05/2017

PINOCHO

 O pasado xoves 27 asistimos a un marabilloso concerto no Conservatorio Superior Da Coruña, onde escoitamos a obra sinfónica Pinocho de Ferrer Ferrán, basada no libro de Carlo Collodi. 



Descubrimos que os libros inspiran cine e tamén Música.

26/04/2017

Visita de Raquel Queizás

Un ano máis Raquel Queizás visitou a biblioteca para deleitarnos cun dos seus espectáculos, este ano contounos o conto de Carlos Casares, A galiña azul.



Grazas ao Concello de Betanzos por facer posible esta actividade.

21/04/2017

DÍA DO LIBRO

Dende a Biblioteca para conmemorar o día do libro propuxemos dúas actividades: Libros de Cine e Leotolda.

  • Libros de Cine: colocamos unha pequena exposición de libros que inspiraron películas á entrada da biblioteca e os nenos poden levar conxuntamente o libro e a peli ás súas casas. Ademáis nestas datas, dende outros departamentos , hai organizadas actividades que teñen que ver con libros: iremos ver unha obra de teatro en inglés inspirada en "Peter Pan" de Susan Hill, un concerto inspirado en "Pinocho" de  Carlo Collodi e unha obra de danza basada en "Charlie e a fábrica de chocolate" de Roal Dahl.

  • Leotolda: este é o título dun album ilustrado de Olga de Dios que como ela dí "Leotolda es una aventura fantástica que alcanzará su fin con el poder de tú creatividad", así  propoñemos ós nosos alumnos que se convirtan en autores e rematen esta aventura , tanto nas aulas, como na bibio (onde dispoñemos dun recuncho adicado a ela), nas súas casas.... Clicando aquí podedes ler o libro en fomato PDF libremente.
     

12/03/2017

26/01/2017

VISITA DE LEDICIA COSTAS

O pasado mércores, 25 de xaneiro, contamos, de novo,  coa visita da escritora Ledicia Costas, autora de "Escarlatina, a cociñeira defunta" libro que desfrutaron e seguen a desfrutar os nenos de 5º e 6º do colexio.
Recentemente a autora publicou a precuela "Esmeraldina, a pequena defunta" do que xa dispoñemos de 26 exemplares para que todos os alumnos poidan coñecer a  Escarlatina antes de morrer e como foi aprendendo a ser unha pantasma.
Na visita os nenos fóron descubrindo a infancia da escritora, o seu gusto pola lectura e escritura dende xa ben nova, aventuras do seu gato e a súa avoa... e tamén moitas curiosidades sobre o libro de Escarlatina.
Unha visita moi amena que deixou a todos con gañas de seguir adentrándonos no fantástico mundo do Alén.




27/10/2016

BIBLIOTECA EN INFANTIL

Xa está listo o novo espazo da biblioteca no aulario de Educación Infantil. 
A Fada Mariña ten agora un lugar ben bonito para contarlle historias ós peques do cole. 



09/05/2016

Nenas e nenos de 4º presentan a Alicia ao alumnado de infantil

O alumnado de 4º de Educación Primaria acudiu ao edificio de Educación infantil para ler e representar para os máis pequenos a historia de Alicia no País das Maravillas.
Durante a representación, axudándose das ilustracións feitas por eles, ensináronlles as aventuras disparatadas que lle ocorreron a Alicia, que era unha nena á que lle gustaba moito soñar.
Finalmente animáronos a seguir soñando, xa que ...

para que algo suceda primeiro hai que soñalo

Aquí vos presentamos a reportaxe desta actividade, enmarcada dentro da celebración do Día do Libro:

27/04/2016

DÍA DO LIBRO

Para conmemorar o día do libro Leo escribiu unha carta a tódolos nenos do colexio propoñéndolles un xogo. Tiñan que establecer unha relación entre catro imáxenes, escribir a resposta e poñela no taboleiro da biblioteca. 
 
A solución era que este ano, fai 400 anos, un 23 de abril faleceu Miguel de Cervantes, autor de "Don Quijote de la Mancha". O 23 de abril é o día do libro por ser, precisamente, o día do seu pasamento e o de Shakespeare.
A partires de aí  realizáronse as seguintes actividades:
  • Recreación do conto de Alicia en el País de las Maravillas de tódolos cursos de 4º para E.I
  • Danzarte. Baile do conto de Alicia en el País de las Maravillas. Para todos os alumnos de 4º
  • Decoración dos corredores co tema de Don Quijote feito polos alumnos de 1º
  • Kamishibai de Don Quijote feito polos alumnos de 6º C e 6ºD para os alumnos de 5 anos de E.I
  • Contacontos. Raquel Queizás, coa historia "Dulcinea ten moito que contar" para os alumnos de 1º 
  • Exposición de libros de Don Quijote e Cervantes na biblioteca
  • Visita á biblioteca de tódolos curso de E.P , clase por clase, para realizar unha serie de actividades elaboradas polo equipo de biblioteca sobre Cervantes e o Quijote.
Paseniñamente irémosvos informando delas.

13/06/2015

Contos do mundo

Marwa Obaid Rashid Al Aqroubi escribiu co gallo da conmemoración do Día internacional do libro infantil:
“Falamos diferentes linguas e vimos de diferentes orixes, mais compartimos as mesmas historias”
É a mesma historia que se nos conta a todos
En diferentes voces
En diferentes cores
Pero permanece inmutábel…
Comezo… Argumento… E fin…
Nenas e nenos de 6º D recopilaron lendas e contos tradicionais de diversos países do mundo.
Comprobade como as historias permanecen inmutables a pesar das diferentes orixes…

11/06/2015

Visita de Ledicia Costas

Os nenos e nenas de 5º E fannos chegar as súas experiencias coa lectura do libro Escarlatina, a cociñeira defunta e tamén sobre a visita que fixo a autora ao noso colexio.


23/04/2015

23 de abril. Día Mundial do libro

Un ano máis conmemoramos o Día do Libro e facémolo como máis nos agrada: lendo e escoitando historias.
Unhas cóntanas os compañeiros maiores, outras contacontos profesionais e outras os propios autores.
Imos enlazar a conmemoración deste día coa do Día da Letras Galegas, con este programa:
  • Nenas e nenos colaboradores da biblioteca lerán contos ao alumnado de 5º e 6º de infantil na súa nova "biblio".
  • O alumnado de 1º de primaria gozará dos contos que conte Raquel Queizás.
  • Os de 2º de primaria encontraranse con Abraham Carreiro.
  • Tucho Calvo acompañará ao alumnado de 3º co seu Paxaro de mar e vento.
  • Nenas e nenos de 4º realizarán un roteiro literario con Alfredo Erias.
  • Ledicia Costas compartirá o seu libro Escarlatina, a cociñeira defunta co alumnado de 5º.
  • Charo Anido (mamá dunha nena do colexio) presentará ao alumnado de 6º un conto da súa autoría.


FELIZ DÍA DO LIBRO 2015!

02/04/2015

Día do libro infantil

Dende o ano 1967, o 2 de abril, data do nacemento do escritor Hans Christian Andersen, celébrase o Día Internacional do Libro Infantil co obxectivo de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.

Cada ano, unha sección nacional do IBBY, selecciona a un escritor representativo e a un recoñecido ilustrador do seu país para que elaboren a mensaxe dirixida a todos os nenos do mundo e o cartel que se distribúe por todo o mundo.

Este ano, o país elixido é Emiratos Árabes Unidos. O deseño do cartel é da ilustradora Nasim Abaeian, e o texto, de Marwa Obaid Rashid Ao Aqroubi, destacada figura da literatura infantil no seu país.