Amosando publicacións coa etiqueta animación á lectura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta animación á lectura. Amosar todas as publicacións

13/12/2022

VISITA DE LEDICIA COSTAS

 O día 12 de decembro tivemos a sorte de contar coa visita da escritora galega LEDICIA COSTAS.

 Foi unha visita breve, na que pasou pola nosa RADIO onde nenas e nenos de 4º a entrevistaron baixo a dirección técnica dunha compañeira de 6º.

Nunha sala de Usos Múltiples repleta, atendeu ás preguntas que os rapaces e rapazas de 4º lle fixeron sobre a súa profesión de escritora e o seu libro ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA.

GRAZAS POR COMPARTIR UN RATIÑO CON NÓS!!






11/03/2020

CONTACONTOS EN INFANTIL

As nenas e nenos de 5ºA seguen a repartir contos polo noso cole.  Esta vez visitaron a biblioteca do edificio de educación infantil, alí leron e interpretaron o xa clásico "O coelliño branco" de Xosé Ballesteros e Óscar Villán.



25/02/2020

RAQUEL QUEIZÁS NA BIBLIOTECA

Co gallo da celebración do Día Internacional da Lingua materna visitounos Raquel Queizás cun espectáculo cheo de imaxinación, divertido e educativo.
Contounos varias lendas galegas, con mouros, mouras, nubeiros e uns cantos seres máxicos da nosa terra. Falounos dos petróglifos, da nosa lingua e outros tesouros que son de todos/as os/as galegos/as e, sobre todo, de IGUALDADE.
Coma sempre, magnífica, Raquel, grazas.

16/02/2020

VENRES DE HISTORIAS E MÁIS

Este venres, 14 de febreiro, tocou o visionado dunha curtametraxe en Primaria e nada mellor que declarar o noso amor polos libros, coma sucede  en "Os fantásticos libro voladores do Señor Morris Lessmore" de William Joyce.


En Infantil leron e desfrutaron con "Negros e brancos" de David Mckee.



Así mesmo desfrutaron da lectura, os máis pequenos do cole, do libro "O xigante segredo do avó" da man de Amaya e José Alonso, coma xa nos fixeron desfrutar en Primaria a semana anterior.

13/02/2020

CONTACONTOS

O MÉRCORES 12 DE FEBREIRO AS RAPAZAS E RAPACES DE 6º DE INFANTIL DESFRUTARON CON CELTIA FIGUEIRAS DO CONTO U-LA LÚA?.




05/02/2020

VENRES DE HISTORIAS

Voltan os Venres de Historias á biblioteca de Primaria. 
Agardamos que os disfrutedes e moitas grazas a todas as nenas e nenos, que xunto os seus titores, os fan posibles.

15/12/2019

STICKMAN

Esta semana, as nenas e nenos de 2º desfrutaron da lectura en inglés do conto STICK MAN de Julia Donaldson e Axel Scheffler, da man do profe Xan.



29/05/2019

OBRADOIROS DE LIBROS

Séguense a desenvolver os obradoiros de libros na biblioteca. Nenas e nenos, coa axuda de profes, elaboran orixinais manualidades relacionadas cos seus libros favoritos.





26/05/2019

ESPALLANDO HISTORIAS

As rapazas e rapaces de 6ºA seguen a espallar historias polo noso cole. De novo, foron visitar ós máis pequenos para contarlles un conto.



12/05/2019

COMPARTINDO CONTOS

Un grupo de alumnos e alumnas de 6ºA visitaron o ás rapazas e rapaces no cole de Infantil, o martes 7 e o xoves 8 de maio, para compartir con eles un ratiño e agasallalos cun conto.


08/05/2019

DÍA DO LIBRO

Para conmemorar o día do Libro as rapazas e rapaces de 2º B fixeron uns preciosos marcapáxinas e envíannos esta mensaxe para animar a todo o mundo a ler.


01/05/2019

Raquel Queizás

O pasado martes, tivemos a sorte de escoitar a Raquel Queizás na nosa biblio. Contounos historias de  cando Antón Fraguas (Letras Galegas 2019) era neno. O alumnado de primeiro pasárono xenial.

05/04/2019

CONTOS EN INFANTIL

Un grupo de rapaces de 6ºA visitaron a biblioteca do edificio de Infantil para lerlles o conto "LA OVEJA QUE VINO A CENAR" de Steve Smallman e Joelle Dreidemy.



18/03/2019

OBRADOIROS DE LIBROS

Séguense a desenvolver os obradoiros de libros na biblioteca. Nenas e nenos, coa axuda de profes, elaboran orixinais manualidades relacionadas cos seus libros favoritos.





17/03/2019

LAS TIJERAS DE MATISSE

Os alumnos máis maiores seguen a regalar contos polas aulas. Esta semana contaron o conto baseado na vida do pintor Matisse, "Las tijeras de Matisse" de Jeanette Winter.







12/03/2019

PARA LER XUNTOS. DÍA DOS PAIS

Á entrada da biblioteca podedes atopar uns libros para ler cos papás, pais, papis, papitos...



27/02/2019

PRESTAMO EN INFANTIL

Os máis peques xa dispoñen de préstamo na biblioteca sita no edificio de Infantil.
A disfrutalo!




22/02/2019

O COELLIÑO BRANCO

Este xoves, 21 de febreiro, unha rapaza e un rapaz de 6ºA foron durante a hora de lectura a agasallar a dúas aulas, 2ºD e 3ºB, coa lectura dramatizada do conto "O coelliño branco" de Antonio Ballesteros Rey.



10/02/2019

RECOMENDACIÓNS DE LIBROS NOS CORREDORES

Co fin de estimular e animar a que os nosos alumnos lean outros libros diferentes aos máis comerciais, decidimos facer unha escolla de libros por niveis e expoñelos nos corredores. No noso centro cada nivel ocupa un corredor dunha planta.
Os corredores de 3º, 4º, 5º e 6º teñen esta nova exposición de libros. Cada libro leva un agasallo a modo de marcapáxinas personalizado.