15/10/2026

Celebramos o Día das Bibliotecas Escolares coa ANPA Brigantium !

      Achégase o 24 de outubro, Día das Bibliotecas, e a ANPA Brigantium convídanos a celebralo cunha iniciativa que nos encanta: un concurso de debuxo inspirado nos libros favoritos do noso alumnado!

    Familias, animade os vosos pequenos artistas a participar! Só precisan escoller un libro que lles apaixone e deixar voar a imaxinación. 

    Grazas, ANPA Brigantium, por axudarnos a facer medrar o amor polos libros!