Amosando publicacións coa etiqueta VALORES. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta VALORES. Amosar todas as publicacións

23/10/2017

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Para conmemorar o día das bibliotecas abrimos a exposición permanente sobre a Idade Media. 
A nosa biblioteca comeza a transformarse nunha sala medieval que nos inspirará e facilitará os recursos para acadar os obxectivos propostos no  PDI deste curso Medie"VALES".
Estades todas e todos invitados!!



Ó longo destas semanas celebraranse as sesións de formación de usuarios de todos os niveis coa posterior entrega de carnés.

09/10/2017

LEMA CURSO 2017/2018

"Aprender a pensar coa biblioteca escolar" 

BIBLIOPATIO

Nestes días tan solleiros xa se pode disfrutar no recreo dun recuncho de lectura. 
Entre Leo (mascota da biblioteca) e Mero (xardiñeiro do colexio) argallaron a idea.
Polo momento ten moi boa acollida a iniciativa.



UN NOVO CURSO

Estamos de volta, un curso máis comeza a súa andaina.
Leo estivo a traballar moi duro para ter todo listo.
Comezaron a chegar ás aulas as primeiras Caixas viaxeiras. Este curso saen 29!!. 
As Mochilas Viaxeiras, para 2º e 3º, son un total de 20! e a vindeira semana comezarán As Lecturas Compartidas.
Agardamos que o disfrutedes!!



Pd. din que apareceu un tesouro!!

19/06/2017

RECOMENDACIÓNS DE VERÁN

Na presentación que segue podedes descubrir interesantes recomendacións de libros para pasar un verán entretido.
Clicando nos libros podedes atopar información sobre eles.
Todos os libros os podedes atopar na nosa biblioteca.
Agardamos que vos sexa útil.


24/05/2017

RESOLUCIÓN VOLUNTARIADO DE LECTURA

O día 22 de maio saiu publicada a Resolución sobre a convocatoria de  Biblotecas Escolares Solidarias e a biblioteca do noso colexio foi  unha das 8  seleccionadas "en función do interese e calidade das actividades recollidas na memoria". Ditas actividades son As Lecturas Compartidas e os Colaboradores da Biblioteca levadas a cabo polos nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria.


LECTURAS COMPARTIDAS on PhotoPeach

Como agasallo, aparte de diploma e camiseta, contaremos cuns obradoiros a cargo de Xandobela o día 16 de xuño no colexio para os alumnos de 6º.
Parabéns a todos os alumnos de 5º e 6º e, por suposto, ós seus apadriñados e cómplices da actividade de Lecturas Compartidas, as alumnas e alumnos de 1º e 2º.
Todo non sería posible sen as súas titoras e titores .

17/05/2017

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Carlos Casares é o autor homenaxeado neste ano.
Toda a información sobre el e as súas obras, recursos, actividades podédela atopar no blogue do Equipo de Dinamización e Normalización lingüística  Non te cortes coa lingua.

08/05/2017

05/05/2017

SEGUEN AS LECTURAS COMPARTIDAS

Pasado xa o ecuador do curso, aprézase unha gran diferenza nas relacións feitas entre os nenos e nenas nas lecturas compartidas.
Unha actividade que medra cada día!

SEGUEN AS LECTURAS COMPARTIDAS on PhotoPeach

03/05/2017

BIBLIOPATIO

Dende hoxe, 3 de maio, e grazas a un acordo entre Leo e Mero, todos poderedes disfrutar dun recuncho de lectura no patio de primaria.
Neste recuncho atoparedes unha caixa chea de libros e revistas para disfrutar do pracer de ler ó aire libre. Os libros non están dispoñibles en préstamo e hai que devolvelos á caixa o remate do recreo. Todos levan un debuxo de Mero e Leo para que sexan doados de identificar.
Animádeos a descubrilo!!


26/04/2017

Visita de Raquel Queizás

Un ano máis Raquel Queizás visitou a biblioteca para deleitarnos cun dos seus espectáculos, este ano contounos o conto de Carlos Casares, A galiña azul.



Grazas ao Concello de Betanzos por facer posible esta actividade.

21/04/2017

DÍA DO LIBRO

Dende a Biblioteca para conmemorar o día do libro propuxemos dúas actividades: Libros de Cine e Leotolda.

  • Libros de Cine: colocamos unha pequena exposición de libros que inspiraron películas á entrada da biblioteca e os nenos poden levar conxuntamente o libro e a peli ás súas casas. Ademáis nestas datas, dende outros departamentos , hai organizadas actividades que teñen que ver con libros: iremos ver unha obra de teatro en inglés inspirada en "Peter Pan" de Susan Hill, un concerto inspirado en "Pinocho" de  Carlo Collodi e unha obra de danza basada en "Charlie e a fábrica de chocolate" de Roal Dahl.

  • Leotolda: este é o título dun album ilustrado de Olga de Dios que como ela dí "Leotolda es una aventura fantástica que alcanzará su fin con el poder de tú creatividad", así  propoñemos ós nosos alumnos que se convirtan en autores e rematen esta aventura , tanto nas aulas, como na bibio (onde dispoñemos dun recuncho adicado a ela), nas súas casas.... Clicando aquí podedes ler o libro en fomato PDF libremente.
     

03/04/2017

SORPRESAS!

Dentro das lecturas compartidas prodúcense sorpresas, coma a que lle deron os padriños lectores de 5ºA ós nenos e nenas de 1º C cos que comparten, cada quince días, o momento de lectura.
Os maiores preparánronlle dous contos que leron e dramatizaron:
"Mamá, de que color son  los besos" de Elisenda Queralt e "Cuentos en verso para niños perversos"  (Carapuchiña Vermella) de Rold Dahl.


Resultado de imagen de cuentos en verso para niños perversoResultado de imagen de mama de que color son los besos libro




Os peques quedaron abraiados coa sorpresa e os maiores fixérono xenial!!
Teremos algunha sorpresa máis??

12/03/2017

02/03/2017

8 de MARZO. DÍA DA MULLER.

Para conmemorar e reinvidicar os dereitos das mulleres, dende a biblioteca propoñémosvos investigar e traballar sobre distintas mulleres dos países que estamos a descubrir. Algunhas son as que seguen:


EXIPTO: NEFERTITI E CLEOPATRA
ITALIA: SAMANTHA CRISTOFORETTI
BRASIL: CARMEN MIRANDA E NÉLIDA PIÑON
BETANZOS: SANDRA MOSQUERA, MERCEDES CASANOVA, AMALIA LEIS BUGALLO E MARÍA LUISA COUCEIRO SEOANE
VENEZUELA: JESSICA BRIZEIDA LÓPEZ AROCHA E MILKA DUNO
CHINA: LI-NA E SOONG CHING-LING
MARROCOS: KHADIJA RYADI E NAWAL EL MOUTAWAKEL
PERÚ: CHABUCA GRANDA, MARÍA ELENA MOYANO E BLANCA VARELA
EEUU: EMILY GREENE BALCH, ELLA FITZGERALD E MARY JACKSON

Aquí podedes atopar algunha  información:

HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO

O venres 24 de febreiro alumnas e alumnos do colexio participaron nunha homenaxe a escritora, celebrada no Liceo de Betanzos, organizada polo Concello en colaboración coa asociación Eira Vella.
Clicando aqui podedes ver o programa.
Os vídeos das actuacións podedelos ver no blogue do Equipo de Dinamización Lingüística do colexio Non te cortes coa lingua.



Parabéns polo voso traballo!!!

26/02/2017

Construímos igualdade

Queremos construir igualdade porque todos somos iguais, nenas, nenos, homes, mulleres, todos somos persoas.
Libros, películas, cancións, a arte, en xeral, apréndennos a vida.
Nesta recopilación mostramos aqueles que máis nos gustan porque nos fan reflexionar sobre a igualdade de xénero e o papel de cada persoa na sociedade.

(Premede na imaxe e veredes o noso poster intercativo)


26/01/2017

VISITA DE LEDICIA COSTAS

O pasado mércores, 25 de xaneiro, contamos, de novo,  coa visita da escritora Ledicia Costas, autora de "Escarlatina, a cociñeira defunta" libro que desfrutaron e seguen a desfrutar os nenos de 5º e 6º do colexio.
Recentemente a autora publicou a precuela "Esmeraldina, a pequena defunta" do que xa dispoñemos de 26 exemplares para que todos os alumnos poidan coñecer a  Escarlatina antes de morrer e como foi aprendendo a ser unha pantasma.
Na visita os nenos fóron descubrindo a infancia da escritora, o seu gusto pola lectura e escritura dende xa ben nova, aventuras do seu gato e a súa avoa... e tamén moitas curiosidades sobre o libro de Escarlatina.
Unha visita moi amena que deixou a todos con gañas de seguir adentrándonos no fantástico mundo do Alén.