Amosando publicacións coa etiqueta CREATIVIDADE. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CREATIVIDADE. Amosar todas as publicacións

11/05/2016

Kamishibai do Quijote

Unha das actividades coas que se conmemorou o Día do Libro foi a representación do Quijote a través do kamishibai por parte do alumnado de 6ºC e 6ºD aos nenos e nenas de 5 anos de Educación Infantil.
Cada clase de 6º, coa axuda dos seus titores, elaborou as láminas e o texto para a súa representación.
Acudiron ao edificio de infantil todos ilusionados coa idea de mostrar o seu traballo aos máis pequenos, que os recibiron expectantes.
Tamén quixeron mostrarllo aos nenos e nenas de 1º cos que levan todo o curso compartindo lecturas.


09/05/2016

Nenas e nenos de 4º presentan a Alicia ao alumnado de infantil

O alumnado de 4º de Educación Primaria acudiu ao edificio de Educación infantil para ler e representar para os máis pequenos a historia de Alicia no País das Maravillas.
Durante a representación, axudándose das ilustracións feitas por eles, ensináronlles as aventuras disparatadas que lle ocorreron a Alicia, que era unha nena á que lle gustaba moito soñar.
Finalmente animáronos a seguir soñando, xa que ...

para que algo suceda primeiro hai que soñalo

Aquí vos presentamos a reportaxe desta actividade, enmarcada dentro da celebración do Día do Libro:

14/03/2016

DINOSAURIOS

Esta semana levaranse a cabo no colexio unhas actividades sobre os dinosaurios nas que participarán os alumnos e alumnas de 1º, 2º e 4º.
Á entrada da biblioteca poderedes atopar unha pequena recompilación de todo o que temos sobre eses animais tan interesantes. 
Agardamos que a disfrutedes!!



28/02/2016

Has de cantar

Nenas e nenos de 1º móstrannos as ilustracións que fixeron para a canción Has de cantar, extraída do libro Rosalía pequeniña, de Uxía, publicado por Galaxia.


18/02/2016

Rosalía de Castro cantada

Na súa obra Rosalía trata temas universais que trascenden o tempo.
O amor, o desamor, a ledicia, a festa, a beleza, a terra, a emigración, a soidade, …están presentes na súa obra.
Músicos de diferentes estilos interpretaron e seguen interpretando os seus poemas.
Aquí podedes atopar unha escolma:
adios rios-adios fontes a xustiza pola man a viuva airiños
para a Habana bos amores amores cativos meniña gaiteira
pobre Galicia repoludo gaiteiro canto de emigracion Alborada jazz
adios rios-adios fontes 2 airiños-airiños-aires cancion de emigracion-2

28/10/2015

Lecturas dramatizadas

Unha nova actividade comeza a súa andaina: a cadea de lecturas dramatizadas.
Un día destes os nenos e nenas de 2º A chegarán á clase duns compañeiros (non sabemos a quen elixirán…) para lerlles un conto que lles gusta moito e que prepararon con moito agarimo, deixaranlles o “cofre do tesouro” para que eles elixan outro conto e con quen compartilo, e así continuará a cadea.
Seguramente, ademais do conto, compartirán algún agasallo…
Estade atentos, a ver se conseguimos unha cadea que recorra o cole enteiro!!

2015-10-28 10.44.51 2015-10-28 10.44.10
2015-10-28 10.44.27

19/10/2015

Unha exposición de medo

Neste tempo próximo ao Samaín, podedes atopar unha exposición de libros que tratan o medo, para tremer con el, para espantalo e tamén para rir con el.

Atrevédevos a vir, abride a porta e probade a sentilo...


30/06/2015

Como contar ben un conto

Nas Xornadas de convivencia do Voluntariado de lectura os representantes dos colaboradores tiveron a oportunidade de aprender con Paula Carballeira a contar contos, estes son os apuntes que tomamos no taller de narración oral: