23/02/2023

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Celebramos a unha MULLER, a unha escritora sen igual da nosa literatura e a un referente tamén na loita contra as desigualdades.

ROSALÍA reivindicou  ÁS MULLERES , manifestou a súa ira CONTRA a PRECARIEDADE e soubo poñer diante dos lectores e lectoras a vida das máis vulnerables para darlles voz a través das protagonistas das súas obras: mozas, solteiras, vellas , e "viuvas de vivos", esas mulleres soas que decidiron deixar de agardar polo home que emigrou e non vai volver...

Pero hoxe, imos conmemorar este día lembrando o poema "Miña casiña, meu lar" de Follas Novas, no que unha muller pobre loita por sobrevivir. Ela chega a Padrón morta de fame e de frío e a pesares de que non ten case nada e de que os seus veciños lle negaron o que lles sobraba, consegue facer un humilde "Caldo de gloria" . Se queredes probar a facer este caldo, subide á Biblioteca e collede un marcapáxinas coa receita do andel do corredor.


Podedes ver a elaboración da receita neste enlace :

 https://youtu.be/oj06xiVi2Po  


Tamén podedes ver aos marabillosos artistas de 2ºB, que recitaron e ilustraron un poema de Rosalía, nesta ocasión da obra Cantares Gallegos








11/02/2023

DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

Este ano a celebración que propón a ONU céntrase no papel das mulleres e das nenas en relación aos Obxectivos de desenvolvemento sostible. O lema é : "Innovar. Demostrar. Elevar. Avanzar. Sostener (I.D.E.A.S.)". 

Sabemos que o papel da muller na ciencia , a través do paso do tempo, foi funfamental para atopar grandes descubrimentos na menciña, na física e na tecnoloxía... pero, en moitos casos, os seus traballos foron acreditados por homes , nun momento da historia no que a muller non era valorada nin considerada importante dentro da sociedade.

 Falta moito por facer, pero imos avanzando. Queredes coñecer a algunhas das mulleres máis importantes en Ciencia?


Mulleres científicas nas distintas culturas de bibliotecavales