09/05/2023

STORYTELLING &WORKSHOP

Con motivo da celebración, o pasado 25 de abril, do "Día da Lingua Inglesa", dende a Biblioteca de Infantil organizaron un contacontos e un obradoiro para aprender as partes da cara en Inglés.


 Pica na imaxe para ver os videos.

03/05/2023

AXENDA CULTURAL DE MAIO NO CONCELLO DE BETANZOS

 

Este mes preséntase cargado de actividades culturais, entre elas a celebración das Letras Galegas, adicadas este ano á figura de FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO


Se queredes consultar toda a programación, visitade a  páxina do Concello ou a Aula Virtual da Biblioteca no seguinte enlace: 

02/05/2023

"EU SON PORTADA" E "PINTA A LECTURA"

 Para rematar coas actividades propostas para a celebración do Día no Libro, deixámosvos a recompilación de fotos de todas e todos os que participastes nas actividades "EU SON PORTADA" e "PINTA A LECTURA".




MOITAS GRAZAS!!!

As mestras de 4º de E.I queren agradecer ás familias a súa colaboración e, para elas, fixeron este vídeo.