Amosando publicacións coa etiqueta VISITAS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta VISITAS. Amosar todas as publicacións

31/03/2023

PRESENTACIÓN. A PANTASMA COLORIDA

O venres, 31 de marzo, tivemos a visita na biblioteca das autoras do libro A PANTASMA COLORIDA, Gema García e Rocío Pedreira. 
Compartiron con nós unha mañá, na que visitaron ás rapazas e rapaces de Educación Infantil e de 1º de Primaria.
Da súa man coñecimos a unha pantasma moi especial. Se vós a queredes coñecer visitade a biblioteca, alí a atoparedes.
A pantasma colorida de bibliotecavales

13/12/2022

VISITA DE LEDICIA COSTAS

 O día 12 de decembro tivemos a sorte de contar coa visita da escritora galega LEDICIA COSTAS.

 Foi unha visita breve, na que pasou pola nosa RADIO onde nenas e nenos de 4º a entrevistaron baixo a dirección técnica dunha compañeira de 6º.

Nunha sala de Usos Múltiples repleta, atendeu ás preguntas que os rapaces e rapazas de 4º lle fixeron sobre a súa profesión de escritora e o seu libro ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA.

GRAZAS POR COMPARTIR UN RATIÑO CON NÓS!!






25/02/2020

RAQUEL QUEIZÁS NA BIBLIOTECA

Co gallo da celebración do Día Internacional da Lingua materna visitounos Raquel Queizás cun espectáculo cheo de imaxinación, divertido e educativo.
Contounos varias lendas galegas, con mouros, mouras, nubeiros e uns cantos seres máxicos da nosa terra. Falounos dos petróglifos, da nosa lingua e outros tesouros que son de todos/as os/as galegos/as e, sobre todo, de IGUALDADE.
Coma sempre, magnífica, Raquel, grazas.

01/05/2019

Raquel Queizás

O pasado martes, tivemos a sorte de escoitar a Raquel Queizás na nosa biblio. Contounos historias de  cando Antón Fraguas (Letras Galegas 2019) era neno. O alumnado de primeiro pasárono xenial.

22/02/2019

DÍA DA LINGUA MATERNA

Para conmemorar o día da Lingua Materna, grazas ó Concello de Betanzos, tivemos a inmensa sorte de contar coa gran contadora de historias Raquel Queizás. Quen a pesar da súa escordadura, que lle impedía moverse, foi quen de guiar polo mundo máxico da fantasía e das historias os nosos grupos de 3º de Primaria co seu relato de Travesías. Aventuras de libro.




23/04/2018

DÍA DO LIBRO CON RAQUEL QUEIZÁS

Para celebrar o día do Libro contamos coa visita de Raquel Queizás que, con Ruta Propia, achegounos a figura de Mª Victoria Moreno, autora homenaxeada este ano o día das Letras Galegas.
Un pracer, coma sempre, e un luxo a súa presenza na nosa biblioteca grazas o servicio de Normalización Lingüística do Concello de Betanzos.




26/04/2017

Visita de Raquel Queizás

Un ano máis Raquel Queizás visitou a biblioteca para deleitarnos cun dos seus espectáculos, este ano contounos o conto de Carlos Casares, A galiña azul.



Grazas ao Concello de Betanzos por facer posible esta actividade.

12/03/2017

26/01/2017

VISITA DE LEDICIA COSTAS

O pasado mércores, 25 de xaneiro, contamos, de novo,  coa visita da escritora Ledicia Costas, autora de "Escarlatina, a cociñeira defunta" libro que desfrutaron e seguen a desfrutar os nenos de 5º e 6º do colexio.
Recentemente a autora publicou a precuela "Esmeraldina, a pequena defunta" do que xa dispoñemos de 26 exemplares para que todos os alumnos poidan coñecer a  Escarlatina antes de morrer e como foi aprendendo a ser unha pantasma.
Na visita os nenos fóron descubrindo a infancia da escritora, o seu gusto pola lectura e escritura dende xa ben nova, aventuras do seu gato e a súa avoa... e tamén moitas curiosidades sobre o libro de Escarlatina.
Unha visita moi amena que deixou a todos con gañas de seguir adentrándonos no fantástico mundo do Alén.




11/06/2015

Visita de Ledicia Costas

Os nenos e nenas de 5º E fannos chegar as súas experiencias coa lectura do libro Escarlatina, a cociñeira defunta e tamén sobre a visita que fixo a autora ao noso colexio.


07/06/2015

Visita de Charo Anido

Charo forma parte da nosa comunidade educativa, é a nai dunha alumna de sexto. É, ademais, pedagoga e logopeda. Aínda que nestes momentos non está traballando nestas profesións tivo no pasado ocasión de estar con nenos e nenas de tódalas idades, axundádonlles naquelas cousas que lles costaban un pouquiño.
Ela contounos que sempre lle gustou moito ler e escribir. Dende moi pequena lía todo o que tiña por diante, e a partires dos catorce anos empezou a escribir. Escribe, sobre todo, poemas e relatos curtos.
Visitou a nosa biblioteca para presentarlle ao alumnado de sexto o conto que acaba de escribir: Hai unha carta para Wael.
Así o viron os nenos e nenas de 6º D: