luns, 19 de outubro de 2020

BIBLIOFEIRA DO 16 DE OUTUBRO

 Inauguramos as BIBLIOFEIRAS que serán o 1 e o 16 de cada mes, como non podía ser doutra forma, aquí, en Betanzos.

Na primeira BIBLIOFEIRA sumámonos á celebración do Día das Escritoras que se conmemora o 19 de outubro.

Fixemos unha escolma de libros, que podedes atopar na nosa biblioteca, escritos por autoras galegas. 

Agardan por vós!!


ESCRITORAS GALEGAS de bibliotecavales

sábado, 17 de outubro de 2020

Autoras galegas na nosa biblioteca


En Galicia  temos moitísimas escritoras. Elas fan que disfrutemos da lectura  e que esperte en nós un  sentimento de pertenza á nosa  terra. Se queres coñecelas preme na imaxe 


xoves, 15 de outubro de 2020