Amosando publicacións coa etiqueta 25N. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 25N. Amosar todas as publicacións

23/11/2025

LECTURAS QUE SEMENTAN IGUALDADE

 

Esta semana comezamos unha nova quenda de rotación de LECTURAS COMPARTIDAS na nosa biblioteca de primaria. O alumnado (maiores e pequenos) encherán a nosa biblioteca de contos, ilustracións e momentos compartidos arredor dos libros.

Aquí podedes ver as quendas asignadas a cada aula.



Coincidindo coa semana do 25N, lanzamos unha proposta de actividade titulada "Lecturas que sementan igualdade", pensada para traballar, a través da lectura, valores como a amizade, o respecto, a a axuda e o bo trato entre as persoas.

Nesta sesión, cada parella lectora escollerá un álbum ilustrado, leerao de forma conxunta e despois cubrirá unha ficha de reflexión na que identificará condutas correctas e incorrectas que apareceron na historia, momentos nos que a axuda ou o respecto son importantes, e o que poden aprender dese conto para tratar mellor ás persoas. Finalmente, debuxarán "A escena do bo trato", é dicir, un momento bonito do álbum ilustrado no que apareza reflectida a igualdade, o respecto e a amizade, e escollerán tamén unha palabra positiva que aprenderon con esta historia como peche da actividade.

💜 Cada lectura compartida sementa un pouquiño máis de igualdade 💜





04/12/2022

25 NOVEMBRO

 Para conmemorar o  DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER, no nosa escola realizáronse diversos traballos . A continuación podedes ver algúns.

25/11/2021

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES


Celebramos este día sendo moi reflexivos. Compartimos a visión sobre a igualdade que aparece nalgúns contos? Seguramente atopaches estereotipos que non se axustan á túa realidade habitual. Tes que ter en conta cando foron escritos e como eran as persoas ás que ían dirixidos. Aquí tendes algunhas opinións de nenas e nenos. Que opinas ti? 


                                   
                               

Os compañeiros de 5º E elexiron que personaxes querían ser!





Aquí tendes un conto ben coñecido ao que o algúns alumnos da Universidade de A  Coruña lle deron unha volta e representaron "Érase dúas veces a bella durminte"



Non deixedes de ver estas curtas que tamén nos axudan a valorar ás nenas e as mulleres.


                             

                              https://www.educarenigualdad.org/documento/?id=4778

Por último, queremos facervos unha doble invitación, a primeira, a visitar a biblioteca e ver a exposición que temos para celebrar o 25 de novembro e a segunda é a participar na convocatoria que nos fai a ONU.  https://observatorioviolencia.org/pinta-el-mundo-de-naranja/                                                                             

                                                         



02/12/2019

MURAL DO 25N

Este foi o mural elaborado entre todas e todos para berrar NON á violencia de Xénero.





20/11/2019

25 NOVEMBRO

Está na biblioteca colacada unha mostra de libros que reivindican os dereitos e o papel das mulleres na sociedade.





Algúns podedes velos aquí

22/11/2018

ESPAZO DE PARTICIPACIÓN E REFLEXIÓN

Con motivo da conmemoración do día contra a Violencia de Xénero e baixo o lema BO TRATO- MAL TRATO, a biblioteca creou un recuncho para mirar e reflexionar sobre distintas realidades da muller e invitou ós máis maiores a expresar a súa opinión.





19/11/2018

EXPOSICIÓN SOBRE A IGUALDADE . 25 DE NOVEMBRO

Agardan por vós, na biblioteca, libros, contos e álbumes ilustrados  cunha clara mensaxe: IGUALDADE E BO TRATO, XA!.




17/11/2018

25 de NOVEMBRO. BO TRATO- MAL TRATO

Dende os diferentes equipos do noso colexio propóñense diversas actividades para traballar pola igualdade de dereitos entre homes e mulleres baixo o lema BO TRATO-MAL TRATO.
Recoméndase a lectura e análise de dous libros:

  •  "Artur e Clementina" de Adela Turin e Nella Bosnia
  •  "Xela volveuse vampira" de Fina Casalderey e Noemi López
Pero a  biblioteca pon a disposición de toda a comunidade unha  nova e máis ampla selección de libros e recursos:

Así como recursos doutros anos: 


Todos estes libros espéranvos na biblioteca!!

19/11/2017

25 de Novembro

No seguintes porsters interactivos podedes ver algúns libros e recursos para traballar a coeducación e seguir educando para erradicar a violencia de xénero. 

28/11/2014

Nenos? Nenas? PERSOAS

No Vales sabemos que todos somos diferentes, temos distintos gustos, capacidades, costumes, ...
Estas diferencias son as que enriquecen a nosa sociedade e nos fan progresar.
Tamén sabemos que somos iguais, porque todos e todas somos persoas e todos/as temos os mesmos dereitos.
Estes últimos días estivemos lendo, pensando e reflexionando sobre homes e mulleres, nenas e nenos. Estas son algunhas das conclusións ás que chegamos: