27/01/2022

VENRES DE HISTORIAS. O LOBO CON BOTAS

Neste VENRES DE HISTORIAS, de novo, as rapazas e rapaces de 4º D comparten con todos nós unha interpretación do libro O LOBO CON BOTAS, escrito por EL HEMATROCRÍTICO e ilustrado por ALBERTO VÁZQUEZ.
Grazas polo voso traballo e participación!!!.
Estamos desexando vervos moi pronto en vivo e en directo COMA SEMPRE foron os VENRES DE HISTORIAS.





 

26/01/2022

DÍA MUNDIAL DA EDUCACIÓN AMBIENTAL

Celebramos este día porque aló polo ano 1975  organizouse en Belgrado un Seminario no que participaron máis de 70 países . Nesta reunión propuxéronse como meta a de formar á población mundial para que se preocupase polo medio ambiente.   

No noso cole contamos coa inestimable axuda de Mero, que nos ensina a coidar a horta, a reciclar, a facer compostaxe, a coidar do invernadoiro e das plantas ornamentais do patio e de dentro das clases. Mero, é, sen dúbida, un bo experto. 



E como mostra,  aquí temos ao alumnado de 5º E , que se animou a mandar ao correo da Biblio unha foto na que limpan o patio. Atoparon demasiados residuos, non credes? Temos que estar máis atentos e intentar que as nosas pistas estean sempre limpas. Entre todos e todas, sen dúbida, conseguirémolo !!!!






24/01/2022

REFORMAMOS A BIBLIOTECA E COMENTAMOS A SÚA HISTORIA.

Na Biblioteca Vales de Leo e Mariña houbo moitos cambios e por iso as coordinadoras da Biblioteca fan un percorrido polo traballo realizado dende os seus inicios. Seguro que moitos de vós recordades como era antes a biblioteca ...




Máis agora, hai diferentes novidades no mobiliario e a súa distribución e moitas, motísimas novidades no fondo de libros.Os colaboradores e colaboradoras de 6º presentan neste vídeo os diferentes recunchos da nosa nova Biblioteca de Primaria . Ao final podedes disfrutar do rap que fixeron hai anos outros colaboradores. 
 

A BIBLIOTECA MOLA MOGOLLÓN!!!



E non vos perdades que ben quedou a Biblioteca de Infantil. 
Aquí tendes aos vosos compañeiros, presentándoa. 
Fixéronno de marabilla !!! 





 

20/01/2022

VENRES DE HISTORIAS. CADENA DE FAVORES INFINITA

 Achégase o Día escolar da Non Violencia e a PAZ e, neste VENRES DE HISTORIAS, queremos compartir con vós a curtametraxe CADENA DE FAVORES INFINITA, dirixida por Lenny Casal e coa música de One Day.

Animádevos a iniciar ou continuar unha CADEA DE FAVORES para facer entre todos un mundo mellor. ESTÁ NAS VOSAS MANS!!!




17/01/2022

BIBLOFEIRA A PROL DUN MUNDO EN PAZ

QUE TAL UNHA VIAXE POLOS LIBROS QUE FALAN DE PAZ ? NA BIBLIOTECA TEDES UNHA CHEA DE LIBROS QUE NOS CONTAN HISTORIAS DE AMOR, DE AXUDA AOS DEMAIS, DE ENTREGA ÁS CAUSAS QUE SON XUSTAS POR RIBA DA SEGURIDADE PERSOAL... 

E COMO NON, TAMÉN HAI OBRAS QUE NOS AMOSAN AS HISTORIAS TERRIBLES DA PERSOAS QUE TEÑEN QUE FUXIR DA GUERRA, QUE TEÑEN QUE ABANDONAR AOS SEUS NA BUSCA DUN MUNDO MELLOR.

PODES LEVALOS EN GALEGO, CASTELÁN OU INGLÉS E HAI LIBROS DE POESÍA, DE NARRATIVA E DE TEATRO QUE NOS FALAN DA PAZ. CAL E O VOSO PREFERIDO? VIDE A BUSCALO Á BIBLIOTECA !


Green and Cream Simple Science Class Education Presentation de bibliotecavales

13/01/2022

VENRES DE HISTORIAS. AXENTE RICIÑOS

Neste primeiro VENRES DE HISTORIAS do ano, unhas rapazas de 4º D achégannos unha representación fantástica de AXENTE RICIÑOS, libro escrito por HEMATOCRÍTICO e ilustrado por Alberto Vázquez







 
Son Aloia, Zoe, Claudia, Sofía, Alba, Jara, Clara, Adriana e Obdulia 

Grazas polo voso traballo!!!

10/01/2022

UN NADAL DE ESTRELAS

ESTE NADAL A RAPAZADA DEMOSTROU TER ESTRELA. ADORNARON A ÁRBORE DE NADAL DO COLEXIO COS SEUS "LIBROS ESTRELAS" E TAMÉN EN INFANTIL FIXERON UNS LIBRIÑOS CHEOS DE RECOMENDACIÓNS.
DECEMBRO 2021 de bibliotecavales 


 EN 5ºE CANTARON CON ILUSIÓN PARA DESEXARNOS FELIZ NADAL!