Informamos o profesorado de que xa se poden solicitar as nosas coleccións de lectura, formadas por varios exemplares dun mesmo título para traballar e gozar da lectura con todo o grupo. Aquí podedes consultar os títulos dispoñibles e o número de exemplares cos que conta a biblioteca.
Para reservar unha colección, só tedes que cubrir o formulario que atoparedes a continuación.
As solicitudes atenderanse por orde de recepción no formulario. Cando a colección solicitada estea dispoñible para a súa recollida, unha persoa do Equipo de Biblioteca poñerase en contacto co docente que realizou a reserva.
Agardamos que estas coleccións enchan as aulas de lecturas compartidas, conversas e bos momentos.
Bo comezo de curso e felices lecturas!