Amosando publicacións coa etiqueta DÍA PAZ. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta DÍA PAZ. Amosar todas as publicacións

30/01/2026

O DÍA DA PAZ TAMÉN SE LE

Hoxe, 30 de xaneiro, conmemoramos o Día da Non Violencia e da Paz, unha data especial para reflexionar sobre valores como o respecto, a igualdade e a convivencia. Dende a biblioteca, propoñemos unha selección de libros que axudan a educar en paz, a comprender as diferenzas e a construír un mundo máis xusto.

Aquí deixamos algúns libros para concienciar e reflexionar sobre a importancia da paz no noso día a día:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

29/01/2026

VENRES DE HISTORIAS: CELEBRANDO O DÍA DA PAZ

ESTE VENRES 30 DE XANEIRO CELEBRAREMOS O DÍA INTERNACIONAL DA PAZ ESCOITANDO O SON DAS FRAUTAS DOCES E DÚAS HISTORIAS;  NUNHA DELAS VEREMOS COMO SE RESOLVE UN CONFLITO E NA OUTRA NOS DEIXAREMOS LEVAR POLA POESÍA. MIRADE QUE CARTEL !!!

Venres de historias 30 de xaneiro de Biblioteca Vales

06/02/2017

ARTE POLA PAZ


Pasiño a pasiño os nosos nenos e nenas foron descubrindo as mulleres artistas dos distintos países e xuntos fomos facendo pequenas obras de arte.

Percibimos, pensamos e sentimos a través da arte.
Aquí podedes ver a  mostra!!

ARTE POLA PAZ on PhotoPeach ARTE POLA PAZ II on Phot 


Dende o equipo de inglés traballouse a paz dende outra perspectiva moi interesante. A continuación podedes ver o seu traballo

PEACE on ch

21/01/2015

Roque, o carteiro. Un conto para a PAZ

Nenas e nenos de infantil e primaria do noso colexio, coordinados polas profes de infantil, interpretan para todos nós este bonito conto para a PAZ.


Roque, o carteiro


11/03/2014

Cancións para todos, todos

Escoitade e mirade a canción Todos somos capitáns.
Magín Blanco, o autor, está acompañado por nenas e nenos que a interpretan en linguaxe de signos. Unha das nenas é alumna do noso colexio.
Esta canción forma parte do libro de contos con música A nena e o grilo nun barquiño.

Recordade, XUNTOS PODEMOS.


10/02/2014

Que podemos facer nós pola PAZ?

Nenas e nenos, profesoras e profesores buscamos respostas a esta pregunta, aquí podedes ver algunha:

(prometemos cumplir o escrito)



Podedes ver os abecedarios pola PAZ no blogue Non te cortes coa lingua.

27/01/2014

2000 pombas e 14 cantigas pola PAZ

Esta é a proposta do colexio para conmemorar o Día da Paz e Non-Violencia.

2000 pombas.
Con elas confeccionaremos:
  • Un abecedario de palabras pola PAZ.
  • Comprometerémonos coa Paz e a convivencia no noso entorno reflexionando e respondendo á pregunta Que podemos facer nós pola PAZ?
14 cantigas.
Música variada e diversa, como somos nós. Para escoitar, ler, pensar e dialogar sobre o que hai de malo no mundo, e, sobre todo, o bo e maravilloso que temos e o que aínda podemos conquerir.
E, porque non, para botar un baile e disfrutar.
 
Se queredes escoitar algunas, ide ao blog Non te cortes coa Lingua.

E lembrade que tamén correremos a I Carreira Solidaria Vales  Villamarín.