19/12/2019

RECOMENDACIÓNS NADAL 2019

Dende a biblioteca fixemos unha escolma de libros recén chegados ó noso cole que, sen dúbida, faranvos pasar un bo rato ou facer un agasallo. 
Felices festas!!

16/12/2019

INTERCAMBIO AGASALLOS E DEBUXOS 3 DECEMBRO

A actividade das Lecturas Compartidas é o punto de inicio de moitas outras actividades.
Neste mes de Nadal orixinou o típico intercambio de agasallos entre compañeiros de lectura e tamén a realización conxunta de debuxos sobre os libros da exposición do 3 de Decembro.





15/12/2019

STICKMAN

Esta semana, as nenas e nenos de 2º desfrutaron da lectura en inglés do conto STICK MAN de Julia Donaldson e Axel Scheffler, da man do profe Xan.



02/12/2019

MURAL DO 25N

Este foi o mural elaborado entre todas e todos para berrar NON á violencia de Xénero.





VENRES DE HISTORIAS

Continúan os Venres de Historias na biblioteca dos máis pequenos coa proxección da curta "Ian" de Mundoloco e a Fundación Ian.





27/11/2019

3 de Decembro

Para conmemorar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade poñemos á disposición de todos os seguintes recursos .





Tamén podedes consultar os propostos outros anos:

Exposición de libros á entrada da biblioteca:





24/11/2019

VENRES DE HISTORIAS

Continúan os Venres de Historias. 
Desta vez, tocou "Xaime e as landras" de Tim Bowley e Inés Vilpi , publicado pola editorial Kalandraka.




21/11/2019

LECTURAS COMPARTIDAS

Comezaron outro ano máis unha das actividades favoritas dos rapaces, as Lecturas Compartidas.


20/11/2019

25 NOVEMBRO

Está na biblioteca colacada unha mostra de libros que reivindican os dereitos e o papel das mulleres na sociedade.





Algúns podedes velos aquí

07/11/2019

RECUNCHO FEDELLEIRO

Esta semana comezou a funcionar nos recreos o "Recuncho Fedelleiro", creado a partires do orzamento chegado de "Bibliotecas Inclusivas" .

Está aberto, polo de agora, a alumnas e alumnos de 5º e 6º nos recreos pero a todos os cursos no resto de horario. 
As nenas de 5º e 6º están, maioritariamente,  a traballar en programación co mBblock e os robots Mboot. Son os maiores os que axudan e titorizan ós de 5º que só recibiron unhas sesións de formación, mentres que os de 6º xa o coñecen do curso pasado.

Alí atoparedes Legos para crear, xogos de lingua, de lóxica e matemáticas, varios microscopios, os Mboots, libros de natureza, ciencias e tecnoloxía. Para o préstamo dos libros hai que dirixirse a biblioteca e pasar polo ordenador.

A aula está en creación polo que iremos dotándoa de material e máis recursos segundo sexa a demanda tanto dos nenos coma dos mestres.






04/11/2019

O SAMAÍN NA BIBLIOTECA

 Xa podedes disfrutar, na biblioteca, da exposición de libros para celebrar o Samaín que tanto vos gustan.

 Animádevos a disfrutar da lectura na "Casiña do medo".






26/10/2019

DIA DAS BIBLIOTECAS

Conmemoramos o día das Biblioteca no noso cole de dúas maneiras:
As rapazas e rapaces de Infantil fixeron pan coa axuda dunha avoa.

En Primaria inauguramos a exposición e mural sobre o PDI deste curso "Eu son Galicia".


21/10/2019

COMEZO CON MOITA ENERXÍA

Neste comezo de curso e, a pesares de non dispoñer todavía de préstamo, a nosa biblioteca é un universo cheo de vida e de actividade.
COLABORADORES
Xa nos están a axudar os novos colaboradores de 6º. Fan un traballo imprescindible!

De martes a xoves desenvólvense os obradoiros organizados polo equipo de Voz Natura relacionados coas festividades típicas destas datas.


FORMACIÓN DE USUARIOS
Dende o 14 ata o 25 de outubro desenvólvense as sesións de formación de usuarios de todo o alumnado de Primaria.
GRUPOS DE LECTURA
alumnas e alumnos de 5º están a ler xuntos a historia de "Wonder. La lección de August" de R.J. Palacio
VENRES DE HISTORIAS EN INFANTIL
Na biblioteca sita no aulario de infantil, comezaron os contos de VENRES DE HISTORIAS, da man de "Xaime e as landras" de Tim Bowley e Inés Vilpi

Pero sen dúbida o que nos fai sentir máis orgullosos son os recreos cheos de rapazas e rapaces que len, investigan, traballan xuntos, escoitan música, debuxan...



07/10/2019

COMEZAMOS. CURSO 2019/20

Este novo curso abrimos o blogue co novo cartel das Bibliotecas escolares. Un cartel no que se nos amosan todas as posibilidades que ofrecen as bibliotecas. 
Agardamos ser quen de ofrecérvolas.

19/06/2019

LECTURAS COMPARTIDAS

Chegan ó final as Lecturas Compartidas e con elas ponse punto e seguido a compañías e amizades de dous cursos.




18/06/2019

Recomendacións Verán 2019

Unha selección de libros que podedes descubrir no verán. Agardamos que sexan do voso interés.  
Bo verán!!

17/06/2019

VENRES DE HISTORIAS

Rematan os Venres de Historias, da man das rapazas e rapaces de 4ºA que representaron o conto "El vampiro debilucho" de Rocío Antón, Lola Núñez y Claudia Ranucci.
Grazas a todos por participar!!



VISITA DE INFANTIL

O venres, 14 de xuño, celebrouse a xornada de convivencia de Infantil coas escolas unitarias adscritas e as rapazas e rapaces de 1º.
Ó longo da mañá desenvolvéronse moitas actividades nas que coñeceron e visitaron distintas dependencias do seu cole de Primaria. Un dos lugares que visitaron foi a biblioteca. Alí coñeceron a Leo e desfrutaron da lectura do conto "O piano e o oso" de David Litchfield, acompañado da interpretación ó piano dunha rapaza de 6º e remataron cantando o conto da man da profe de música, Ana.







12/06/2019

VENRES DE HISTORIAS

Este venres, 7 de xuño, tivemos na biblioteca ás rapazas e rapaces de 2ºB que nos dramatizaron o conto "Todos menos uno" de Éric Battut. 



Ademáis tras o conto o grupo de pandereteiras, que ensaiou nos recreos durante este curso, amosounos canto aprenderon coa súa mestra Paula. 
Un pracer de venres!!


30/05/2019

LETRAS GALEGAS

Con motivo da celebración do día das Letras Galegas desenvolvéronse diversas actividades nas que participou o noso colexio.
O Concello convocou un concurso de carteis e tres alumnos do colexio obtiveron os tres primeiros premios.
Visitáronnos a Escola Municipal de Folclore e o grupo de danzas gremiais de Betanzos, mariñeiros e labregos. 
Contamos, tamén, co grupo Xandobela que acercou a figura de Antón Fraguas ás nenas e nenos de 2º de Primaria e de Infantil.



29/05/2019

OBRADOIROS DE LIBROS

Séguense a desenvolver os obradoiros de libros na biblioteca. Nenas e nenos, coa axuda de profes, elaboran orixinais manualidades relacionadas cos seus libros favoritos.





26/05/2019

ESPALLANDO HISTORIAS

As rapazas e rapaces de 6ºA seguen a espallar historias polo noso cole. De novo, foron visitar ós máis pequenos para contarlles un conto.